Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

O Consenso sobre o TDAH
Unha caricatura anti-TDAH¿Sabemos todo sobre o TDAH?
¿As súas causas, os seus mecanismos de acción,..?
A resposta é claramente non.

Hoxe en día,o papel que desenvolven as distintas zonas cerebarias, os neurotransmisores implicados, a herencia xenética fronte a outros factores desencadeantes, merecen grande debate entre os investigadores.

A nivel dos mecanismos psicolóxicos implicados, ¿é o trastorno debido principalmente a un déficit no control inhibitorio, ou é máis ben a memoria operativa a responsable principal, ou ben o primordial son os mecanismos de autoregulación da activación, ou poida que o importante sexa o mecanismo de control da demora?

Distinguir o papel de cada un destes mecanismos é unha das vías para acrecentar o grao de saber sobre o TDAH.

Mais estes debates transcorren no eido científico e aséntanse sobre as bases de elementos que non son obxecto de discusión posto que existe acordo xeral entre os investigadores.

Non obstante, nos EE.UU. ten surxido un forte debate, procedente de sectores de fóra da comunidade científica: Desde a grande campaña da Igrexa da Ciencioloxía, ata teorías que explican o TDAH das maneiras máis pintorescas: como resultado dos edulcorantes na dieta, como 'peculiaridade' evolutiva,...

Non se trata so de voces exóticas con pouco eco social, senmón que mesmo se teñen promovido campañas que incluíron comisións parlamentarias de investigación e con gran eco nos medios de comunicación.

Fronte a este estado de cousas a principios de 2002, algúns dos máis importantes científicos deste eido, seguindo unha inicativa de Russel Barkley, promoveron unha declaración internacional de consenso, na que afirman diante da prensa e da opinión pública cal é a súa consideración compartida solidamente sobre o que é o TDAH e as súas características principais.

A continuación vén a súa traducción:

O grupo abaixo asinante de científicos internacionais, estamos profundamente preocupados sobre a representación periódica e inexacta do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) nos medios de comunicación.

Este é un trastorno co cal estamos familiarizados e ao que moitos de nós, dedicamos non só os nosos traballos de investigación científica, senón toda a nosa carreira. Tememos que as historias inexactas que presentan o TDAH como mito, fraude, ou condición benigna poidan levar a milleiros de vítimas a non buscar tratamento. Isto tamén deixa ao público cun sentido xeral de que este trastorno non é válido ou verdadeiro e que consiste nunha aflición bastante trivial.

Creamos esta declaración consensuada sobre o TDAH como referencia do estado dos resultados científicos vinculados con este trastorno, a súa validez, e o seu impacto adverso nas vidas das persoas diagnosticasdas co trastorno, ao momento de escribirse o presente Consenso (xaneiro de 2002).

A cobertura mediática ocasional do trastorno en notas xornalísticas é confeccionada ao xeito dos eventos deportivos, nos que os competidores son enfrontados de xeito nivelado, coma se fosen iguais. As opinións dun puñado de profesionais non-expertos que afirman que o TDAH non existe ponse en contraste coas visións da corrente principal de científicos que si afirman a existencia do TDAH, coma se ambas opinións tivesen mérito similar. Tales intentos de equilibrio dan ao público a impresión que existe un substancial desacordo científico sobre se o TDAH é unha condición médica verdadeira.

De feito, non hai tal desacordo, polo menos, non máis que sobre se o fumar causa o cancro, por exemplo, ou se un virus causa a SIDA.

O United States Sugeon General, a Asociación Médica Americana (AMA), a Asociación
Psiquiátrica Americana (APA), a Academia Americana de Psiquiatría do Neno e do Adolescente (AACAP), a Asociación Psicolóxica Americana, e a Academia Americana de Pediatría (AAP), entre outras, todos recoñecen o TDAH como un diagnístico válido. Aínda que algunhas destas organizacións teñen publicado pautas para a avaliación e tratamento do trastorno para os seus profesionais, esta é a primeira declaración de consenso publicada por un consorcio independente de científicos, principais referentes, con respecto ao estado actual do trastorno. Entre os científicos que dedicaron anos, se non as súas carreiras enteiras, ao estudo deste trastorno non hai controversia con respecto á súa existencia.

TDAH e Ciencia

Non poderemos salientar nunca o suficiente, como un feito de natureza científica, que a afirmación de que o TDAH non existe, é simplemente incorrecta. Todas as asociacións e axencias médicas principais da saúde do goberno recoñecen o TDAH como un trastorno real, porque a evidencia científica que así o indica é abafadora.

Téñense empregado abordaxes variadas para establecer se unha condición alcanza os niveis requiridos para ser considerada un trastorno médico ou psiquiátrico válido. Unha de gran utilidade, estipula que debe haber evidencia científica de que quen sofre tal condición padece unha deficiencia ou a falta seria dun mecanismo físico ou psicolóxico que sexa universal aos seres humanos. É dicir, sería esperable que todos os seres humanos normalmente, sen importar cultura, desenvolvesen esa capacidade mental.

E debe haber evidencia científica igualmente indiscutible de que esta seria deficiencia
conduce a danar ao individuo. O dano pode establecerse sobre diferentes bases: a
mortalidade, a morbilidade, ou a debilitación crecente nas actividades principais da
vida, requiridas nas distintas etapas do ciclo vital. As actividades importantes da vida
abarcan aqueles dominios de funcionamento tales como a educación, as relacións sociais, o funcionamento familiar, a independencia e a autosuficiencia, e espérase, que o funcionamento ocupacional de cada nivel de desenvolvemento se realice do xeito esperado ao momento do ciclo vital en que se atopa.

Como foi testemuñado polos científicos que asinan este documento, non hai cuestionamento ou dúbida entre os directores de investigación clínica no mundo, de que o TDAH implica unha deficiencia en varios destes dominios e que estas supón un
prexuízo serio para a maioría dos individuos que padecen o trastorno.

A evidencia actual indica que o déficit na inhibición do comportamento e a atención sostida é central a este trastorno --- feitos demostrados por medio de centenares de estudos científicos. E non hai dúbida de que o TDAH conduce a debilitar actividades vitais importantes, incluíndo as relacións sociais, a educación, o funcionamento familiar e ocupacional, a autosuficiencia, e a adherencia ás regras, normas, e leis sociais. A evidencia tamén indica que as persoas con TDAH son máis propensas a sufrir lesións físicas e envenenamentos accidentais. Esta é a razón pola cal ningunha organización médica, psicolóxica, ou científica profesional dúbida a existencia de TDAH como un trastorno lexítimo.

As deficiencias centrais nas persoas con TDAH foron relacionadas a través de numerosos estudos, utilizando diversos métodos científicos, con varias rexións específicas do cerebro (o lóbulo frontal, as súas conexións cos ganglios basais e as áreas centrais do cerebelo). A maioría dos estudos neurolóxicos atoparon que os que padecen TDAH teñen menor actividade eléctrica e amosan menor reactividade aos estímulos nunha ou máis das rexións mencionadas. Ademais, os estudos con técnicas de neuroimaxe sobre grupos de pacientes con TDAH, tamén demostran áreas relativamente máis pequenas da materia cerebral e menor actividade metabólica que nos casos dos grupos de control usados en tales estudos.

Estas mesmas deficiencias psicolóxicas na inhibición e a atención atopáronse en numerosos estudos de xemelgos idénticos e fraternais, levados a cabo en diversos países (os EE.UU., Reino Unido, Noruega, Australia, etc.), que sinalan que o TDAH é, sobre todo, herdado. A contribución xenética a estes achados é, xeralmente considreada como entre as altas entre os trastornos psiquiátricos coñecidos (70-95% de variación da herencia na poboación), achegándose, á contribución dos xenes, no establecemento da talla humana.

Recentemente, demostrouse que un xene está, asociado, de xeito fiable, con este trastorno e tal investigación está sendo levada a cabo neste momento, por máis de 12 equipos científicos diferentes en todo o mundo.

Numerosos estudos de xemelgos demostran que o ambiente non produce unha diferenza significativa e separada nestes patróns. Isto non quere dicir, que o ambiente, as pautas parentais para educar ao neno, os sucesos estresantes, ou as relacións anormais cos pares sexan pouco importantes ou que non teñen ningunha influencia nos individuos que padecen esta desorde, como o fan certamente.As tendencias xenéticas exprésanse na interacción co ambiente.

Tamén, os que padecen TDAH teñen a miúdo outros trastornos e problemas asociados, algúns dos cales relaciónanse claramente cos seus ambientes sociais. Pero o si quere dicir, a afirmación inicial deste parágrafo, é que as deficiencias psicolóxicas que abarca o TDAH non son nin unicamente nin principalmente, o resultado destes factores ambientais.

Esta é a razón pola cal os científicos internacionais máis destacados, como os abaixo
asinantes, recoñecen a crecente evidencia neurolóxica e xenética deste trastorno. Estas evidencias, xunto cos incontables estudos sobre os prexuízos asociados co trastorno e os centenares de estudos sobre a eficacia da medicación, reforzan a necesidade de que en moitos -aínda que de ningún xeito todos os casos- se leve a cabo o tratamento por mediante terapias combinadas. Incluíndo a medicación, combinada con intervencións educativas, familiares e sociais.

E isto en rechamante contraste coas opinións enteiramente acientíficas dalgúns críticos sociais en medios xornalísticos, de que o TDAH constitúe un fraude, que a mediación para as persoas afectadas é cuestionable e mesmo rexeitable; e que calquera problema do comportamento asociado a TDAH é simplemente o resultado de problemas no fogar, visión excesiva da TV ou xogar dos vídeo xogos, dietas, carencia do amor e/ou atención, ou á intolerancia dos docentes ou a escola.

O TDAH non é unha desorde benigna e a quen o padece pode causarlle problemas devastadores. Os estudos de seguimento de mostras clínicas suxiren que os que o padecen teñen moita maior probabilidade de fracasar no sistema educativo (32-40%), de apenas rematar os estudios universitarios (5-10%), que tenden a ter poucos ou ningúns amigo (50-70%), que obteñen traballos de natureza inferior (70-80%), que presentan maiores posibilidades de involucrarse en actividades antisociais (40-50%), e maior tendencia a consumir tabaco ou drogas ilícitas que a poboación normal.

Máis aínda, os nenos e nenas que medraron con TDAH teñen máis probabilidade de teren embarazos na adolescencia (40%) e de padecer enfermidades de transmisión sexual (16%), de conducir con exceso velocidade excesiva e ter accidentes de tráfico, padecer depresión (20-30%) e trastornos de personalidade (18-25%) como adultos, así como outros xeitos de manexaren de forma inapropiada as súas vidas, póndoas en risco.

A pesar destas serias consecuencias, os estudos indican que menos da metade daqueles que padecen o trastorno están recibindo tratamento. Os medios de comunicación poden axudar de xeito substancial a mellorar estas circunstancias. Isto poden facelo
presentando o TDAH e os feitos científicos sobre o mesmo do xeito máis exacto e responsable que sexa posible, e non dando eco propagandístico a críticos e doutores marxinais, que manteñen o empeño de facer crer ao publico que non estamos fronte a un trastorno verdadeiro.

Publicar historias sobre que o TDAH é un trastorno ficticio ou simplemente un conflito entre os Huckleberry Finn de hoxe en día e os seus coidadores é equivalente a declarar que a terra é plana, que a lei de gravidade é discutible e que a táboa periódica de elementos é unha fraude. O TDAH debe ser presentado nos medios de xeito tan realista e exacta como se fai na ciencia --como un trastorno válido que ten impactos variados e substanciais naqueles que o padecen e que non se debe a erros ou fallas propias, dos seus pais ou profesores.

