Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

¿Que causa o TDAH? Russell Barkley. Aspectos esenciais sobre o TDAH (V)
¿Que causa o TDAH?
Un lote de cousas. Hai múltiples causas, pero hai un camiño común. Hai unha parte concreta do cerebro que, se resulta afectada, pode producir TDAH como consecuencia. Comecemos pola neuroloxía, porque aí é onde están a maioría das evidencias.
(?)
Sabemos que aproximadamente o 10-15% dos casos de TDAH semellan aparecer como resultado de lesións prenatais no desenvolvemento do cortex prefrontal do cerebro humano. ¿Cales son as lesións máis comúns? As complicacións nos embarazos múltiples, os partos prematuros con hemorraxias cerebrais menores asociadas, fumar durante o embarazo ou o consumo de alcohol durante o mesmo. Esas son as catro principais. E predispoñen ao trastorno, polo que crean o que podemos chamar TDAH adquirido. É dicir, un bebé normal cun cerebro normal que sofre unha lesión durante o desenvolvemento fetal.

Segundo, dano cerebral post- natal, representa entre un 3 e un 5% dos casos. ¿Cales son as causas máis comúns? Lesións traumáticas: se existen na parte frontal do cerebro, posiblemente aparecerán síntomas do trastorno. Segundo: Infeccións por estreptococos. Algúns individuos xeneticamente propensos ao TDAH, se padecen unha infección por esta bacteria, producen unha resposta autoinmune á mesma que ataca os ganglios basais e o cortex prefrontal, pero especificamente os ganglios basais. Isto foi recentemente descuberto na Universidade de Yale [en 2000].

Polo tanto, ¿pódese adquirir o TDAH? Si. Un de cada cinco rapaces con TDAH teno por unha causa adquirida. A maioría destes son nenos.¿Por qué? Porque o cerebro masculino é máis propenso ás lesións, tanto pre- como post-natais que o das nenas. A maioría das nenas con TDAH téñeno de orixe xenética.. Entre os nenos, o 20% dos casos son adquiridos e o restante 80% son de orixe xenética.

¿Existe un problema neuroquímico no cerebro da maioría dos casos de TDAH? Así o cremos, aínda que non é definitivo. Das máis de 70 substancias neuroquímicas do cerebro, temos reducido o campo a dúas: a dopamina e a norepinefrina [tamén chamada noradrenalina], pero aínda estamos intentando resolver cal das dúas é. Pode ser que os diferentes tipos de TDAH impliquen diferentes equilibrios entre elas. Non estamos seguros aínda, mais certamente agora estamos descendendo ao nivel do funcionamento cerebral.

¿É cousa de que o cerebro está simplemente inmaduro? ¿Solucionaríase facendo un curso extra de Educación Infantil? A resposta é non.

Entón, ¿que rexións cerebrais están implicadas? Hai tres estructuras que temos identificado como responsables do trastorno: o cortex prefrontal orbital, unha estructura que forma parte dos ganglios basais chamada corpo estriado, e a maior parte do estriado chamada núcleo caudado. As células do córtex prefrontal proxectan a súa actividade sobre estas estructuras.

Unha cousa que nos vén fascinando nos últimos anos é atopar que estas estruturas non so están menos desenvolvidas do que deberían estar, senón que [as anormalidades] tenden a estar máis no lado dereito que no esquerdo, polo que pode que no TDAH exista un problema de asimetría cerebral ou algunha causa que teña que ver coa circuitería estriada prefrontal dereita.

Fragmento dunha conferencia de R. Barkley en S. Francisco, o 12 de xuño de 2000. Podes ver o texto orixinal aquí

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2007 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Eu teño TDAH, sempre se me dixo se se me vai a olla. E vaiseme que flipas!!! Teño exámenes dentro de moi pouco e levo varias horas distraendo con mariconadas. Non son capaz de centrarme aínda que me déras pelas. Fun repitidor no instituto un par de veces. Sempre fun tirando de mala morte. Sempre pensei#blgtk08# que era de fumar porros, pero levo a hostia de tempo sen fumalos. A miña pregunta é, que otros medicamentos hai que non sexan anfetaminas porque tampouco quero estár sempre puesto. Ademáis, leín que hai casos de xente que o palmaran cómo resultado de tomar metilfenidato (droja que se usa tratar TDAH)?
Comentario por kolgado69 (28-04-2008 10:12)
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0