Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

TDAH e o paso ao Instituto
Hai anos existía a idea de que o TDAH era unha condición propia da infancia, e que ao longo da adolescencia esvaíase ata desaparecer. Agora sabemos que en realidade moitos nenos e nenas con TDAH han seguir sendo mozos e mozas con TDAH e logo persoas adultas con TDAH. Non obstante, con carácter xeral, constátase que co paso dos anos, especialmente ao longo da adolescencia, prodúcese un declive na sintomatoloxía, especialmente no relativo ao exceso de mobilidade e a impulsividade.

Un estudo recente vén amosar que ese declinar vese interrompido coa entrada no instituto. O mesmo, ten como base datos procedentes do Multimodal Treatment Study of ADHD, coñecido popularmente como o Estudio MTA [1].

Joshua M. Langberg e Jeffery Epstein da Universidade de Cincinnati e do Cincinnati Children?s Hospital Center, cos seus colaboradores analizaron os datos de 258 nenos e nenas participantes no estudio MTA que remataran a escola primaria e pasaran á secundaria mentres o mesmo se desenvolvía.

Revisando os informes dos pais e mestres, os investigadores atoparon que, en efecto, nestes rapaces os síntomas propios do TDAH íanse suavizando co paso do tempo ata o momento do paso ao Instituto, no que de feito se producía un repunte dos mesmos. Este era máis acusado nos informes dos pais, o que os investigadores atribúen a que este ?rebote? é máis intenso no ámbito familiar.

Tamén atoparon que os que seguían tratamento farmacolóxico para o TDAH sufrían a transición de maneira tan intensa como os que non o seguían.

Langberg e os seus colegas suxiren que aínda que a medicación é realmente efectiva para tratar os síntomas do TDAH, non parece que axude a desenvolver as habilidades específicas que na secundaria se fan imprescindibles como o manexo do tempo, a organización e a planificación e as habilidades de estudio.

Ademais do grupo de rapaces afectados polo TDAH, os investigadores fixeron un seguimento dun grupo de nenos e nenas sen TDAH que actuaron como grupo control, e que fixeron a transición á secundaria ao mesmo tempo que os participantes no MTA e nos mesmos centros escolares.

Os datos obtidos indican que os nenos e nenas sen TDAH soen experimentar un menor número de dificultades no paso á secundaria.

Aínda que estes resultados poden parecer que non sexan novedosos xa que entran dentro do ?esperable? por ?sentido común?, en realidade é a primeira investigación que documenta os efectos que para os rapaces e rapazas con TDAH ten o paso ao ensino secundario.


[1] O MTA é unha ampla investigación (da que aínda non temos falado? :-( ) sobre os diferentes tratamentos para o TDAH e a súa eficacia. Pola súa envergadura considérase o estudio de referencia sobre este aspecto.

O artigo comentado é:
Langberg, J.M., Epstein, J.N., Altaye, M., Molina, B.S.G., Arnold, L.E. e Vitiello, B. (2008). The transition to middle school is associated with changes in the developmental trajectory of ADHD symptomatology in young adolescents with ADHD. Journal of Clinical Child and Adolescent Psychology, 37(3): 651-663.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2008 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Unha tertulia sobre TDAH
Vídeo dunha "Tertulia Educativa" organizada pola Consejería de Educación da Comunidade de Madrid.
Participan Alberto Fernández Jaen, Isabel Orjales e Fulgencio Madrid, entre outros.

1ª Parte


2ª Parte


3ª Parte
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2008 02:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0