Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

O cerebro madura con retraso no TDAH, mais segue un patrón normal de desenvolvemento
Nos rapaces con TDAH, a maduración cerebral segue un patrón normal, aínda que cun atraso duns tres anos nalgunhas rexións cerebrais, como promedio, comparado con rapaces sen TDAH, segundo unha recente investigación de neuroimaxe levada a cabo por investigadores do National Institute of Mental Health-NIMH (un organismo dependente do National Institutes of Health?s-NIH; o equivalente ao Ministerio de Sanidade nos EE.UU.).

Seguindo unha técnica de Resonancia Magnética que permitía valorar o desenvolvemento do córtex cerebral en canto ao seu grosor, os investigadores escanearon aos 446 participantes no estudio (dos que a metade tiñan TDAH) polo menos dúas veces en intervalos de tres anos. Centráronse na idade na que o córtex deixa de engrosarse e comeza a ?adelgazar?.

En ambos grupos, TDAH e control, as áreas sensoriais e motrices desenvolvéronse antes, mentres que as áreas do córtex frontal, responsables das funcións executivas, maduraron máis tarde.

Así mesmo, atoparon que nas áreas frontais e temporais, é onde maior atraso madurativo apareceu nos rapaces con TDAH fronte aos controis. Así por exemplo, no córtex prefrontal medial atopouse un retraso medio de 3 anos na idade de maduración.

Non obstante, hai que aclarar que as diferenzas maduracionais que se atoparon so se fan evidentes cando se comparan estatisticamente os datos dun grande número de casos. Polo tanto, polo momento non é posible empregar a técnica de resonancia magnética para o diagnóstico individual do TDAH.

Podes ver unha animación da secuencia de maduración aquí.

O artigo orixinal é:
P. Shaw, K. Eckstrand, W. Sharp, J. Blumenthal, J. P. Lerch, D. Greenstein, L. Clasen, A. Evans, J. Giedd, and J. L. Rapoport (2007): Attention-deficit/hyperactivity disorder is characterized by a delay in cortical maturation, Proceedings of the National Academy of Sciences
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2007 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Hola. me encanta tu pagina y aunque me ha costado muchisimo entender parte de su contenido (Soy Hiperactivo y me como la mitad de las lineas y ademas catalan por lo que se me #blgtk08#hace un poco complicado :) )

Me gustaria saber si me puedes recomendar algun sitio o centro en barcelona al que acudir para pedir apoyo.

Gracias
Comentario por Juan (25-11-2007 16:13)
2 Hola Juan. No conozco en Barcelona, pero en Sabadell tienes una muy buena opción#blgtk08#: El centro PSYNCRON.
Su web es : www.psyncron.com
Saludos
Comentario por Alberto (26-11-2007 13:52)
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0