Velaquí algunhas delas:
En VIGO, sete colexios uníronse para teren Un Día con Rosalía e Un café con?
Compañía de María, María Auxiliadora, Miralba, Apóstol Santiago, El Pilar, Don Bosco e San José de Cluny dedicáronlle dous días á homenaxe. O xoves 22, orgnizaron Un café con? dirixido a adultos (profesorado, pais, nais e alumnado de Bach, e calquera persoa interesada) contaron coa presenza de Núñez Singala para tratar o tema dos prexuízos lingüísticos. O venres, obradoiros, recitais, xogos, cancións? ademais da colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, contribuíron a facer un Día de Rosalía, memorable.
OURENSE: o luns 25, no salón de plenos da Deputación de Ourense, tras a lectura dun manifesto por parte do coordinador de zona Xulio César Iglesias Blanco, o alumnado de Maristas, Josefinas, Carmelitas, Franciscanas e Salesianos recitarán varios poemas da autora, lerán un manifesto e cantarán algún dos poemas musicados da autora.
En LUGO, foron varios os colexios que conmemoraron este día. Entre eles, A Milagrosa que elaborou unha biografía en códigos QR da autora.
En FERROL, tamén foron varios centros que secundaron a iniciativa do ?caldo de Gloria?, entre eles o colexio Compañía de María.
En SANTIAGO, todos os centros da cidade se sumaron ao ?caldo de Gloria? ademais de organizar numerosos recitais e actividades de lembranza da súa figura.
Por último, a secretaria autonómica Juana Otero e a responsable de Innovación Pedagóxica e Dinamización Lingüística Charo Baleirón, tamén estiveron presentes na ofrenda á escritora realizada pola Fundación Rosalía de Castro na Alameda compostelá así como no acto que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos.
Tamén se fixeron eco das nosas actividades os medios como Faro de Vigo, La Voz de Galicia ou La Región
Premer O día de Rosalía
|