Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

TDAH en nenas
Habitualmente considérase que, ao igual que outros problemas do desenvolvemento, o TDAH afecta máis aos nenos que ás nenas. Ás veces tense establecido unha relación de tres nenos por cada nena, ou ata cinco nenos por cada nena afectada por TDAH.
A razón disto pode atoparse no nivel neurobiolóxico, mais tamén é posible que -nalgunha medida- poda deberse a un artefacto ou sesgo nos labores de diagnóstico:

Algúns autores defenden que as nenas con TDAH presentan unha sintomatoloxía menos chamativa que a dos nenos, polo que en moitas ocasións pasan desapercibidas e non son diagnosticadas.
Quizais o maior estudio levado a cabo sobre TDAH en nenas sexa o desenvolvido na Universdade de Berkeley (California) por Stephen P. Hinshaw e o seu equipo.

Para o mesmo, seleccionaron un grupo de 140 nenas con TDAH (de idades entre 6 e 12 anos) que participaron en campamentos de verán nos que se levaban a cabo actividades específicas. Así mesmo tamén participaron no estudio 88 nenas sen TDAH que serviron como grupo-control.

Estes campamentos tiveron lugar nos veráns de 1997, 1998 e 1999.

Principais resultados

-As nenas con TDAH presentaban maiores índices de problemas escolares (repetición de curso, necesidade de educación especial,…) así como historiais con problemas na adquisición da linguaxe. Así mesmo, o seu nivel de competencia lectora e nas matemáticas era inferior ás nenas do grupo control.

-Tamén se deu en maior medida nas nenas con TDAH a existencia de outro tipo de trastornos comórbidos (Trastorno Negativista Desafiante, Trastornos de Conducta,…).

-As nenas con TDAH de tipo combinado soen ter máis problemas conductuais que as que teñen TDAH de tipo inatento. Non obstante estas soen presentar maiores problemas de illamento social.

-Tamén se apreciou que o seu desempeño en dez tarefas neuropsicolóxicas que valoraban as funcións executivas, a velocidade motriz e o procesamento lingüístico.

Seguimento

Posteriormente, a este grupo de nenas realizóuselle un seguimento ao cabo de cinco anos, o que permitiu valorar a súa evolución ao longo da adolescencia. Os investigadores atoparon que, malia a que os síntomas de exceso de mobilidade poden diminuír, en conxunto as dificultades asociadas ao trastorno persisten e, ademais, novos problemas poden emerxer: “As condutas delictivas ou depresivas, o risco de abuso de substancias, os síntomas de trastornos alimentarios e as dificultades coas súas compañeiras afectan ao longo da adolescencia ás rapazas con TDAH en maior medida que o normal”

Así mesmo, as dificultades académicas tamén se soen acentuar neste período.

En resumo, semella que o TDAH nas nenas non ten menor impacto negativo do que ten nos nenos e que este –ao igual que cos afectados masculinos- pode persistir ao longo da adolescencia e mesmo na idade adulta. De feito, aínda que as taxas de nenas diagnosticadas sexa inferior á de nenos, como xa comentamos, na idade adulta as taxas de afectados están parellas.

Máis información sobre TDAH en nenas podes atopala neste artigo de Ellen Littman na revista ADANANEWS (pdf)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2008 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter