Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

O baixo peso e o nacemento prematuro poden predispoñer ao TDAH
Noutra entrada anterior na que comentabamos a relación de determinados factores ambientais co risco de desenvolver TDAH, temos falado do estudio de Aarhus, un traballo no que se seguiu a miles de nenos e nenas nacidos nesa localidade danesa

Nesta entrada comentaremos os resultados atopados polos investigadores sobre a relación entre o baixo peso ao e a prematuridade nacer e o risco de desenvolver TDAH.

Segundo os resultados do estudio, os nenos e nenas nacidos antes das 34 semanas de xestación presentan tres veces máis posibilidades de ter TDAH que os/as nacidos/as a termo. Así mesmo, os nacidos entre a semana 34 e a 36 teñen un 80% máis de posibilidades de teren TDAH.

Por outra banda, entre os nacidos a termo, o baixo peso tamén resultou ser un factor de risco para o TDAH: Os nacidos con menos de 2.500 gramos (de 1.500 a 2.499) presentaron o dobre de risco que os nacidos con máis de 3.000 gramos ao nacer, mentres que para os nacidos con un peso entre 2.500 gramos e 3.000 o incremento do risco foi dun 70%.

A vía pola que estes factores afectan aos nenos e nenas non está aínda clarexada. Unha posibilidade é a falta de osíxeno dane o complexo estriado dos ganglios basais (unha rexión cerebral implicada no desenvolvemento do TDAH) e se incrementen o número de receptores dopaminérxicos nas neuronas desa zona.

Numerosos estudios se tiñan dirixido previamente a examinar a relación entre o TDAH e a prematuridade/baixo peso, mais xeralmente os nenos e nenas estudados eran de moi baixo peso (<1.500grs.) así como de menos de 34 semanas de xestación. Sen embargo o estudio de Aarhus veu engadir evidencia de que en condicións consideradas como menos desfavorables, persiste ?aínda que en menor medida- un incremento do risco de presentar TDAH.

Recentemente, outro estudio en Holanda vén de confirmar resultados semellantes: Nun estudio levado a cabo con 377 nenos e nenas que non presentaron ao nacer problemas que requirisen coidados intensivos e tiñan unha idade xestacional media de 34,7 semanas, foron avaliados cando tiñan oito anos e foron comparados con outros 182 nenos da mesma idade nacidos a termo. Entre outros aspectos estudados (especialmente dificultades escolares) tamén apareceron un número maior de problemas relacionados co TDAH (de modo especial, os relacionados co déficit atencional) no grupo de nenos e nenas prematuros.

Os artigos comentados son:

Linnet, K.M., Wisborg, K., Agerbo, E., Secher, N.J., Thomsen, P.H. e Henriksen, T.B. (2006). Gestational age, birthweight and the risk of hyperkinetic disorder. Archives of Disease in Childhood, 91(8):655-660

van Baar, A.L., Vermaas, J., Knots, E., de Kleine, M.J.K. e Soons, P.(2009) Functioning at School Age of Moderately Preterm Children Born at 32 to 36 Weeks' Gestational Age. Pediatrics, 124: 251-257
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2009 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0