Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

Pola creación da especialidade de Psiquiatría Infanto-Xuvenil
Aínda qe pareza mentira, España xunto a Rumanía, Letonia e Malta, son os únicos países de la UE que non teñen recoñecida a Especialidade de Psiquiatría Infantil e Xuvenil.

Isto sábeno ben moitas familias con fillos con TDAH, mais tamén moitas outras con fillos con Síndrome de Asperger, Autismo, TOC, TND, Síndrome de Williams, Angelman, Down,...

Un grupo de familias e Asociacións teñen artellado unha Plataforma para reclamar do Ministerio de Sanidade a creación da especialidade.

Podes visitar o seu sitio web aquí
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2008 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Son Belén, da Plataforma para a creación da especialidade de psiquiatría infanto xuvenil.
Decirvos que somos tres persoas en Galicia as que pertencemos a esta Plataforma que iniciamos 12 nais de diferentes puntos de España, e engadir que as 12 somos nais de nenos e adolescentes con TDAH, polo que coñecemos de primeira man as dificultades coas que nos atopamos por non existir protocolos de actuación á hora da detección, seguimento e dianose dos trastornos.
Agradecervos a difusión desta movilización e o enlace coa nosa páxina web, e recordar a todos que seguimos traballando para a creación#blgtk08# a nivel nacional da especialidade médica en psiquiatría infanto xuvenil, contando co apoio a día de hoxe das tres asociacións científicas máis relevantes, AEN, AEPNYA e SEPYPNA, ademáis de máis de 200 asociacións de afectados, federacións (incluída a de TDAH), entidades públicas e privadas, etc...
Polo tanto, todo aquel que queira colaborar será recibido cos brazos abertos, xa que non implica cuantía económica algunha, só é necesario un pouco de tempo para aportar o que cada un poida. Ás veces as ideas de cada un son máis valiosas que calquera outra cousa.
Unha vez máis gracias a todos.
Comentario por Belen (11-05-2008 00:47)
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter