|
|
| A festa da lingua 2009 nos medios de comunicación |
|
Poño as ligazóns ao aparecido noa medios de comunicación que vin sobre a festa da lingua. Dentro duns días penso poñer fotos na fotoblogoteca.
Os medios de comunicación só recollen a nova na edición local:
La voz de Galicia introduce a nova noutra e incluso parece que relaciona a nosa festa coas actividades de fomento da lectura do Concello de Vilagarcía.
O Diario de Arousa recolle tamén a nova pero é imposible poñelo como ligazón aquí.
Tamén aparece n'A Nosa Terra
Faro de Vigo fai un seguimento un pouco máis completo da noticia (con algún erro xa que Marina Mayoral non estivo). Incluso na edición local de papel leva a foto de portada o acto.
Vieiros tamén leva o premio á súa edición dixital.
Pasando a blogs e páxinas de editoriais Francisco Castro no seu blog A Canción do Náufrago alégrase pola nova e por ser premiado.
As editoriais Xerais e Sotelo Blanco tamén comentan o feito de resultaren gañadoras do premio
Por último,a organización deste certame acolle con cariño o artigo de opinión de María Reimóndez. Moitas grazas a ti. Xornal |
|
|
|
|
| Gañadores da Quinta edición |
|
Na festa da lingua celebrada en Vilagarcía de Arousa o día 30 de abril fixéronse públicos os gañadores do premio Frei Martín Sarmiento. Son os seguintes
PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º de primaria)
RIVADULLA CORCÓN O sorriso de Claudia. Sotelo Blanco
SEGUNDA CATEGORÍA (3º a 5º de primaria)
CASALDERREY, Fina. A lagoa das nenas mudas.Xerais
TERCEIRA CATEGORÍA (6º a 2º de ESO)
CASTRO, Francisco. O ceo dos afogados. Xerais
CUARTA CATEGORÍA (3º de ESO a Bacharelato)
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN.O único que queda é o amor. Xerais
Noraboa a todos.
O gañador da quinta categoría saberase o día 29 de maio nun acto que se celebrará en Ourense. |
|
|
|
|
| Finalistas da quinta edición |
|
Xa temos os finalistas da quinta edición do premio. Este curso a rapazada que participe neste certame coma xurado terá que ler estes libros.
PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º de primaria)
CASALDEREY, Fina. Apertas de vainilla. Galaxia
CASALDERREY, Fina. Un cabalo de lume. Baía Edicións.
RIVADULLA CORCÓN O sorriso de Claudia. Sotelo Blanco
SEGUNDA CATEGORÍA (3º a 5º de primaria)
CASALDERREY, Fina. A lagoa das nenas mudas.Xerais
SÁNCHES CALVEIRO, Marcos. O carteiro de Bagdag. Tambre
MIRANDA, Xosé. A nena pálida. Tambre.
TERCEIRA CATEGORÍA (6º a 2º de ESO)
IMPLICADOS NO DESENVOL.O son das buguinas. Xerais
CASTRO, Francisco. O ceo dos afogados. Xerais
JAUREGUÍZAR. Plastilina nos pulmóns. Tambre
CUARTA CATEGORÍA (3º de ESO a Bacharelato)
NÚÑEZ SINGALA. Comedia Bífida. Galaxia
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN. O único que queda é o amor. Xerais
LEMA, Rafael. U-49. Tambre
QUINTA CATEGORÍA (adultos)
SENDE, Sechu. Made in Galiza.. Galaxia
SUMAI, Anxos. Así nacen as baleas. Galaxia
MAYORAL, Marina. Case perfecto. Xerais
|
|
|
|
|
| Gañadores da 4ª Edición do Premio |
|
Despois das votacións feitas por máis de 5000 alumnas e alumnos de 32 colexios xa sabemos os gañadores desta edición. Cómpre dicir que este ano as votacións estiveron máis igualadas ca nunca.
Primeira Categoría (1º e 2º de primaria)
BLANCO, Concha. Poemas para pintar. Sotelo Blanco
Segunda Categoría (3º a 5º de primaria)
SÁNCHEZ, Gloria. Dez piratas. Obradoiro
Terceira Categoría (6º de primaria a 2º de ESO)
ALFAYA, An. Zoa e Azor. Tambre
Cuarta Categoría (3º de ESO a Bacharelato)
VILLAR, Domingo. Ollos de auga. Galaxia
Noraboa aos premiados.
|
|
|
|
|
| A festa da lingua 2008 nos medios de comunicación |
|
Xa faltan días para que o día 30 de abril sexa a festa da lingua e con ela a entrega de premios desta cuarta edición.
Onte no Concello de Vilagarcía de Arousa houbo unha rolda de prensa para presentar esta actividade e hoxe os medios de comunicación locais fanse eco dela.
Podedes velo nestas ligazóns
La voz de Galicia
Faro de Vigo
Diario de Pontevedra |
|
|
|
|
| Festa da lingua 2008 |
|
Xa podemos confirmar importantes cambios deste curso con respecto á festa da lingua (entrega de galardóns do Premio Frei Martín Sarmiento).
Será o día 30 de abril no recinto feiral de FEXDEGA en Vilagarcía de Arousa.
O Concello de Vilagaría e a xerencia de FEXDEGA acolleron gustosamente esta inciativa. Terémosvos informados. |
|
|
|
|
| Fotos da festa |
|
Tardaron uns cantos días pero xa están as fotos da nosa festa.
Podedes velas na fotoblogoteca ou ligando aquí.
Grazas ao profesor Juancho das Filipenses e ao profesor Catoira dos Escolapios polo seu traballo nestas fotos. |
|
|
|
|
| Festa Rachada |
|
Mañán, a partires das 11.30 no Colexio de La Salle de Santiago haberá a festa da lingua para celebrar a entrega de premios da terceira edición do premio Sarmiento. Os gañadores tédelos abaixo. Por certo, na festa haberán un 1000 raparigos e raparigas. Será unha festa das dos sete estalos.
|
|
|
|
|
| Finalistas da 4ª Edición |
|
Isto bole. Aínda non entregamos os premios da terceira edición e xa está en marcha a cuarta. Xa empeza a haber centros inscritos e xa temos finalistas. Grazas a tódolos colaboradores nesta fase previa.
Categoría 1º e 2º primaria
BLANCO, Concha. Poemas para pintar. Sotelo Blanco
GAYOSO, Xulio. A banda de Vilacendoi. Kalandraka
FREIRE, Isabel. Glub, o incrible peixe- bala. Xerais
Categoría 3 a 5º de primaria
SÁNCHEZ, Gloria. Dez piratas. Obradoiro
CARBALLEIRA, Paula. Smara. Kalandraka
CORTIZAS, Antón. Era unha vez na quimbamba. Tambre
Categoría 6º a 2º de ESO
YAÑEZ CASAL, Antonio. Lóbez. (meiga moira). Baía Edicións
REIMÓNDEZ, María. Usha. Xerais
ALFAYA, An. Zoa e Azor. Tambre
Categoría 3º a 1º Bach.
CAAMAÑO, Adolfo, O paxaro do mel. Xerais
ALONSO, Fran. Cartas de amor. Xerais
VILLAR, Domingo. Ollos de auga. Galaxia
|
|
|
|
|
| Xa está en marcha a cuarta edición |
|
Xa está en marcha a cuarta edición do premio Frei Martín Sarmiento. Invítase a tódolos centros da FERE a participar. Que hai que facer? Ou ben pórse en contacto co ENL da FERE para que che manden a inscripción ou se estás incluído na lista de correo dese equipo collela alí. Hai de prazo ata o 28 de setembro. Non vos demoredes.
A inscripción hai que enviala ao enderezo electrónico do premio.
Dentro duns días dirase o nome dos finalistas desta edición. |
|
|
|
|
|
|
|