Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

O TDAH é preditor do fracaso e abandono escolar
Hai poucos meses publicouse un estudo titulado Fracaso y abandono escolar en España, que foi dirixido polo sociólogo Mariano Fernández Enguita. É un interesante documento para todos os que dunha maneira ou outra temos relación co mundo da educación (podes descargalo aquí).

Despois da súa lectura quedei algo sorprendido de que no seu contido non se fixese ningunha mención a problemas como o TDAH como unha causa de fracaso e abandono escolar, sendo estes uns efectos ben coñecidos polos investigadores entre as consecuencias negativas deste trastorno.

É certo que o TDAH afecta a unha pequena parte dos escolares (arredor do 5%) e o fracaso e o abandono escolar afectan na nosa sociedade a un número moi alto de alumnado (arredor do 30%), non obstante, coñecer as importantes consecuencias deste trastorno creo que axuda a ter un mellor coñecemento sobre a problemática do rendemento escolar.

Nesta liña, un novo estudo publicarase proximamente no que se analiza o efecto do TDAH sobre o fracaso e o abandono escolar nos EE.UU. Os autores (J. Breslau e colegas) pertencen á Universidade de California en Davis (Sacramento). Xa comentamos outro estudo seu neste post que tiña algunha relación con este último traballo.

Nesta ocasión os investigadores tentaron dar resposta a unha cuestión: influén os trastornos no atraso e abandono escolar?

Os autores traballaron de maneira retrospectiva, é dicir, analizaron as repeticións de curso dunha ampla mostra representativa da poboación dos EE.UU formada por case 30.000 entrevistas. Ao facelo desta maneira, analizaron os datos de mozos, pero tamén de persoas de maior idade, por tramos (desde os 18 ata máis de 60 anos), cando eran estudantes.

Como noutros estudos, atoparon resultados que son familiares: Os homes repetiron curso máis que as mulleres, os hispanos e afroamericanos máis que os caucasiáns, os inmigrantes máis que os nacidos no país, e os dos estados do sur máis que o os do norte.

Pero ademais a existencia dalgún trastorno psiquiátrica tamén foi considerada, resultando que todos os analizados representan algún nivel de impacto negativo sobre a repetición de curso. Hai que ter en conta que algúns trastornos (por exemplo a maioría dos trastorno de ansiedade) representaban un factor leve e que ademais, debido á frecuente co-ocorrencia de varios trastornos na mesma persoa, é difícil saber en qué contribuíu cada un deles.

Empregando técnicas estatísticas para controlar estes aspectos, Breslau e os seus colaboradores puideron finalmente establecer que moitos deses trastornos por si sos teñen un efecto non significativo sobre as repeticións de curso. Sen embargo, outros si afectan dunha maneira independente e decisiva. E entre estes, o TDAH, en todos os seus subtipos, figura no cume dos que maior impacto provocan. De maneira que a probabilidade de repetir curso ou abandonar os estudo antes da súa fin é o dobre entre os que teñen TDAH con respecto aos que non teñen ningún trastorno.

"A maioría da xente cre que os estudantes que exteriorizan o seu comportamento, que menten ou rouban, son os máis propensos a abandonar a escola. Pero nós atopamos que aqueles que teñen o subtipo combinado do TDAH ?o máis común- teñen unha maior posibilidade de abandono que os que teñen problemas de disciplina?, segundo manifestou Julie Schweitzer, unha das autoras do estudo.

O artigo comentado é: Breslau, J., Miller, E., Chung, J. e Schweitzer, J. (2010), Childhood and adolescent onset psychiatric disorders, substance use, and failure to graduate high school on time. Journal of Psychiatric Research, doi:10.1016/j.jpsychires.2010.06.014

Julie Schweitzer traballa no MIND Institute, un organismo da UC Davis dedicado á investigación sobre trastornos do desenvolvemento. Ademais das súas importantes investigacións, o MIND organiza ciclos de conferencias que podes ver ou descargar a través da rede (o inconveniente é que están en inglés). Desde esta ligazón podes ver a conferencia que Julie Schweitzer deu o pasado 6 de agosto sobre TDAH con título ?ADHD Current Research, Assessment, and Treatment Status?. Ao longo da mesma, coméntanse os resultados do estudo que vimos de revisar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2010 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Por unha universidade libre de pseudociencia e oscurantismo
Neste post quero sumarme á iniciativa do blog La Ciencia y sus Demonios, no que vén de publicarse un Manifesto por unha universidade libre de pseudociencia e oscurantismo.

A cousa vén a conto pola recente proliferación nas universidades españolas de actos ?académicos? sobre pseudociencias como o espiritismo, astroloxía, acupuntura, homeopatía,? e en concreto como protesta pola recente creación dunha Cátedra de Homeopatía na Universidade de Zaragoza.

Na ligazón podes ler o Manifesto e, se queres, asinar a túa adhesión ao mesmo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2010 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0