Lecturas de TDAH
Nova Guía da Academia Americana de Pediatría sobre TDAH
A continuación figura un resumo das seis recomendacións contidas na Guía:
Recomendación 1: O persoal clínico de atención primaria debe iniciar a avaliación sobre TDAH de calquera neno/a entre 4 e 18 anos que presente problemas académicos ou de conduta e síntomas de inatención, hiperactividade ou impulsividade.
Recomendación 2: Para un diagnóstico de TDAH determinarase que se compren os criterios do Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais (4ª Edición)  (DSM-IV). Establécese así mesmo que será necesario incluír documentación que acredite o impacto negativo que o trastorno está a producir en máis dun ámbito (P.ex.: na familia, na escola, nas relacións sociais). Para isto recollerase información dos pais, coidadores, profesorado e outro persoal educativo ou sanitario ao coidado da atención do/a neno/a. Así mesmo, deberase descartar a existencia dunha causa alternativa que orixine o problema.
Recomendación 3: Na avaliación dun neno ou nena sobre TDAH incluirase a valoración doutras condicións que poden coexistir co TDAH, como trastornos emocionais ou condutuais (P.ex. ansiedade, depresión, trastorno negativista desafiante ou trastorno de conduta disocial), trastornos do desenvolvemento (p.ex. trastornos da linguaxe ou a aprendizaxe ou outros trastornos do neurodesenvolvento) ou problemas físicos (p.ex. tics, apnea do sono).
Recomendación 4: Débese recoñecer o TDAH como unha condición de carácter crónico e, por tanto, considerar aos nenos e nenas e adolescentes que o presentan como portadores de necesidades de coidado sanitario especial.
Recomendación 5: As recomendacións sobre o tratamento do TDAH varían dependendo da idade.
a. Nenos e nenas de 4-5 anos: Prescribirase como tratamento de primeira liña algunha intervención baseada en evidencia [1] como o entrenamento de pais ou a terapia de conduta administrada polo profesorado. Poderase prescribir tratamento con metilfenidato se as intervencións condutuais non produciron mellora e existe unha perturbación continua de moderada a severa no funcionamento do neno/a. Se as intervencións condutuais non fosen posibles deberán valorarse os riscos de comezar a medicación de maneira temperá e o de pospoñer o tratamento.
b. Nenos e nenas de educación primaria (6-11 anos) : Prescribirase tratamento farmacolóxico coas medicacións aprobadas pola FDA [2] e/ou intervencións familiares ou escolares baseadas en evidencia. Preferiblemente adoptaranse ambos tipos de tratamento de maneira conxunta. O emprazamento escolar, o programa escolar e a adecuación do contorno escolar deben formar parte de calquera plan de tratamento.
c. Adolescentes (12-18 anos) : Prescribirase tratamento farmacolóxico coas medicacións aprobadas pola FDA co consentimento do/a adolescente e poderse prescribir tamén tratamento condutual, sendo preferible a existencia de ambos.
Recomendación 6: O persoa de atención primaria axustará a dose da medicación para o TDAH para acadar os máximos beneficios cos mínimos efectos adversos.
Notas:
[1] A expresión ‘baseado en evidencia’ fai referencia a aqueles tratamentos dos que existen probas sólidas, en estudos controlados, sobre a súa eficacia para a mellora da sintomatoloxía e afectación  funcional producida polo trastorno. No TDAH considérase que existe evidencia de eficacia en varios programas de entrenamento de pais para o manexo da conduta infantil. Así como de diversas intervencións condutuais no ámbito escolar (p.ex. o emprego de Informes Diarios de Condutas, o manexo de continxencias,…).
[2] A FDA (Food and Drug Administration) é a axencia estadounidense para o control e aprobación de alimentación e medicamentos. Ten aprobada unha lista de medicacións para o emprego no TDAH. Os seus equivalentes en España serían a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS) ou a  European Medicines Agency  (EMA).
A guía comentada é:
American Academy of Pediatrics. Subcommittee on Attention-Deficit/Hyperactivity Disorder, Steering Committee on Quality Improvement and Management (2011). Clinical Practice Guideline: ADHD: Clinical Practice Guideline for the Diagnosis, Evaluation, and Treatment of Attention-Deficit/Hyperactivity Disorder in Children and Adolescents. Pediatrics, 128,  1007-1022.
Tabaco e TDAH (2º parte: efectos da exposición infantil ao fume do tabaco )
Como é ben sabido, expoñer aos nenos e nenas ao fume do tabaco é nocivo para a saúde. Entre as consecuencias que se teñen documentado figuran afeccións respiratorias, a síndrome de morte súbita do lactante (SMSL) ou a exacerbación do asma bronquial. Recentemente os investigadores teñen comezado a indagar sobre os posibles efectos nocivos do fume do tabaco sobre o desenvolvemento neurocondutual destes nenos e, en concreto, na posibilidade de que presenten maior risco de trastornos do desenvolvemento.
No pasado verán, investigadores da Escola de Saúde Pública da Universidade de Harvard publicaron un estudo no que investigaron a prevalencia de varios trastornos deste tipo segundo no fogar existise ou non algunha persoa fumadora e, por tanto, os nenos estivesen expostos ao fume do tabaco.
Para tal fin levaron a cabo entrevistas telefónicas sobre unha mostra de máis de 90.000 fogares. Os datos relativos á propensión ao TDAH proceden dunha mostra de máis de 55.000 nenos e nenas de ata 12 anos de idade.
Os resultados indicaron que existían en efecto maior propensión a que o TDAH se presentase naqueles fogares nos que existía exposición ao fume do tabaco. Mentres que nos fogares sen fume a taxa de prevalencia de TDAH foi dun 5,5 %, nos que existía exposición ao fume foi dun 13 %, o que representa unha odds ratio de 2,52 (podes ver o significado desta medida aquí).
Os resultados indican, así mesmo, que a prevalencia da exposición ao fume foi do 6% dos nenos e nenas investigados e que, de maneira global, estes presentan un risco incrementado nun 50% de presentar algún trastorno neurocondutual dos que se indagaban no estudo (TDAH, Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos de Conduta). Así mesmo tamén chamou a atención  que nos nenos e nenas de maior idade (9 a 11 anos) este risco era aínda maior. Así mesmo, tamén se incrementaba naqueles rapaces procedentes de fogares máis desfavorecidos no aspecto socioeconómico, así como nos nenos fronte ás nenas.
Considerando que estes resultados proceden dunha mostra ampla e estatisticamente representativa da poboación infantil dos EE.UU., o estudo recibiu considerable atención por parte dos medios de comunicación nese país, nomeadamente a afirmación de que se estimaba que máis de 274.000 casos de nenos e nenas con algún destes trastornos poderían terse evitado se non se tivesen exposto ao fume do tabaco.
Tamén se vén de publicar neste ano outro estudo no que se analizaron datos procedentes dunha mostra de nenas e nenos e adolescentes (de 8 a 15 anos) que participaran no National Health and Nutrition Examination Survey( un estudo a gran escala no que se examinan diferentes aspectos da saúde da poboación infantil estadounidense de maneira periódica) entre os anos 2001 a 2004.
Neste caso, os investigadores contaron cos resultados de entrevistas diagnósticas estruturadas sobre os posibles trastornos dos participantes e relacionaron estes datos cos niveis de cotinina detectados mediante análises.  A cotinina é un metabolito da nicotina que se almacena no organismo de quen ten inhalado fume de tabaco e permanece bastante tempo sen eliminarse, polo que constitúe o mellor método de estimar o grao de exposición ao fume que unha persoa sufriu.
Os resultados amosaron unha asociación entre o nivel de cotinina e a prevalencia de varios trastornos, entre eles, o TDAH.
Estes datos son elocuentes e, en efecto, a recomendación de non expoñer as nenas e nenos ao fume do tabaco resulta evidente. Non obstante, desde a perspectiva de establecer se o fume do tabaco é un elemento causal do TDAH, existen dúbidas que xorden da natureza dos datos expostos:
- Por unha banda parece aconsellable ter en conta o efecto da exposición prenatal ao tabaco nestes rapaces e separar o seu efecto do que o chamado “fume de segunda man” lles pode causar na súa infancia. É ben posible que unha boa parte dos nenos e nenas expostos no seu fogar ao fume do tabaco sexan fillos de nais fumadoras durante a xestación, polo que resulta difícil distinguir cál foi a contribución de cada un destes elementos no risco de desenvolver TDAH. De feito, no segundo estudio comentado, cando se tivo en conta o emprego de tabaco durante a xestación, comprobouse que era este en realidade o que parecía contribuír en maior medida ao risco de TDAH e non a exposición post-natal.
- Así mesmo, como xa comentamos no post anterior, ambos estudos carecen de control das variables familiares de predisposición ao trastorno. É dicir, asúmese que as familias con e sen fume son equiparables neste sentido e que é o emprego de tabaco no fogar o elemento diferenciador. Sen embargo, numerosos estudos teñen sinalado que as persoas con TDAH consumen tabaco en maior medida que a poboación xeral, polo que parece sensato supoñer que nos fogares con fume haberá máis pais e nais con TDAH (ou síntomas que predispoñan ao mesmo) que nos fogares sen fume. Considerando a alta herdabilidade que ten o TDAH, pode que esa diferenza no risco de TDAH entre ambos grupos se deba, polo menos nunha parte, ao diferente risco xenético do que son portadoras.
Por tanto, como mensaxes para lembrar destas investigacións sinalaríamos:
-É evidente que, por enriba de todo, existen elementos dabondo que xustifican a recomendación de evitar que os nenos e nenas respiren o fume do tabaco.
-Non obstante, os datos aportados, aínda que sinalan unha asociación entre a exposición ao fume e o risco de TDAH, non achegan evidencias sólidas que permitan establecer qué papel ten o fume de segunda man no risco de desenvolver o trastorno, se é de que o ten.
-Aínda así, tendo en conta a posibilidade de que este risco poida presentar interacción con outros factores predispoñentes ao trastorno (xenéticos, perinatais, …) a recomendación de evitar o fume do tabaco debería extremarse máis, se cabe, naqueles casos nos que exista unha sintomatoloxía que suxira risco de TDAH.
Os artigos comentados son:
Bandiera, F.C, Richardson, A.K. Lee, D.J., He, J.P. e Merikangas, K.R. (2011). Secondhand Smoke Exposure and Mental Health Among Children and Adolescents. Archives of Pediatric and Adolescent Medicine, 165, 332-338.
Kabir, Z., Connolly, G.N. e Alpert, H.R. (2011). Secondhand smoke exposure and neurobehavioral disorders among children in the United States. Pediatrics, 128, 263-270.
Tabaco e TDAH (1ª parte: efectos da nicotina durante a xestación)
Por exemplo, nun estudio recente sobre unha cohorte de máis de 900.000 nenos e nenas en Suecia (Lindblad e Hjern, 2010), a proporción de TDAH nas fumadoras foi de 2,86 casos por cada caso nas non fumadoras.
Ás persoas que sigan as entradas deste blog  é posible que lles chame este dato a atención  e pode que estean preguntándose sobre o que teño escrito sobre o feito de que o TDAH parece ter fundamentalmente causas de tipo xenético. Como conxugar entón a importancia dun factor ambiental como é a exposición á nicotina durante a xestación co substrato xenético?