Xaneiro de 2002

Se queres, podes descargar o artigo orixinal: PDF


Listado de asinantes

Russell A. Barkley
University of Massachusetts Medical School

Edwin H. Cook, Jr.
University of Chicago

Mina Dulcan
Children?s Memorial Hospital (Chicago)

Susan Campbell
University of Pittsburgh

Margot Prior
Royal Children?s Hospital (Parkville, Australia)

Marc Atkins
University of Illinois at Chicago

Christopher Gillberg
University of Gothenburg (Suecia)

Mary Solanto-Gardner
The Mt. Sinai Medical Center (New York)

Jeffrey Halperin
City University of New York

Jose J. Bauermeister
Universidad de Puerto Rico

Steven R. Pliszka
Health Sciences Center - University of Texas (San Antonio)

Mark A. Stein
George Washington Univ. Med. School (Washington)

John S. Werry
University of Auckland (Nova Zelanda)


Joseph Sergeant
Free University (Amsterdam)

Ronald T. Brown
Medical University of South Carolina

Alan Zametkin
Psiquiatra Infantil (Mariland)

Arthur D. Anastopoulos
University of North Carolina at Greensboro

James J. McGough
UCLA School of Medicine (Los Angeles)

George J. DuPaul
Lehigh University (Pennsylvania)

Stephen V. Faraone
Harvard University (Massachusetts)

Florence Levy
University of New South Wales (Australia)

Mariellen Fischer
Medical College of Wisconsin

Joseph Biederman
Massachusetts General Hospital and Harvard Medical School (Boston)

Cynthia Hartung
Oklahoma State University

Stephen Houghton
University of Western Australia

Gabrielle Carlson
State University of New York at Stony Brook

Charlotte Johnston
University of British Columbia (Canada)

Thomas Spencer
Harvard Medical School and Massachusetts General Hospital (Boston)

Thomas Joiner
Florida State University

Rosemary Tannock
Hospital for Sick Children (Toronto ? Canada)

Adele Diamond
University of Massachusetts Medical School

Carol Whalen
University of California at Irvine

Stephen P. Hinshaw
University of California at Berkeley

Herbert Quay
University of Miami

John Piacentini
UCLA Neuropsychiatric Institute

Philip Firestone
University of Ottawa (Canada)

Salvatore Mannuzza
New York University School of Medicine

Howard Abikoff
New York University School of Medicine

Keith McBurnett
University of California at San Francisco

Linda Pfiffner
University of California at San Francisco

Oscar Bukstein
Western Psychiatric Institute and Clinic (Pittsburgh, Pennsylvania)

Ken C. Winters
University of Minnesota

Michelle DeKlyen
Princeton University (New Jersey)

Lily Hechtman
McGill University, Montreal Children?s Hospital (Montreal ? Quebec)

Caryn Carlson
University of Texas at Austin

Donald R. Lynam
University of Kentucky

Patrick H. Tolan
University of Illinois at Chicago

Jan Loney
State University of New York at Stony Brook

Harold S. Koplewicz
New York University Child Study Center

Richard Milich
University of Kentucky

Laurence Greenhill
Columbia University

Eric J. Mash
University of Calgary (Canada)

Russell Schachar
Hospital for Sick Children (Toronto ? Canada)

Eric Taylor
Institute of Psychiatry (Londres)

Betsy Hoza
Purdue University (Indiana)

Mark. D. Rapport, Ph.D.
University of Central Florida

Bruce Pennington
University of Denver (Colorado)

Anita Thapar
University of Wales College of Medicine (Gales- Reino Unido)

Ann Teeter
University of Wisconsin

Stephen Shapiro
Auburn University (Alabama)

Avi Sadeh
Tel-Aviv University (Israel)

Bennett L. Leventhal
University of Chicago

Hector R. Bird
Columbia University

Carl E. Paternite
Miami University

Mary A. Fristad
Ohio State University

Brooke Molina
University of Pittsburgh School of Medicine (Pennsylvania)

Sheila Eyberg
University of Florida

Rob McGee
University of Otago Medical School (New Zealand)

Terri L. Shelton
University of North Carolina

Steven W. Evans
James Madison University (Virginia)

Sandra K. Loo
University of California, Los Angeles

William Pelham, Jr.
State University of New York at Buffalo

J. Bart Hodgens
University of Alabama at Birmingham

Terje Sagvolden
University of Oslo (Noruega)

Thomas E. Brown
Yale University School of Medicine (Connecticut)

Daniel F. Connor
University of Massachusetts Medical School

Daniel A. Waschbusch
Dalhousie University (Halifax ? Canada)

Kevin R. Murphy
University of Massachusetts Medical School

Michael Aman
Ohio State University

Blythe Corbett
University of California, Davis - Sacramento

Deborah L. Anderson
Medical University of South Carolina

Lisa L. Weyandt
Central Washington University

Michael Gordon
Syracuse University (New York)

Lawrence Lewandowski
Syracuse University (New York)

Erik Willcutt, Ph.D.
University of Colorado
Ver o texto orixinal
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2007 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Wow, cool man, big thanks!#blgtk08# http://iclcxkjmdsrteu.com
Comentario por hwzyoxcyhk (26-04-2008 00:34)
2
Be it refined coach outlet online coats from discount coach purses or an easy pull-over from DC Hats, you'll still be getting excellence in modern tailoring as both coach outlet lines are created by the same coach factory outlet designer.

http://www.coachpursesfactoryoutlets.net
http://www.dchatstore.net/
http://w#blgtk08#ww.coachoutletwebsfactory.com/
http://www.coachpursesfactoryoutlets.net/
http://www.coachoutletusaonlinee.com/
http://www.coachoutletwebsfactory.com/
http://www.louisvuittonoutletonline.co.uk/
http://www.dchatstore.net/
http://www.coachoutletwebonline.org/
http://www.coachoutletfactorysale.net/
Comentario por coach outlet online (29-08-2012 06:00)
3 http://www.coachoutletpursee.com/ Coach Purses Outlet
http://www.coachoutletsonline-purses.org/ Cheap Coach Purses
http://www.coachoutlet--canada.net/ Coach Outlet Online
http://www.coachfactorybagss.com/ Coach Factory
http://www.coachsoutlet2you.net/ Coach Outlet Online
http://www.get-coachoutletsonline.com/ Coach Outlet Online
h#blgtk08#ttp://www.louisvuittonpurseoutletss.net/ louis vuitton purses
http://www.coachoutletusaonline2012.org/ Coach Outlet Online
http://www.coachfactorystorese.org/ Coach Factory
http://www.coachoutletushop.org/ Coach Outlet
http://www.buycoachoutletsfactory.net/ Coach Outlet
http://www.coachoutletpursee.com/ http://www.coachoutletpursee.com/
Comentario por Coach Outlet Online (05-09-2012 14:41)
4 God helps those wh#blgtk08#o help themselves.
Comentario por Tory Burch Outlet (09-10-2012 02:51)
5 from the fact of their hav#blgtk08#ing the right of voting,
Comentario por North Face (20-11-2012 03:02)
6 http://coachfactoryoutletonsell.com
For the purpose of timeless fashionistas, get a gentle chiffon or even #blgtk08#wide lace top generated clutch case for old pigments along the lines of rustic off white as well as washed out red
Comentario por Coach Factory Outlet (23-11-2012 08:21)
7 Welcome to Michael Kors Factory Outlet Store! http://www.michaelkorsfactorysoutletonline.#blgtk08#com/ michael kors outlet Online is specialized in Michael Kors Bags with multiple styles
Comentario por michael kors outlet (02-05-2013 12:04)
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0