Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade |
|
|
|
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O efecto Stroop e a Avaliación de Diagnóstico en Primaria |
|
O pasado 21 de outubro tivo lugar a Avaliación de Diagnóstico no sistema educativo que afectou ao alumnado de 4º de Primaria e 2º da ESO. Os nenos e nenas deberon realizar dúas probas de avaliación da competencia lingüística e matemática e logo encher un cuestionario sobre as súas características socio-familiares.
Neste post non imos facer unha valoración sobre os parámetros de dito proceso, senón só comentar unha curiosa disposición de algunhas preguntas do cuestionario para o alumnado que os obrigou a ter que enfrontar, para responder correctamente, o Efecto Stroop.
Xa temos falado sobre o mesmo nalgunha outra entrada, pois esta é unha proba clásica para valorar o control inhibitorio (aspecto esencialmente problemático nas persoas con TDAH). O mesmo debe o seu nome a John R. Stroop, que o deu a coñecer nun célebre artigo en 1935 que levaba por título "Studies of interference in serial verbal reactions" (Estudios da interferencia en reaccións verbais seriais). En esencia, o que Stroop comprobou é que cando un estimulo contén varias canles de información contraditorias, estas interfírense entre si no seu procesamento, polo que a persoa debe esforzarse para inhibir tal interferencia e non atender á canle indebida.
No seu experimento clásico, Stroop propuxo unha tarefa na que os participantes debían dicir en que cor estaban escritas unha serie de palabras. Isto non provocaba ningún problema en palabras arbitrarias, mais si cando as palabras eran en si mesmas nomes de cores. Por exemplo, se se presenta a palabra
AZUL
Os participantes tendía a respostar ?azul? cando a resposta correcta sería ?vermella?. Suponse polo tanto, que as persoas ?mesmo aínda que nos digan expresamente que non temos que atender ao contido da palabra senón á cor na que está escrita- temos a tendencia automática a facelo e debemos inhibir a mesma para non cometer erros.
A interferencia atopada por Stroop foi replicada (atopada de novo) en numerosas outras investigacións con palabras de cores e con outros estímulos: Así, para nenos e nenas pequenos téñense desenvolvido tarefas nas que se presentan debuxos dun ceo nocturno e diúrno e os participantes deben dicir ?día? ante o primeiro e ?noite? ante o segundo, ou ?neve? e ?herba? ante unha paisaxe primaveral e outra nevada, respectivamente.
Mais a modalidade que nos interesa neste caso fai referencia ao chamado Stroop numérico, no que aos participantes se lles presenta información numérica e as cantidades son incongruentes cos números presentados. Un dos investigadores que ten desenvolvido esta modalidade é George Bush (non, como se pode supoñer non é o anterior presidente dos EE.UU., senón un investigador da Harvard Medical School con idéntico nome). Bush presentaba aos participantes estímulos semellantes a isto:
Tres
Tres
Tres
Tres
A tarefa consistía en dicir o número de veces que aparecía a palabra (4), mais para isto había que evitar a interferencia do seu contido (3).
O emprego desta modalidade de Stroop é moi apropiado para ser empregado mentres os participantes están sendo escaneados mediante Resonancia Magnética Funcional, que permite ver online o funcionamento cerebral durante a tarefa, xa que se pode responder pulsando unha tecla en vez de falar (algo que desbarataría a imaxe cerebral obtida).
Bush e os seus colaboradores atoparon mediante esta técnica, que durante a tarefa Stroop debe activarse o córtex cingulado anterior, unha parte do lobulo frontal que se encarga precisamente de controlar as interferencias.
Así mesmo, nun estudio publicado en 1999 compararon a activación desta área cerebral en adultos con e sen TDAH, atopando que o maior número de erros que cometían os primeiros estaba relacionado coa súa incapacidade para activar o córtex cingulado anterior.
A pregunta entón supoño que será: ¿E que ten que ver isto cos cuestionarios dos que falabamos?
Pois ben, ao ter a oportunidade de ver os cuestionarios aplicados ao alumnado de 4º de Primaria sorprendeume ver unha pregunta na que se interesaba pola existencia de obxectos no fogar (teléfonos móbiles, televisores, ordenadores,?). As opcións de resposta eran catro: Ningún, Un, Dous e Tres ou máis. O curioso é que as respostas estaban dispostas nunha táboa na que en vez de cadros para marcar, ou letras para rodear, os nenos e nenas tiveron que rodear? números!! E estes non coincidían coa contido da resposta!! É dicir, se alguén quería responder que na súa casa había 2 televisores debía rodear o número 3, e se tiñan tres teléfonos móbiles debían rodear o 4.
Foi nese momento cando lembrei a Stroop e a Bush (o de Harvard) e pensei se o cingulado anterior dos nenos e nenas de 4º (que aínda non está totalmente desenvolvido a esa idade) tería sido efectivo para responder a esta pregunta sen cometer erros.
O artigo de Bush é:
Bush, G., Frazier, J.A., Rauch, S.L., Seidman,L.J., Whalen, P.J., Jenike, M.A., Rosen, B.R. e Biederman, J. (1999) Anterior Cingulate Cortex Dysfunction in Attention-Deficit/Hyperactivity Disorder Revealed by fMRI and the Counting Stroop. Biological Psychiatry, 45, 1542?1552
E o clásico de Stroop:
Stroop, J.R.(1935). Studies of interference in serial verbal reactions. Journal of Experimental Psychology, 18, 643-662.
|
|
|
|
|
|