Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

Mentes Inquietas
Non resulta infrecuente que algunhas das persoas que mellor comprenden, investigan e tratan o TDAH sexan, elas mesmas, tamén persoas con TDAH. Un caso deste tipo é o de Ana Beatriz Barbosa Silva, psiquiatra brasileira, autora dun libro sobre TDAH, "Mentes Inquietas", que se converteu nun auténtico best-seller no seu país con más de 200. 000 exemplares vendidos.

Nunha entrevista recente describía cómo ela descubrira a súa condición de persoa con TDAH: “Eu xa estaba no 3º ano da facultade de medicina. Tiña 19 anos. Fun a un seminario en Chicago sobre depresión. Conseguín errar en todo: cheguei un día e a unha hora atrasada para a primeira clase. Como non aparecín, a miña inscrición foi cancelada. A administrativa da facultade viu o meu desespero e díxome que eu podería matricularme noutro curso, que se iniciase naquel día. O profesor era John Ratey, un experto sobre déficit de atención. Comezou a detallar o trastorno e pensei que estivese falando sobre min. Chegou a ser incómodo. Cando a clase acabou, fun detrás del conversar sobre o meu comportamento desde a infancia. No día seguinte fixen unha avaliación que revelou que eu tiña TDAH en grao grave”.

Mentes Inquietas é un libro escrito cunha linguaxe moi accesible ao público en xeral no que, entremedias dunha descrición moi viva do trastorno, figuran exemplos de pacientes seus e as súas vivencias. A continuación figura a tradución dun fragmento dedicado ao TDAH feminino.

Todo dia era sempre a mesma cousa. Apenas comezaba a súa clase, a profesora de primaria se vía ás voltas coas reaccións en cadea provocadas na clase por Flavinho. Aquel neno endiañado e, aínda así, adorável, apelidado polos compañeiro como “o Pestinha” (1), non tanto por ter o mesmo cabelo liso e acobreado do protagonista do filme homónimo, senón, máis polo ter o mesmo comportamento. O seus movementos eran mais rápidos do que o ollar da profesora podía acompañar. Popularmente falando, el deixaba un “ventiño” por onde pasaba, alén de causarlle enorme ansiedade, xa que precisaba localizalo na aula, pois sentado quieto no seu pupitre certamente non estaría. Iso sen falar do balbordo xeneralizado, dos “crashs” e ”aaiiis” que facían que o seu corazón se sobresaltase. Si, ela xa tiña oído falar de nenos así na facultade. El só podía ser hiperactivo! Precisaba falar coa psicopedagoga da escola, pois el debía ter o chamado Trastorno por Déficit de Atención.

Totalmente preocupada en poñer fin à guerriña de boliñas de papel iniciada por Flavinho, a xove profesora estaba allea por completo à nena sentada na fila da parede, alá polo medio da aula, ollando pensativa pola xanela e que parecía non se dar conta do divertido barullo que campeaba entre os seus compañeiros. Todos os días eran así e aparentemente non había por que se preocupar con aquela tranquila neniña, que case nin se movía na súa cadeira. Mais o que a profesora non sabía era que por debaixo do antigo pupitre escolar de madeira escura, un par de peíños balanceábase inquedo, á mesma velocidade dos pensamentos da súa dona, á que... “...encantaríalle estar cabalgando sobre aquela nube que parece un camelo do deserto. Ou sería un dro... un dromedario... Ah, non sei! Un ten dúas cherepas e o outro ten unha soa. O daquela nube só ten unha, e debe ser ben branda, tipo algodón... e eu vería todo pequeniño desde aló enriba...”. Entón os seus ollos captaron algo dourado movéndose por riba do muro da escola, alá embaixo. “Carai! Nunca vira un gato tan gordo! E amarelo! E lindo! Parece o Pikachu! Como naquel episodio no que saltaba o valado...

A rapaciña soñadora tiña os movementos do corpo un tanto contidos, mais a súa mente saltaba rapidamente dun devaneo a outro, aínda máis veloz que as perniñas incansables do seu compañeiro “Pestinha”. O seu nome só era lembrado na hora de pasar lista. Absorta na súa fértil imaxinación, estaba allea ao ditado que a xove profesora estaba comezando a pasar. Por causa diso, sería mais tarde duramente reprendida na casa e, moi nova aínda para relativizar as cousas, aceptaría todos os adxectivos cos que seus pais a definían: preguizosa, relaxada, ”aparvada”…

Invisible para a súa profesora, que, preocupada demais con Flavinho, só a notaba momentaneamente, cando se decataba da súa desatención ás tarefas da aula, ela atravesaría os anos sufrindo coa súa distractibilidade crónica, aínda que creativa, perdendo auto-estima, a medida que gañaba altura e peso. E hormonas. O seu compañeiro Flavinho, diagnosticado precozmente, non precisou pasar pola mesma carga de sufrimento.

(1) “Daniel O Pestinha” é o nome que ten en Brasil o personaxe “Daniel el Travieso”
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2011 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter