Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

O TDAH Predominantemente inatento. Pasado por alto e pouco tratado?















Un artigo de:
Mary V. Solanto
Directora do Attention-Deficit/Hyperactivity Disorder Center
The Mount Sinai Medical Center


Cando Ethan levou á casa o seu primeiro boletín de notas de 4º sabía que seus país non habían estar contentos. Ademais de que as súas notas oscilaban entre B e D [*], o mestre comentara xusto o mesmo que fixera o mestre de 3º, ?Se Ethan se concentrase no traballo e traballase máis duro podía facelo moito mellor!?


A falta de concentración e a aparente falta de esforzo son elementos típicos no subtipo inatento de TDAH. O tipo Predominantemente Inatento (PI) de TDAH, sen hiperactividade ou impulsividade, é recoñecido como tal desde 1994. Ao contrario que a forma máis coñecida do trastorno, o ?tipo Combiando? (CB) (inatento, hiperactivo e impulsivo), os nenos con TDAH-PI non son conductualmente disruptivos e tipicamente non presentan dificultades para seren manexados por pais e mestres. Pola contra, os nenos con TDAH-PI soen aparecer como hipoactivos, lentos e pasmóns (que soñan despertos). Non obstante, os seus problemas coa atención son tan severos como os dos nenos con TDAH-CB. Cando deberían estar traballando nunha folla de problemas de aritmética, podémolos atopar mirando á nada. Cando son chamados na clase, poden non ter nin idea do que se está a falar. Ao non absorber a nova información nin traballar ao ritmo dos seus compañeiros, poden ser erroneamente etiquetados como ?lentos na aprendizaxe? ou con ?dificultades de aprendizaxe?, frecuentemente baseándose en probas de grupo, nas que soen ter problemas para concentrárense. A miúdo, polo tanto, renden moi por debaixo do seu verdadeiro potencial, do que ninguén é realmente consciente.
Ademais das súas dificultades académicas, os nenos e nenas con TDAH-PI a miúdo teñen problemas sociais significativos. Poden parecerlles aos seus compañeiros como que non están ?ao loro?. As veces son descritos como se estivesen ?nas nubes? e algúns estudios indican que é máis probable que se estes nenos sexan socialmente ignorados e carezan de amistades.

Un estudio recente suxire que os problemas sociais do subtipo inatento e o combinado poden ter diferentes causas e diferentes resultados. Os rapaces con tipo combinado tenden a molestar aos outros nenos co seu comportamento provocativo, intrusivo e, en ocasións, agresivo. Como resultado, estes nenos poden ser máis probablemente rexeitados. Cando aos nenos con subtipo combinado se lles pregunta directamente, saben dicir correctamente cómo deben comportarse e cómo non. Non obstante, ?en quente?, non son quen de manter o autocontrol.

É máis probable, sen embargo, que os rapaces de tipo inatento amosen falta de habilidades sociais, incluíndo interaccións cotiáns, como a habilidade para unirse a un grupo de nenos xogando, resolver unha disputa ou iniciar unha amizade. En parte estas dificultades pode deberse á falta de atención aos matices sociais, como pistas non verbais ou linguaxe corporal, que son tan importantes na comunicación social.

Un problema frecuente e prexudicial
Os estudios de sondaxe suxiren que o subtipo inatento de TDAH pode ser, polo menos, tan frecuente como o -máis coñecido- subtipo combinado. Nestes estudios a grande escala, pedíuselles a centos de mestres e mestras que valorasen ao alumnado das súas aulas con listas de control de condutas reflectindo os tres síntomas centrais do TDAH: inatención, hiperactividade e impulsividade.
Os datos amosan unha interesante distribución por sexos: Mentres que o subtipo combinado é aproximadamente catro veces máis frecuente en nenos que en nenas, o subtipo inatento está máis equilibrado entre ambos sexos, cunha ratio neno:nena próxima a 2:1. De feito, seunha nea ten TDAH, é máis probable que o teña de subtipo inatento.

Nestes estudios tamén se lle pediu ao profesorado que valorase o grao de dificultades dos estudantes nas tres áreas de maior importancia do funcionamento escolar: académica, social e conductual. As porcentaxes de nenos e nenas valorados como ?con dificultades? amósanse a continuación para os tres subtipos de TDAH: Inatento, Hiperactivo-impulsivo e Combinado.



























Inatento


Combinado


Hiperactivo-Impulsivo

Académico

76%


82%


23%

Social

59%


82%


53%

Conductual

58%


90%


90%



Fonte: Gaub, M. & Carlson, C. (1997) Journal of Abnormal Child Psychology, 25, 103-111.

Estes datos amosan que unha alta porcentaxe de nenos con TDAH-inatento sofren dificultades académicas, de feito a porcentaxe iguala ás do tipo combinado. Así mesmo, tamén se aprecian no ámbito condutual e social.
Malia estas importantes dificultades, relativamente poucos nenos con TDAH-inatento son identificados ou enviados para recibiren tratamento. O tipo inatento, como moito representa un 25% dos nenos con TDAH que son vistos nos servizos de saúde mental. Unha razón probable deste feito é que ao seren moito menos disruptivos que os de subtipo combinado, é bastante menos probable que lles produzan quebradeiros de cabeza a pais e mestre, sendo así máis probable que sexan pasados por alto.

Outro feito importante atopado nestes estudios foi que o subtipo inatento pode ter un comezo máis tardío que os restantes subtipos de TDAH. Aínda que todos os subtipos deben comezar aos sete anos para cumprir os actuais criterios do DSM-IV sobre TDAH, estes estudios recentessuxiren que moitos casos de tipo inatento poden non manifestarse ata os 9 anos, é non apareceren dificultades significativas ata os 11.

Avaliación

Como calquera boa avaliación psicolóxica infantil, a avaliación do TDAH comeza cunha entrevista cos pais ou titores referida aos detalles das dificultades do neno, incluíndo a idade de comezo, frecuencia, duración e severidade. Os cuestionarios condutuais, completados por pais e mestres, son tamén moi útiles para determinar a natureza das dificultades e a súa importancia comparadas coa conduta dos nenos e nenas da súa idade. Durante esta entrevista, tamén se pregunta aos pais sobre o desenvolvemento físico, mental e emocional do neno. Unha boa avaliación tamén se ocupará do desenvolvemento familiar para identificar calquera elemento que puider estar afectando ao funcionamento do neno.
Tamén se entrevista ao neno individualmente para obter a súa visión sobre os seus puntos fortes e febles, e a súa vida escolar, familiar e social. Tamén proporciona a ocasión de observar informalmente e avaliar a súa atención, a linguaxe, autocontrol, autoconfianza e habilidades sociais.

Cando existen sospeitas sobre a capacidade xeral de aprendizaxe, ou dificultades específicas de procesamento da información (como é frecuente en todos os tipos de TDAH), pódense administrar unha serie de probas para examinar detalladamente o funcionamento intelectual do/a neno/a, así como o seu nivel de competencia curricular nas principais áreas. As probas neuropsicolóxicas, que avalían as áreas de memoria, linguaxe, atención e habilidade motriz, tamén poden ser de axuda para identificar as causas subxacentes das dificultades da nena ou neno.

Debido a que a inatención é o síntoma principal neste subtipo e os síntomas suxestivos de impulsividade e hiperactividade está ausentes, un bo examinador clínico debe ter especial coidado en descartar outros problemas ?silenciosos?, como a ansiedade ou a depresión, que tamén poden afectar a concentración e o esforzo, antes de diagnosticar TDAH.

Tratamento

Hai aínda poucos estudios sobre tratamentos que sexan especificamente efectivos para nenos e nenas con TDAH-suptipo inatento. A experiencia clínica no Centro de TDAH do Centro Médico Monte Sinaí, non obstante suxire que as medicacións estimulantes que son efectivas no tratamento do subtipo combinado poden ser tamén efectivas no subtipo inatento.

Tamén no Monte Sinaí estanse levando a cabo investigacións, financiadas polo Natonal Institutes of Health, para investigar as dificultades específicas dos nenos e nenas con TDAH-inatento en orientación. Concentración, memoria inmediata e a curto prazo e funcións executivas, como autocontrol, organización e planificación. É de agardar que un mellor coñecemento destas diferenzas leve ao desenvolvemento de enfoques de tratamento psicolóxico e educativo que se dirixa ás necesidades específicas dos nenos e nenas con este subtipo de TDAH.

Referencias:

Carlson, C. L., & Mann, M. (2000). Attention Deficit Hyperactivity Disorder, Predominantly Inattentive subtype. Child and Adolescent Psychiatric Clinics of North America, 9, 499-510.

Solanto, M. V. (2000). The Predominantly Inattentive subtype of AD/HD. CNS Spectrums, 5, 45-51.

Solanto, M. V. (2001). Clinical Grand Rounds (Special Issue on Predominantly Inattentive ADHD). The ADHD Report, 9(1), 12-15.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2008 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0