Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

A Prehistoria do TDAH
Ás veces dise que o TDAH é unha condición do mundo actual, ou mesmo unha invención comtemporánea. Que hai anos non existían os nenos e nenas con TDAH.

Non obstante, aínda que o trastorno non era coñecido como o é hoxe en día, na literatura existen descricións que coinciden esencialmente co que hoxe coñecemos como TDAH.

En 1798, o doutor Alexender Crichton publicou un artigo que titulou "Mental Restlessness" (inquietude mental) no que describía as características básicas do que hoxe coñecemos como TDAH-subtipo inatento:

É un problema nervioso que pode nacer coa persoa ou ser efecto dunha enfermidade accidental... cando nace coa persoa faise evidente nun período temperán da vida, e ten un efecto moi malo, tanto como que fai que a persoa sexa incapaz de atender con constancia a calquera obxecto de atención. E isto prodúcese en tal grao que impede totalmente a instrucción, e o que é unha gran sorte, [o problema] xeralmente disminúe coa idade.

Calquera estímulo parece axitar a persoa, e dálle un grao innatural de inquietude mental. Andando de un lado para outro na habitación, un lixeiro ruído, un exceso de luz ou a falta da mesma, destrúe a atención constante nestes pacientes, de maneira son doadamente excitados


Uns anos máis tarde, en 1809, John Haslam, no seu libro "Observations on Maqdness and Melancholy" (Observacións sobre a loucura e a melancolía), describía un caso dun neno:

"Travieso e eincontrolable... unha criatura da vontade e un terror para a súa familia... tiña unha baixa capacidade de atención, centrándose so 'a rachas'. Estivera xa en varias escolas e fora un caso perdido para varios mestres famosos pola súa paciencia e disciplina ríxida"
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-12-2007 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Atomoxetina, TDAH e Síndrome de Tourette
O Síndrome de Tourette é un trastorno frecuentemente comórbido co TDAH. Para as persoas que teñen ambos problemas existe un serio problema para seren tratados farmacoloxicamente co tratamento de primeira liña (O metilfenidato), e é que habitualmente os tics característicos do Síndrome de Tourette exacérbanse por efecto do metilfenidato.
Por iso a aparición dun novo fármaco non estimulante abre unha porta de esperanza para o tratamento destas persoas.

No proximo número do Journal of Attention Disorders (xaneiro de 2008) vaise publicar un estudio levado a cabo en varios centros estadounidenses para controlar a eficacia deste composto.

117 rapaces e rapazas de entre 7 e 17 anos participaron no estudio sendo asigandos aleatoriamente á administración de atomoxetina ou de placebo mediante un deseño denominado de dobre cego (nin o paciente, nin o administrador saben se está tomando placebo ou atomoxetina).

Os resultados indican que os participantes aos que se adnministrou atomoxetina melloraron na sim¡ntomatoloxía propia do TDAH, así como tamén reduciron a cantidade de tics.

A atomoxetina (de nome comercial Strattera xa está aprobada e comercializada nos EE.UU., mais aínda non en Europa.

É un inhibidor da recaptación da norepinefrina, ou sexa impide que este neurotransmisor sexa reabsorvido polas neuronas e polo tanto pode estar dispoñible en maior dose.

Existen evidencias de que as persoas con TDAH teñen un déficit nos seus niveis sinápticos de norepinefrina.

O artigo orixinal é: Spencer, T.J. et al (2008) Atomoxetine Treatment of ADHD in Children With Comorbid Tourette Syndrome. Journal of Attention Disorders,11; pp. 470-481
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Aprender dos propios erros ten base xenética
Unha característica que se asocia á boa adaptación é a capacidade de aprender dos propios erros. Vén de publicarse na revista Science un estudio no que investigadores alemáns atoparon evidencia da compoñente xenética deste tipo de aprendizaxe.

Segundo os autores deste estudio, o neurotransmisor dopamina é un elemento esencial no recoñecemento das consecuencias negativas das nosas actuacións.

Para isto empregaron un procedemento no que aos participantes se lles presentaban dous caracteres chineses, cada un deles asociado a acerto ou erro. Tras de varios intentos avaliábase a súa aprendizaxe destas regras.

Os resultados amosaron que as persoas que son portadoras do alelo A1 do xene D2 ?que está implicado no nivel de dopamina dispoñible- eran menos eficientes na aprendizaxe da evitación das consecuencias negativas.

A pregunta a estas alturas do post supoño que será: ¿Qué ten que ver isto co TDAH?

A cousa vén a conto de que as persoas con TDAH parecen ter unha menor dipoñibilidade de dopamina e varios estudios teñen atopado relación entre o xene D2 e a aparición de TDAH.

