Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

Tempo cognitivo lento
En 1994 publicouse o DSM-IV (a nova versión do Manual de Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais) na que se inclúen os criterios de diagnóstico do TDAH. Para a elaboración dos mesmos, levouse a cabo un ensaio de campo no que se comprobou a utilidade de cada un dos criterios redactados. Dos resultados obtidos seleccionáronse aqueles ítems que tiñan mellores propiedades para un diagnóstico eficaz dos nenos e nenas con TDAH.

Entre os síntomas que finalmente non se incluíron, chamou a atención a presenza dun grupo deles que facía referencia a aspectos como: lentitude na resposta, estar ?perdido nunha nube?, ensoñación, hipoactividade,? Os nenos e nenas afectados non parecían casar coa idea típica do neno impulsivo, con exceso de mobidade, prototípico do TDAH.

Os investigadores denominaron a este patrón sluggish cognitive tempo. O adxectivo inglés ?sluggish? ten un significado aproximado ao de preguiceiro ou lento (é un derivado do substantivo ?slug?[lamáchega ou lesma]).

Os síntomas do sluggish cognitive tempo (SCT) aparecían asociados aos típicos da inatención (non escoitar cando se lle fala, non rematar as tarefas, evitación das tarefas que requiren esforzo mental,?), mais os nenos e nenas que presentaban SCT no tiñan síntomas de inquietude e impulsividade, mentres que outros nenos e nenas etiquetados como predominantemente inatentos si soían presentar algún grao das anteriores.

Como sinalabamos, finalmente os síntomas de SCT non foron incluídos nos criterios do DSM-IV debido a certos problemas metodolóxicos, sen embargo desde entón diversos estudos veñen levándose a cabos sobre este peculiar perfil.

Os investigadores soen coincidir en que os nenos e nenas con SCT forman un grupo bastante homoxéneo e, á vez, diferente do resto de TDAH?s en diferentes aspectos:

- Soen ter verdadeiros problemas atencionais que non aparecen relacionados co control da inhibición. Concretamente soen ter problemas de atención selectiva.

- Soen presentar problemas asociados de tipo internalizante (ansiedade, depresión), mentres que nos outros TDAH?s abundan en maior medida os problemas externalizantes (conduta oposicionista/desafiante,?).

- Soen padecer menos rexeitamento social, pero a miúdo sofren de maior illamento social (frecuentemente son ignorados polos seus compañeiros).

- Non soe existir diferenza na ratio nenos/nenas (ou existe en menor medida), ao contrario do que sucede no grupo xeral do TDAH, no que os casos de nenas son menos frecuentes que os de nenos.

- A miúdo presentan dificultades de tipo cognitivo, son lentos procesando a información.

- Son tamén frecuentes as dificultades de aprendizaxe, especialmente na lectura e o cálculo.

- Estas dificultades soen ter un carácter persistente, con pouca evolución ao longo do tempo (ao contrario que outros con TDAH no que os síntomas relacionados co exceso de mobilidade diminúen co tempo).

- Responden mellor ao tratamento con estimulantes en doses baixas e, de maneira xeral, as melloras que se producen son inferiores ás que se observan en nenos e nenas claramente impulsivos.

Diversos autores teñen considerado que o TDAH-Inatento con SCT é realmente un trastorno diferente do TDAH, ou ben un subtipo diferenciado do mesmo. Na revisión que se está a levar a cabo do DSM para elaborar o DSM-V (que sairá á luz en 2011) veremos cómo se aborda esta cuestión finalmente.

Na primeira (e creo que única) publicación en castelán sobre SCT, que é obra de Connie Capdevila Brophy, Josep Artigas Pallarés e Joan Obiols-Llandrich, denominaron o SCT como ?Tempo Cognitivo Lento? por resultar máis útil e facilmente comunicable ás familias dos afectados.

O artigo ao que nos referimos é:
Capdevila-Brophy, C., Artigas-Pallares, J., & Obiols-Llandrich, J.E. (2006). Tempo cognitivo lento: ¿síntomas del trastorno de déficit de atención / hiperactividad predominantemente desantento o nueva entidad clínica? Revista de Neurología, 42 (2): 127-134.

Podes baixar o artigo aquí
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2008 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0