Esta é unha pregunta á que os investigadores levan tempo tentando responder e na que varios factores deben ser tidos en conta:
-O primeiro dos mesmos é, por suposto, que aínda que a herdabilidade do TDAH é moi alta (máis do 70%), existen casos nos que semella evidente que o trastorno non foi herdado senón causado por factores do ambiente, que poden darse antes do nacemento, no momento deste ou despois do mesmo. O uso do tabaco podería ser, polo tanto, un deles.
-Outro aspecto a ter en conta é a correlación entre xenética e ambiente: Isto é un factor que nos pode levar a engano e, debido ao mesmo, atribuírlle a causa de algo a un factor que realmente non é o causante. No caso que nos ocupa, podería ocorrer que as nais con propensión ao TDAH (ou mesmo sendo elas mesmas persoas con TDAH) teñan maior propensión a fumar durante os seus embarazos  debido á súa propia impulsividade (isto é algo que tamén se ten comprobado en varios estudios). Neste caso, pode ocorrer que a maior proporción de nenos con TDAH entre as nais fumadoras non se deba de seu ao efecto do tabaco e que realmente o TDAH fose, ao menos nunha parte dos casos, realmente transmitido por herdanza xenética.
Un exemplo deste tipo púidose observar nun estudo desenvolvido no Reino Unido por Anita Thapar e os seus colaboradores: No mesmo estudouse a descendencia dun grupo de nais sometidas a reprodución asistida e nas que se daba relación xenética nalgúns casos, mais non noutros (é dicir, algúns dos futuros bebés non eran fillos biolóxicos das nais xestantes). Atopouse que a relación entre tabaco e síntomas de TDAH nos fillos era significativamente máis forte nas nais fumadoras  biolóxicas que nas non biolóxicas, o que indican que unha parte da orixe do TDAH era de tipo xenético.
Tamén no estudo de Lindblad e Hjern, do falamos enriba, cando se comparou a probabilidade de TDAH  nos fillos das mesmas mulleres, en diferentes xestacións nas que consumiran tabaco ou non, observouse que a proporción de TDAH nos casos de uso de tabaco era de 1,26 por cada caso de TDAH sen ter fumado no embarazo.
Estes datos indican, polo tanto, que unha parte da diferenza entre a descendencia de nais fumadoras e non fumadores se debe ao feito de fumar, e outra, ás diferenzas que entre si teñen ambos grupos de nais.
-Outra posibilidade que tamén se vén estudando é a ocorrencia de interacción entre herdanza  xenética e uso do tabaco, ou dito de outro modo, a probabilidade de que o tabaco non afecte de igual modo a todos os bebés, segundo os seus factores xenéticos de risco:
Varios estudios teñen atopado que no caso de nenos que son portadores de variantes de risco de certos xenes que regulan o funcionamento de certos neurotransmisores (catecolaminas) implicados no TDAH, cando están expostos á nicotina durante a xestación, a probabilidades de que finalmente presenten TDAH é moito maior (ata 7 veces máis), así como que -nestes casos- o cadro de TDAH sexa máis severo que se non se tivese dado tal exposición. Mentres tanto, noutros nenos con menor propensión xenética, o efecto da nicotina non sería tan adverso.
En resumo, como conclusións das relacións entre tabaco e TDAH na xestación, habería que sinalar:
-É evidente que se debe evitar fumar durante a xestación e que o TDAH é unha das posibles consecuencias adversas que a nicotina pode ocasionar.
-Non debemos atribuír como causa do TDAH nun caso determinado o feito de que a súa nai teña fumado durante a súa xestación. As causas do TDAH son e complexas e múltiples (non soe ser unha soa).
-Semella que o efecto do tabaco non é o mesmo en todos os casos: Nalgúns poden existir factores xénéticos (ou outros) que actúen conferindo relativa protección, mentres que noutros poden multiplicar o efecto nocivo da nicotina ou outras substancias.
Os artigos comentados son:
Kahn, R.S., Khoury, J., Nichols, W.C. e Lanphear, B.P. (2003). Role of dopamine transporter genotype and maternal prenatal smoking in childhood hyperactive-impulsive, inattentive, and oppositional behaviors.    Jornal of Pediatrics, 143, 104-110.
Lindblad, L. e Hjern, A. (2010). ADHD after fetal exposure to maternal smoking.   Nicotine and Tobacco Research, 12, 408–415.
Neuman, R.J., Lobos, E., Reich, W., Henderson, C.A., Sun, L.W. e Todd, R.D. (2007). Prenatal smoking exposure and dopaminergic genotypes interact to cause a severe ADHD subtype.   Biological Psychiatry, 61, 1320–1328.
Thapar, A., Rice, F., Hay, D., Boivin, J., Langley, K., van den Bree, M., Rutter, M. e Harold, G. (2009). Prenatal smoking might not cause Attention-Deficit/Hyperactivity Disorder: Evidence from a novel design. Biological Psychiatry, 66, 722–727.
Borrador dos Criterios Diagnósticos do TDAH no DSM-V
Agora, os criterios propostos están a ser probados en investigacións (ensaios de campo) para comprobar a súa adecuación, estando previsto que en xaneiro-febreiro de 2012 se publiquen os novos criterios para unha última revisión pública antes da súa presentación definitiva, que se prevé para o mes de maio de 2013.
Nesta entrada, preséntanse os criterios, tal como foron aprobados no mes de maio de 2010. De tal xeito que é con este listado co que se está a traballar na actualidade. Dado o seu carácter provisorio, aínda é posible que experimenten cambios ata a súa versión final, mais seguramente o listado que presentamos será bastante semellante á versión final.
Ás persoas familiarizadas cos criterios vixentes actuais (os do DSM-IV) quizais lles chamen a atención varios cambios evidentes:
-A lista de síntomas do criterio A2 (hiperactividade/impulsividade) pasa de 9 a 13 síntomas (engadíndose 4 novos síntomas relativos a condutas impulsivas).
-Os puntos de corte mantéñense para a idade infantil (6 síntomas) pero pasa a ser de 4 síntomas para as persoas de 17 anos en diante.
-A idade de inicio no que debe haber evidencia de síntomas pasa dos 7 aos 12 anos.
-Máis que de ‘subtipos’ fálase de ‘presentacións’ do trastorno no momento da avaliación, dando por suposto que a presentación dos síntomas pode cambiar ao longo do desenvolvemento.
-Inclúese unha presentación de tipo inatento sen evidencia de hiperactividade/impulsividade.
Criterios diagnósticos para o Trastorno por Déficit de Atención/Hiperactividade
O trastorno consiste nun patrón característico de conduta e funcionamento cognitivo que está presente en diferentes ámbitos nos que ocasionan dificultades no desempeño social, educativo ou laboral. Estas manifestacións do trastorno e as dificultades que causa están suxeitas a cambios graduais sendo tipicamente máis marcadas durante os momentos nos que a persoa está estudando ou traballando e menos durante os momentos de lecer.
Por enriba destes cambios no curto prazo hai tendencias que poden sinalar deterioro ou mellora con moitos síntomas facéndose menos comúns na adolescencia. Aínda que as rabechas de irritación son comúns, os cambios abruptos de humor que duren varios días ou máis non son característicos do TDAH e habitualmente constitúen unha manifestación dalgún trastorno distinto.
En nenos/as e adolescentes novos, a diagnose debe basearse na información obtida dos pais e dos mestres. Cando non se poidan obter informes directos do profesorado, débese valorar a información dada aos pais polos profesores na que se describa o comportamento e o desempeño escolar do neno ou nena. O exame do/a paciente na consulta pode ser ou non informativo. Para adolescentes de maior idade ou persoas adultas débese obter sempre que sexa posible observacións confirmatorias de terceiras persoas.
Criterio A.
1. Inatención: Seis (ou máis) dos seguintes síntomas persistiron polo menos nos últimos 6 meses nun grao que é inconsistente co nivel de desenvolvemento e que impactan directamente nas actividades sociais e académicas/ocupacionais. Nota: para os adolescentes de maior idade e adultos (de 17 o máis anos), só se requiren 4 síntomas. Os síntomas non son debidos a conduta oposicionista, desafío, hostilidade ou dificultade para entender as tarefas ou instrucións.
(a) Frecuentemente non é quen de prestar atención aos detalles ou comete erros por falta de coidado nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades (por exemplo,  pasa por alto os detalles, o traballo ten erros).
(b) Frecuentemente ten dificultade para manter a atención en tarefas ou actividades de xogo (por exemplo, ten dificultade para manterse centrado durante conferencias, conversas, ou lendo textos longos).
(c) Frecuentemente semella non escoitar cando se lle fala directamente (parece que a súa mente estea noutra parte, mesmo aínda que non haxa algo obvio que o/a distraia).
(d) Frecuentemente non segue as instrucións ata a fin (comeza as tarefas pero rapidamente se desconcentra e distráese facilmente, non logra rematar o traballo escolar, as tarefas domésticas, ou as tarefas laborais).
(e) Frecuentemente ten dificultade na organización das tarefas e actividades. (Ten dificultades para manexar tarefas con varios pasos e para manter os seus materiais e pertenzas en orde. O traballo é desordenado e desorganizado. Ten dificultades para manexar o tempo e tende a non dar cumprido os prazos).
(f) De maneira característica evita, semella disgustarlle e é reacio/a  a dedicarse a tarefas que requiran esforzo mental sostido (como o traballo escolar, as tarefas domésticas ou, para adolescentes e adultos, preparar informes, completar formularios ou revisar textos longos).
(g) Frecuentemente perde obxectos necesarios para as tarefas ou actividades (por exemplo:  notas da escola, lapis, libros, ferramentas, carteiras, chaves, papeis do traballo, gafas ou teléfonos móbiles).
(h) Frecuentemente  distráese con facilidade  por estímulos externos. (para adolescentes e adultos isto pode incluír pensamentos en cousas que non teñen relación coa situación).
(i) Frecuentemente é despistado/a  nas tarefas cotiás, encargos ou trámites (para adolescentes e adultos, devolver chamadas, pagar facturas e acudir a citas).
2. Hiperactividade e Impulsividade: Seis (ou máis) dos seguintes síntomas persistiron polo menos nos últimos 6 meses nun grao que é inconsistente co nivel de desenvolvemento e que impactan directamente nas actividades sociais e académicas/ocupacionais. Nota: para os adolescentes de maior idade e adultos (de 17 o máis anos), só se requiren 4 síntomas. Os síntomas non son debidos a conduta oposicionista, desafío, hostilidade ou dificultade para entender as tarefas ou instrucións.
(a) Frecuentemente amosa inquietude tamborilea coas mans ou os pes ou reméxese no seu asento.
(b) Frecuentemente está intranquilo/a durante actividades nas que os demais están sentados (podendo abandonar o seu asento na aula, na oficina ou lugar de traballo, ou noutras situacións que requiren permanecer sentado).
(c) Frecuentemente corretea ou sobe enriba do mobiliario e móvese de maneira excesiva en situacións inapropiadas. En adolescentes e persoas adultas, pode limitarse a sentimentos de inquedanza ou sentirse encerrado.
(d) Frecuentemente berra ou manéxase de maneira ruidosa cando xoga ou nas actividades socias ou de lecer.
(e) Frecuentemente está ”en marcha”, actuando como se tivese un motor. Sente incomodidade se ten que estar quieto/a durante un tempo longo, como en restaurantes, reunións, etc. Ante os demais, semella inquedo/a e manter contacto resulta difícil.
(f) Frecuentemente   fala en exceso.
(g) Frecuentemente solta as respostas antes de que rematen de preguntarlle. En adolescentes e adultos soen rematar as frases dos demais e precipítanse nas conversas.
(h) Frecuentemente ten dificultade para agardar a súa vez ou esperar nunha fila.
(i) Frecuentemente interrompe ou molesta aos demais (a miúdo se mete nas conversas, xogos ou actividades; pode coller cousas dos demais sen permiso, e en adolescentes e adultos pode molestar o collerlle o lugar aos demais).
(j) Frecuentemente actúa sen pensar, como empezar tarefas sen a preparación necesaria, evitar ler ou escoitar as instrucións. Pode falar en voz alta sen considerar as consecuencias ou tomar decisións importantes de improviso, como comprar cousas impulsivamente, deixar un emprego de repente, ou romper unha amizade.
(k) Frecuentemente  é impaciente, sentindo intranquilidade cando ten que esperar por alguén e querendo ir máis rápido que os demais, quere que a xente “vaia ao gran”, conduce con exceso de velocidade e adianta aos demais para ir máis rápido.
(l) Sente incomodidade cando ten que facer cousas de maneira lenta e sistemática e frecuentemente cambia dunhas tarefas a outras.
(m) Ten dificultade para resistirse a tentacións e oportunidades, aínda que isto signifique tomar riscos (Un neno pode coller os xoguetes do estante nunha tenda ou xogar con obxectos perigos; as persoas adultas poden comprometerse nunha relación se coñecerse apenas ou coller un emprego ou entrar nun negocio sen a debida preparación).
Criterio B. Varios síntomas de inatención ou hiperactividade-impulsividade estaban presentes de maneira clara aos 12 anos.
Criterio C. Os síntomas son evidentes en dous ou máis entornos (p. ex. Na casa, na escola ou no traballo, con amigos e familiares, ou noutras actividades).
Criterio D. Debe haber evidencia clara de que os síntomas interfiren ou reducen a calidade do funcionamento social, académico ou ocupacional.
Criterio E. Os síntomas non ocorren exclusivamente durante o curso de esquizofrenia ou outro trastorno psicótico nin están mellor explicados por outro trastorno mental (p.ex. trastorno do estado de ánimo, trastorno de ansiedade, trastorno disociativo ou de personalidade.
Concrecións baseadas na presentación actual
Presentación combinada: Se se compren os criterios A1 (inatención) e A2 (hiperactividade-impulsividade) nos últimos 6 meses.
Presentación predominantemente inatenta: Se se compre o criterio A1 (inatención) e non o criterio A2 (hiperactividade-impulsividade) e 3 ou máis síntomas do criterio A2 se cumpriron nos últimos 6 meses.
Presentación predominantemente impulsiva-hiperactiva: Se se compre o criterio A2 (hiperactividade-impulsividade)  e non o criterio A1 (inatención) nos últimos 6 meses.
Presentación inatenta (restritiva) : Se se compre o criterio A1 (inatención) e non máis de 2 síntomas do criterio A2 (hiperactividade-impulsividade) se cumpriron nos últimos 6 meses.
Fogares caóticos e rendemento escolar: Crianza, herdanza ou ambas cousas?
Trátase dun estudio levado a cabo por un equipo do Instituto de Psiquiatría do King’s College, de Londres e vai ser publicado proximamente. No mesmo atopáronse resultados novidosos  sobre as influencias xenéticas existentes nunha relación ben coñecida no ámbito escolar: a que existe entre o rendemento académico do alumnado o caos familiar nos seus fogares.
É ben evidente que o ambiente familiar inflúe (positiva ou negativamente sobre os resultados académicos dos nenos e nenas. Calquera docente ao que lle preguntemos, confirmaránolo sen dúbida. Tamén existen investigacións nas que se ten indagado sobre este aspecto: Por exemplo, Gary Evans (2006) atopou que os estudantes con mellores resultados tendían a proceder de fogares de ambiente tranquilo, máis organizados e no que se levaban a cabo rutinas predicibles, sen importar o estatus socioeconómico das familias.
Ás veces, a natureza desta relación mesmo se esaxera atribuíndolle propiedades das que carece. Non é imposible escoitar entre algúns profesores e profesoras comentarios nos que indican esta relación, mais en sentido contrario:  “se o neno ten mal rendemento na escola, algo na casa funciona mal” . Isto constitúe unha falacia semellante a dicir: “Se todos os nixerianos son de raza negra,  e este rapaz o é, entón ha ser nixeriano”  (!). Evidentemente, moitos factores interveñen no rendemento académico do alumnado, algúns, por suposto,  relacionados coa propia escola e outros explicitamente relacionados co propio neno ou nena como individuo.
En todo caso, no que parecía haber considerable consenso é que esta era unha relación de tipo ambiental. É dicir, no que a herdanza xenética contaba ben pouco ou nada.  E esta é precisamente  a novidade que nos achega o estudo levado a cabo por Ken Hanscombe e os seus colaboradores: Analizar o papel da xenética na relación entre rendemento escolar e  ambiente familiar caótico.
Para isto, empregouse a técnica máis estendida neste tipo de estudios: un deseño de xemelos. En liñas xerais a idea deste tipo de estudios é a seguinte: Os xemelos monocigóticos comparten a totalidade do seu xenoma, mentres que os xemelos dicigóticos só comparten o 50% da variabilidade xenética (da parte do xenoma que varía de persoa a persoa). Así mesmo, ambos tipos de xemelos comparten ao 100% o ambiente familiar: viven na mesma familia, foron criados xuntos e ao mesmo tempo, etc. Comparando as semellanzas e diferenzas entre ambos tipos de irmáns, os investigadores poden atribuír un rasgo, ou característica á herdanza, ao ambiente común, ou ben aos sucesos ambientais que so afecten a un dos irmáns (p.ex. unha enfermidade, accidente, …).
A hipótese neste caso é que se a relación entre caos familiar e rendemento escolar é puramente ambiental ambos tipos de xemelos estarán  igualmente afectados no se u rendemento. Polo contrario, se as características xenéticas de cada xemelo inflúen, os xemelos dicigóticos diferenciaranse, ao menos parcialmente, no seu rendemento académico.
A investigación levouse a cabo cunha mostra de máis de sete mil pares de xemelos aos que se investigou o seu ambiente familiar referido a elementos que indicasen funcionamento caótico (p.ex. falta de regras, ambiente ruidoso, horarios anárquicos, …) cando os participantes tiñan nove anos e, aos doce anos de idade obtiveron datos sobre o seu rendemento escolar facilitados polo seu profesorado.
Os resultados atopados confirman, en primeiro lugar, a grande influencia que o ambiente familiar caótico ten sobre o rendemento escolar mais, de forma sorprendente, un terzo desta relación non tería, segundo o atopado, unha orixe ambiental, senón que sería debida a factores de tipo xenético. É dicir, mentres que dúas terceiras do mal rendemento académico serían debidas ao ambiente familiar caótico, a restante terceira parte deberíase a elementos xenéticos que inflúen tanto no mal rendemento académico como no propio ambiente familiar.
É dicir, nalgunha medida, o caos familiar non é so unha causa do mal rendemento académico, senón en parte, tamén un efecto de propensións xenéticas que afectan aos pais e fillos a constituíren un ambiente familiar desorganizado e que, ao tempo, son tamén causa do mal rendemento na escola dos fillos.
O artigo comentado é:
Hanscombe, K.B., Haworth, C.M., Davis, O.S., Jaffee, S R. e Plomin, R. (2011). Chaotic homes and school achievement: a twin study. Journal of Child Psychology and Psychiatry, 52: no. doi: 10.1111/j.1469-7610.2011.02421.x