Lecturas de TDAH


Lecturas sobre o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

O meu perfil
lecturasdetdah@gmail.com
 Categorías
 DESTACADOS
 RECOMENDADOS
 Buscador
 Buscar Blogs Galegos
 Arquivo
 ANTERIORES

Ideas Equivocadas sobre a Atención e a Forza da Vontade
Traducción dun fragmento do capítulo 'Misconceptions about Focus and Willpower' do libro: Attention Deficit Disorder. The Unfocused Mind in Children and Adults.
de Thomas E. Brown (2005)



Mito: O TDAH é soamente falta forza de vontade. As persoas con TDAH céntranse ben nas cousas que lles interesan e poderían centrarse en calquera outra tarefa se realmente quixesen.

Realidade: O TDAH parécese moito a un problema de falta de vontade, pero non o é. Esencialmente é un problema químico nos sistemas cerebrais de control.



A maioría das persoas que sofren un deterioro na capacidade para prestar atención, son quen, con todo, de centrar a súa atención moi ben en actividades que lles interesan. ¿Por que entón non poden prestar atención a outras actividades que recoñecen como importantes? Para contestar a este enigma, temos que mirar máis coidadosamente os moitos aspectos da atención, recoñecendo que os procesos da atención no cerebro humano son máis complexos e sutís do que imaxinamos. Unha forma para entender a complexidade da atención é escoitar coidadosamente cómo os pacientes con TDAH describen as súas loitas coa inatención. Convídoos a coñecer a un paciente meu, un adolescente xogador de hóckey ao que chamarei Larry:

Larry, un mozo robusto, de pelo louro, estudante de secundaria, estaba sentado no meu despacho cos seus pais mentres comezamos a nosa primeira sesión xuntos. Mentres se presentaban, os pais mencionaron que o equipo do hóckey de Larry acababa de gañar o campionato do estado. Contaron orgullosos o ben que o mozo xogara. Era o porteiro do equipo e parara con éxito trinta e catro tiros ao longo do campionato e conducira ao seu equipo á vitoria. Larry sorriu modesto, pero con pracer obvio e ben merecido.

Entón o pai de Larry expuxo o seu dilema. Cando el está xogando ao hockey, é asombroso cómo presta atención a todo o que ocorre. Sabe onde está o disco en cada segundo. Protexe a portería e ao mesmo tempo mira o que os outros están facendo e axuda ao seu equipo a manterse organizado e motivado. El está sempre totalmente implicado e enchufado no partido. “Pero na escola”, o seu pai continuou, “é unha historia completamente distinta. Sabemos que Larry é moi brillante. As súas puntuacións nas probas de cociente intelectual están no rango superior, no 3% superior. Xeralmente nos exames do semestre saca boas notas e fixo moi ben o PSAT, pero o seu traballo cotián e o seu caderno de notas son sempre un sube e baixa. Desde sobresaíntes ata case suspender” “Sabemos que Larry desexa sacar boas notas. Sempre está falando de que quere estudar Medicina e de que necesita subir as súas notas para poder entrar nunha boa universidade. Pero o seu traballo escolar sempre foi totalmente inconsistente. Ás veces vémolo quedar ata as tantas a facer un traballo ou estudar un tema, pero a maior parte das veces deixa os seus traballos para máis tarde e acaba non facéndoos. Estamos constantemente recibindo queixas dos seus profesores, as mesmas frustracións cada ano.” “Din que Larry fará de cando en vez un comentario en clase que demostra o listo que é, o ben que pode facer calquera actividade que se estea levando a cabo na aula. De cando en vez presentará un traballo. Pero a maior parte do tempo, os profesores quéixanse de que Larry non está traballando e “pasa de todo”. Non é que teña un problema de comportamento, senón que está mirando pola fiestra ou fixamente ao teito. A miúdo, nos comentarios de texto, Larry nin sequera sabe en que páxina están. E sempre nos están dando notas e informes de que entregou fóra de prazo as tarefas, ou simplemente que non as fixo.” “Cómo pode Larry ser tan asombrosamente bo en prestar atención ao hóckey, pero ser tan asombrosamente malo en prestar atención ás súas tarefas escolares”

Larry estivera mirando fixamente a alfombra mentres o seu pai falaba, pero entón levantou a cabeza. Os seus ollos estaban húmidos e dixo tranquilamente aos seus pais, “non sei por que sucede isto. Síntome frustrado e máis preocupado por isto ata do que vós estades. Cando vin o meu último boletín de notas, fun á miña habitación e boteime a chorar.” “Sei o que teño que facer e realmente desexo facelo porque sei o importante que é para o meu futuro na vida. Intento facelo como no hóckey. Consígoo durante un pouquiño, nun traballo ou nunha clase. Pero a maioría do tempo non podo conseguilo, simplemente non podo”. “Realmente quero, e sei que debería poder facelo; pero simplemente non podo. Simplemente non podo prestar atención constante ao meu traballo na escola da mesma xeito que presto atención cando estou xogando ao hóckey”.

Un dilema moi similar foi experimentado por Mónica, unha rapaza tímida de quinto curso que foi baixando a cabeza segundo a súa nai me describía iradamente os seus problemas na escola.

Os seus profesores din que non pode prestar atención máis de tres minutos. ¡Sei que non é verdade! Vina xogando á Nintendo. Pode xogar a eses videoxogos durante tres horas sen moverse. E o profesor di que se “distrae facilmente”. ¡Que bobada! Cando está xogando aos videoxogos está tan enfocada na pantalla como un láser. Cando está xogando, o único xeito en que podes conseguir que te atenda é poñerte diante dela ou simplemente apagando a tele.
Fixen todo que se me ocorreu para conseguir que mellorase na escola. Conseguín que me desen informes diarios de como ía e premiábaa cando traballaba ben. Intentei subornala con recompensas por bo traballo. Intentei castigala, quitarlle a Nintendo ou que quedase na súa habitación castigada. Nada funciona. Sei que pode prestar atención cando ela realmente quere. Non sei que máis podo facer. Ela non é unha nena boba nin tampouco unha nena mala, pero se non empeza a prestar atención pronto, nunca vai ir mellor na escola do que fun eu. Nunca acabei a secundaria e realmente laméntoo. Desexo algo mellor para ela. ¡Se puidese conseguir que prestase atención ao traballo escolar como presta atención a eses videoxogos!

Todos aos que avaliei sobre problemas crónicos coa inatención teñen algúns dominios de actividade onde poden prestar atención sen ningunha dificultade. Algúns son artistas; debuxan e pintan con gran atención. Outros son pequenos enxeñeiros infantís que constrúen marabillas cos bloques de Lego e, anos máis tarde, reparan motores de coche ou deseñan redes de computadores. Algúns outros son músicos que pasan horas en aprender os acordes para unha nova canción ou para compoñer unha nova peza musical.

A atención e a forza de vontade

Os exemplos de Larry e de Mónica tráennos de novo ao enigma central da inatención crónica: ¿Como pode alguén que é moi bo en prestar atención a algunhas actividades non poder prestar suficiente atención a outras tarefas sabendo que son importantes e realmente desexando logralo? Cando fixen esta pregunta a pacientes con TDAH, a maioría responden con algo como: “¡É fácil! Se é algo que realmente me interesa, podo prestarlle atención. Se non me é interesante, non podo prestarlle atención, por máis que o desexe”. A maioría da xente responde a este argumento con escepticismo. “Iso pásalle a todo o mundo”, din. “Todo o mundo atende mellor a algo que lle interesa que a algo que non lle interesa.” Si, pero para algúns individuos hai unha diferenza importante. A maioría da xente, cando se enfronta a algo que lle aburre, pero sabe que é importante, pode conseguir centrarse na tarefa. Pero algúns carecen esta capacidade a menos que as consecuencias de non prestar atención sexan moi inmediatas e severas. Un executivo de mediana idade, Henry, ao que diagnosticara trastorno por déficit de atención, unha vez díxome:

Teño un exemplo sexual de como é ter TDAH. É como ter impotencia mental. Se a tarefa que estás intentando facer é algo que “te pon”, estás “a tope” e funcionas” pero se a tarefa que estás intentando non che interesa intrinsecamente, entón “non te pon e non funcionas” ¡E non podes facer nada para que suceda! Non é un asunto de forza de vontade.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2007 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Muy bueno lo de Henry: ¡lo ha clavao! Aludir a la fuerza de voluntad lo único que consigue es crear culpabilidades, algo así como "lo estás intentando flojito".#blgtk08#
Enhorabuena por la página y gracias por toda esa información útil (aunque sea en gallego, personalmente me resulta más fácil entenderlo que el inglés).
Comentario por Zennya (18-12-2007 14:21)
Anímate! Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
hit counter