De feito téñense feito estudios con persoas con TDAH nas que se teñen avaliado aspectos semellantes aos deste estudio:

-O Wisconsin Card Sorting Test é unha proba na que os participantes deben clasificar cartas en catro lotes , segundo isto cada carta pode ser clasificada segundo a forma, cor ou número dos obxectos que aparecen na mesma. Ao participante infórmaselle de se o está facendo ben ou mal, o problema é que, sen aviso, o criterio de clasificación é cambiado, polo que ?dándose conta dos seus erros- debe descubrir o novo criterio. As persoas con TDAH soen ter peores resultados nesta proba.

-A Iowa Gambling Task é unha proba na que os participantes deben escoller entre cartas de catro pilas, en cada carta obtéñense ganancias e perdas. Dúas pilas de cartas son desvantaxosas xa que, aínda que proporcionan maiores ganancias, tamén conlevan maiores perdas, polo que ao cabo, o saldo entre ambas é negativo. Nas outras dúas pilas, as ganancias son menores por carta, mais as perdas tamén o son, polo que o saldo final é máis beneficioso. Os participantes soen aprender cales son as opcións máis vantaxosas e progresivamente escóllenas con maior frecuencia. Non obstante, as persoas con TDAH soen ter maiores problemas para darse conta desta relación e escollen as cartas das pilas ?desvantaxosas? con maior frecuencia.
Os mecanismos que se empregan na tarefa de Wisconsin non son os mesmos que os da tarefa de Iowa, xa que diferentes partes do córtex prefrontal parecen estar implicadas en cada unha. Non obstante en ambas parece ter un importante papel o nivel de dopamina.

Polo tanto, este estudio, aínda que non dirixido directamente á investigación sobre TDAH, vén engadir nova evidencia á heredabilidade das funcións asociadas ao lóbulo frontal.

O artigo orixinal é:
Tilmann, A. K. et al (2007) Genetically Determined Differences in Learning from Errors. Science, Vol. 318. no. 5856, pp. 1642 - 1645
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2007 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
O ruído non distrae aos nenos que teñen TDAH e fai que melloren o seu rendemento
Onda de ruído branco
O ruído é tipicamente concibido como algo que distrae e perturba o noso rendemento. Considerando que as persoas con TDAH teñen entre as súas características, o seren facilmente distraídos polos estímulos ao seu redor, intuitivamente deberiamos considerar que o ruído lles perxudica mesmo en maior medida.

Non obstante, de maneira contraria a esta crenza, un recente estudo levado a cabo por investigadores das universidades de Estocolmo, Lund (en Suecia) e de Nova York (EE.UU.), un grupo de nenos con TDAH melloraron o seu rendemento en tarefas de memoria cando estaban nunha situación ruidosa fronte ao silencio. Polo contrario, un grupo de nenos sen TDAH empeoraron o seu rendemento na situación de ruído.

O estudo levouse a cabo con 42 nenos (21 con TDAH e 21 controis) de idades entre os 9 e os 13 anos. Ambos grupos levaron a cabo dúas tarefas de memoria: unha de tipo verbal na que debían lembrar pequenas frases, e outra na que debían executar e lembrar pequenas tarefas descritas con pequenas frases.

De maneira controlada, as tarefas leváronse a cabo en dúas situacións sonoras: unha en silencio, e outra na que se escoitaba ruído branco.

O rendemento en ambas tarefas para os participantes como controis foi peor na condición de ruído, mais polo contrario, os do grupo TDAH melloraron o seu rendemento nas mesmas.
Segundo os autores, a explicación deste efecto débese ao fenómeno de Resonancia Estocástica, segundo o cal, para todas as persoas, un nivel de ruído moderado é máis axeitado para o rendemento óptimo en tarefas cognitivas que o silencio absoluto. Non obstante, dado que o nivel de ruído requirido está modulado por un neurotransmisor (a dopamina), as persoas con TDAH (que teñen niveis inferiores de dopamina), precisan un nivel de ruido máis alto do normal para acadar ese nivel de rendemento óptimo. Polo contrario, para os participantes como controis, ao superar o nivel de ruído o seu punto óptimo, teñen unha actuación peor.

Os autores sinalan que este comportamento dos que teñen TDAH en situacións de ruído pode ter vantaxes para o seu tratamento, aínda que sinalan que o ruído ao que se refiren debe ser de tipo continuo, como o ruído branco ou o ruído rosa. Nese sentido sinalan que o emprego de música de fondo, ou sons suaves semellantes ao ruído branco (son de cascadas de auga ou o ruído da chuvia) poden axudar a crear entornos no que os rapaces con TDAH se encontren mellor.

O artigo orixinal é: Söderlund, G., Sikström, S., Smart, A. (2007). Listen to the Noise: Noise is Beneficial for Cognitive Performance in ADHD. The Journal of Child Psychology and Psychiatry, 840-847
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2007 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0