Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

Russell Barkley. Aspectos esenciais sobre o TDAH (I)
Quizais o investigador máis influínte na actualidade sobre o TDAH sexa Russell Barkley.

Este profesor da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) é autor do artigo “Inhibition, sustained attention, and executive functions: Constructing a unifying theory of ADHD” (Inhibición, atención sostida e funcións executivas: Construíndo unha teoría unificada sobre o TDAH). Publicado en 1997, sentou as bases do modelo teórico sobre o TDAH vixente na actualidade.

Así mesmo o seu manual Attention Deficit Hyperactivity Disorder: A Handbook for Diagnosis and Treatment é o texto indispensable para calquera profesional que queira adquirir unha formación sobre o TDAH.

Nos vindeiros posts imos ir vendo algunhas ideas de Barkley sobre os aspectos máis relevantes do TDAH. Para isto tomaremos como fonte unha conferencia súa do ano 2000 en San Francisco (se queres ver a versión completa, podes descargala aquí)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2007 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter