Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

A forza da vontade é algo máis que unha metáfora
O primeiro post deste blog trataba o tema da forza da vontade e a atención, segundo o trataba Thomas E. Brown no seu libro sobre TDAH. Habitualmente tense a idea de que a forza da vontade é algo que che ensinaron teus pais cunha boa educación e a tes ou non a tes, pero que parece residir na alma, e non ten -polo tanto- relación co que suceda no teu cerebro.

Neste post comentamos o traballo dun grupo de investigadores da Universidade de Florida sobre o que lin no magnífico blog de Dave Munger, Cognitve Daily.

Un elemento que podemos asociar co concepto común da forza de vontade é o autocontrol e, en concreto, o control inhibitorio, a capacidade de resistirse a facer algo que faríamos pero que sabemos que non debemos facer.

Baumeister e os seus colaboradores levaron a cabo varios experimentos nos que relacionaban o control inhibitorio co consumo do combustible básico do noso cerebro: a glucosa.

Para isto, nun dos estudios pediron a dous grupos de persoas que, despois de tres horas en xaxún, observasen un video no que unha persoa lía un texto, de vez en cando aparecía na pantalla unha palabra sobreimpresa. Os participantes do primeiro grupo vían o vídeo con normalidade mentres que aos do segundo grupo pedíaselles que non lesen as palabras sobreimpresas. Aínda que un podería pensar que se lemos as palabras gastamos máis enerxía mental que se non as lemos, o certo é que realmente é ao contrario, a nosa mente está programada para ler unha palabra que se nos aparece diante e, se temos que ignorar a palabra, debemos facer o esforzo inhibitorio de non ler as palabras que aparecen.

Posteriormente, os participantes no estudio foron sometidos a un control sanguíneo, no que se atopou que o nivel de glucosa das persoas que tiveran que inhibir a lectura era máis baixo que os que viran o vídeo normalmente.

Podes ver aquí un video no que Dave Munger fai unha demo semellante á que viron os participantes no estudio (precisas ter QuickTime instalado).

Con outro grupo de persoas, despois de veren o vídeo nas condicións anteriores, pedíuselles que fixesen a proba de Stroop, que é unha proba clásica de control inhibitorio na que deben dicir a cor na que están escritas unha palabras e non o contido das mesmas. As persoas que tiveran que inhibir a lectura de palabras na tarefa de vídeo tiveron máis erros que as que viran o vídeo normalmente (os erros na tarefa Stroop prodúcense cando aparece o nome dunha cor escrito cunha tinta de cor distinta ? p/ex: verde - e a persoa di o nome da cor en vez da cor da tinta).
Posteriormente, noutro experimento, dez minutos antes da realización tarefa Stroop, á metade dos participantes en cada grupo déuselles unha limonada con zucre, mentres que á outra metade déuselles a limnada cun edulcorante sen zucre(Splenda).



Os que tomaran a limonada sen zucre cometeron máis erros no Stroop, mentres que os que tomaron zucre cometeron menos, sen importar de qué maneira viran o vídeo.

Estes resultados indican que, en efecto, o control inhibitorio consume glucosa, aínda que os autores sinalan que o aporte da mesma non ten que vir directamente da inxesta de zucre, xa que outros alimentos poden proporcionar un nivel axeitado da mesma.

En todo caso, de cara ás persoas con TDAH hai unha conclusión que resulta evidente, a necesidade de almorzar ben que os nenos e nenas con esta condición teñen, máis aínda que o resto dos seus compañeiros.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2008 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Zas! O experimento Rosenhan
Aínda que non ten nada que ver co TDAH, este post do magnífico blog Un barco más grande, non ten desperdicio.

Comeza así:

Un día, en 1972, al doctor Rosenhan se le ocurrió una extraña idea. Llamó por teléfono a ocho amigos y les preguntó si tenían algo que hacer durante el próximo mes. Cuando Rosenhan les explicó lo que se proponía, todos dejaron de lado su agenda, sus trabajos y sus vidas familiares y respondieron que no. No tenían nada que hacer en absoluto durante el próximo mes...

Podes lelo enteiro aquí
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2008 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0