Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

O papel do adestramento e da medicación na Memoria de Traballo en nenos e nenas con TDAH
Imaxina que tes que sumar mentalmente 3 máis 9? Doado, nonsí? Agora proba a sumar 33 máis 99. Seguramente resulta máis difícil. Téntao agora con 333 máis 999? a cousa complícase máis! Aínda que en cada caso a operación consiste en repetir a mesma suma, para resolvela hai que ir acumulando e recuperando información na memoria e ?traballando? con ela.

Ese é o papel da Memoria de Traballo (Working Memory en inglés e, ás veces, tamén traducida como Memoria Operativa). Non se trata só dunha memoria a curto prazo (que o é) senón que é esencialmente a que nos permite manipular a información e formar plans.

Esta memoria é importante en moitas tarefas mentais, desde o cálculo e a resolución de problemas, ata o razoamento e a comprensión? mais tamén desenvolve un papel crucial na autorregulación da conduta: é o que nos permite manter un plan de acción cara unha meta sen perdernos nos detalles.

A memoria de traballo soe estar afectada nos nenos e nenas con TDAH, e esa afectación está particularmente ligada ao aspecto desorganizado, distraído, de moitos nenos e nenas con este trastorno. Aínda que existe consenso sobre a afectación da Memoria de Traballo no TDAH, existe debate de cal é o papel preciso e as causas destas dificultades. Algúns investigadores, como Russell Barkley, teñen sinalado que esta dificultade pode ter que ver coas dificultades de Control Inhibitorio: o neno ou nena afectado, perde facilmente os contidos da memoria porque outra información irrelevante entra no sistema sen que se lle poña un freo adecuado. Para outros, como Mark D. Rapport, as dificultades de Memoria de Traballo son precisamente a esencia do TDAH, mentres que outros investigadores (p.ex. Francisco Xavier Castellanos e Rosemary Tannock) sinalan que quizais non todos os afectados por TDAH teñan as mesmas dificultades, e que haxa quen teña especiais dificultades coa Memoria de Traballo, o Control Inhibitorio, con ambos? ou con outros aspectos como a Aversión á Demora (da que temos falado aquí).

Desde hai algún tempo un grupo de investigadores escandinavos puxeron en marcha un programa de investigación sobre a posibilidade de adestrar a Memoria de Traballo e sobre os efectos que tal proceso pode ter sobre os síntomas do TDAH. Os resultados dos que veñen informando son prometedores e, froito dos mesmos, teñen comercializado un programa de entrenamento, chamado COGMED.

Un recente estudio levado a cabo por investigadores ingleses, vén de analizar o papel que o adestramento na Memoria de Traballo e a medicación con metilfenidato tiveron sobre un grupo de nenos e nenas con TDAH.

Os participantes foron avaliados por primeira vez despois dun período de polo menos 24 horas sen medicación en tarefas de Memoria de Traballo e, ao cabo de 5 meses, cando estaban baixo o efecto da medicación: os resultados desta primeira comparación sinalan que houbo melloras na memoria de traballo viso-espacial, aínda que non na verbal nin nas memorias a curto prazo (verbal e espacial).

A continuación os participantes seguiron o programa de adestramento COGMED durante 25 días e foron novamente avaliados. Nesta ocasión as houbo melloras tanto na memoria de traballo viso-espacial, como na verbal e nas memorias a curto prazo.(Téñase en conta que nesta condición os participantes estaban baixo o efecto de medicación + adestramento).

Finalmente, foron avaliados de novo 6 meses despois de rematado o programa, para comprobar se as melloras observadas se mantiñan os se esvaeceran: aínda que este parecía ser o caso da memoria a curto prazo viso-espacial, nas outras tres, permanecían os efectos positivos.

Outro aspecto de interese é que mentres que na situación inicial as puntuacións estaban por debaixo do esperable para nenos e nenas de esa idade (segundo os baremos das probas), despois do programa as melloras foran suficientes para que os participantes no estudio amosasen un desempeño considerado dentro do promedio para a súa idade.

Os investigadores, non pretendían contrapoñer alternativamente medicación vs. adestramento senón, máis ben, comprobar os beneficios de cada compoñente no tratamento desas dificultades, sinalando como conclusión que o adestramento incrementa significativamente os beneficios con respecto á medicación po si soa, polo que pode resultar un complemento útil no tratamento.

Un problema que, on obstante, non foi controlado polos investigadores é o efecto sobre a conduta global dos participantes tivo o adestramento: Por unha banda existen cuestionarios para pais e mestres que avalían as dificultades condutuais relacionadas coa memoria de traballo (o Behavior Rating Inventory of Exective Function), e por outra tería sido útil ter controlado a evolución dos síntomas típicos do TDAH, así como se existiu unha mellora no seu desempeño escolar e familiar.

O artigo comentado é: Holmes, J., Gathercole, S.E, Place, M., Dunning, D.L., Hilton, K.A. e Elliott, J.G. (2009) Working memory deficits can be overcome: Impacts of training and medication on working memory in children with ADHD. Applied Cognitive Psychology, DOI: 10.1002/acp.1589

O sitio web de COGMED é: http://cogmedresearch.com/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-08-2009 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0