Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Finalistas da XX edición dos Premios Frei Martín Sarmiento. |
|
Infantil
Caderno de cores e cancións. Magín Blanco e Sonia García (ilustr.).
Galaxia
A pantasma colorida. Gema García e Rocío Pedreira (ilustr.). Hércules de Ediciones
1ª categoría
Contos que caben nunha man. Carlos López e Uxía Pin (ilustr.) Oqueleo
Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. Ramón
D. Veiga e Iván R. (ilustr.) Edicións Embora
2ª categoría
A pulga espacial. Xabier Domínguez e Alba de Evan. Cumio
Malvarina. Quero ser bruxa. Susanna Isern-Laura Proietti. Triqueta editora
3ª categoría
Ronia. A filla do bandoleiro. Astrid Lingrend. Sushi Books
Sálice e Sándala. Xoán Babarro. Antela Editorial
4ª categoría
Cicuta para dous. Rocío Leira. Xerais
Historias fascinantes da ciencia en Galicia. Edurardo Rolland e Manuel Rey. Edicións Embora
5ª categoría (tradución)
O misterio do cuarto amarelo. Gaston Leroux. Tradución: Laura Corral.
Aira editorial.
Un feiticeiro de Terramar. Historias de Terramar I. Úrsula K. Le Guin.
Tradución Tomás G. Ahola. Boadicea editora.
6ª categoría
Territorio descoñecido. Luis Leante. Rodeira-Edebé
A saga das curandeiras. Marisa Castro. Hércules de Ediciones
|
|
|
|
Día das Letras Galegas 2023 |
|
O Día das Letras Galegas é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria no idioma galego ou polo súa defensa de devandita lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codas, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas súas cantigas.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do “ Rexurdimento” ou renacemento cultural do Galego.
A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2023 a D. Francisco Fernández del Riego, impulsor do Día das Letras Galegas, un dos máis prolíficos e brillante ensaístas do século XX e parte do XXI e un excelente dinamizador da vida literaria, cultural e intelectual de Galicia ademais de embaixador da nosa cultura por todo o planeta.
FRANCISCO F. DEL RIEGO. LETRAS GALEGAS 2023
“DON PACO, UN DOS NOSOS”
Xa podedes ver o documental “Don Paco, un dos nosos”, un traballo excepcional, elaborado polo colexio Miralba, de Vigo. Desfrutaredes de trinta minutos, que se perciben como moi curtos, onde escoitaredes entre outras persoas destacadas e boas coñecedoras da vida e obra de Don Paco, a Ana María Fernández del Riego, irmá de don Paco que, con 101 anos, rememora anécdotas e detalles da personalidade do ilustre persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día da Letras Galegas.
“DON PACO, UN DOS NOSOS”
Fotos Día das Letras Galegas 2023
|
|
|
|
Gañadores da XIX edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec - Curta |
|
XIX EDICIÓN PREMIO LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO
Obras e autores gañadores na XIX edición.
INFANTIL
DIFERENTES, DIFERENZAS. Silvia Penide e Emilio Urberuaga (ilustr.), editado por Bululú.
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
A PITA XEFA de Marta Lado e María Seoane (ilustr.) Publicada por Baía Edicións.
2ª CATEGORÍA (3º, 4º)
CONTRA O RELOXO. Carlos Labraña, publicado por Galaxia.
3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP)
REI. Mónica Rodríguez. Rodeira-Edebé
4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO)
A CIDADE DO ÁTOMO. Iria Misa. Xerais.
5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO)
GOLPES DE LUZ. Ledicia Costas. Xerais
6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos) Categoría que recoñece o labor dos tradutores/as
O PAXARO BURLÓN. Gerard Durrell. Traducido por Moisés Barcia. Sushi Books.
Fotos Premios Frei Martín Sarmiento 2023
PREMIOS REC.CURTA 2023
1ª CATEGORÍA (6º EP, 1º, 2º e 3º ESO)
ACCÉSIT
Accésit á Música…
Amizade, realizada por alumnado de 2º ESO de Franciscanos de Lugo. Unha curta que trata o tema da Amizade na adolescencia visto desde distintas vertentes. O xurado quere destacar o excelente labor de Anxo Buíde á hora de compoñer e de integrar música orixinal nesta curta.
Accésit ao Mellor guión adaptado
Maruxa Inspirada en Conto de Nadal de Dikens, o alumnado de segundo de ESO do colexio María Inmaculada creou Maruxa onde unha avoa que nos lembra o valor do noso idioma e de como os maiores lle gardan agarimo e buscan transmitirllelo ás xeracións vindeiras.
Accésit ao labor de dirección…
As sombras dunha vida O xurado quere recoñecer e visibilizar o labor das mulleres á fronte da dirección no audiovisual e centrada no exilio de familias ucraínianas e na adaptación escolar dos nenos. Unha curta dirixida por Marta Dorelle.
PREMIOS Rec- curta 2023
Nesta ocasión, sentimos dicir que o xurado decidiu deixar deserto o Premio ao Mellor uso da lingua pois considerou que a calidade e o coidado lingüística non son valorables nesta edición.
MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Redes Sociais, realizada por alumnado do colexio María Inmaculada de Vigo. As RRSS facilitan o contacto coas persoas que están a distancia pero, a miúdo, esquecemos que tratamos con descoñecidos e non somos conscientes do risco que supoñen.
MELLOR ACTRIZ
Maruxa, o xurado quere recoñecer o labor de interpretación realizado por Uxía Barros dándolle vida á entrañable avoa da curta Maruxa e queremos destacar tamén o bo uso da lingua desta actriz pois logra con el, un personaxe redondo.
MELLOR ACTOR
O xurado decidiu por unanimidade recoñecer como mellor actor a… Pablo Pérez, pola súa interpretación de Pablo Antoneko en As sombras dunha vida, do colexio María Inmaculada.
MELLOR PELÍCULA
Amizade, dos Franciscanos de Lugo.
PREMIOS REC-CURTA 2023 2ª CATEGORÍA (4º ESO e Bacharelato)
ACCÉSIT
Accésit aos mellores efectos especiais
O entroido, unha Stop Motion ao redor do Entroido na provincia de Ourense realizada por alumnado de San Xosé de Ourense.
Accésit á música é a dirección,
O relatoIgual que na primeira categoría, cómpre destacar o labor de dirección e música realizado por Ángela , do colexio Santa María de Tui.
Accésit á promoción dos valores
Sempre ao teu carón, do colexio San José de Ourense.
PREMIOS
MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Aparencias, unha curta realizada por alumnado do colexio salesianos da Coruña, que consegue intigrar ao espectador cunha serie de desaparición nunha casa de turismo rural.
MELLOR ACTRIZ
Claudia Pereira e de Ángela González na curta O relato de Santa María de Tui.
MELLOR ACTOR
Víctor Salgado pola curtametraxe Eu son parvo.
MELLOR USO DA LINGUA
Moléculas, do colexio María Assumpta de Noia.
MELLOR CURTA ANIMACIÓN
Narcisos, unha obra que destaca por todo o traballo técnico e de montaxe e, sobre todo, por tratar cunha especial sensibilidade un tema que preocupa enormemente á sociedade actual como é o sucidio de adolescentes.
MELLOR PELÍCULA
Moléculas, curta realizada por alumnado de 4º de ESO do colexio María Assumpta de Noia.
Fotos Rec-Curta 2023
AS NOSAS CURTAS, NO FESTIVAL DE CANS
O 16 de maio, proxectáronse no Festival de Cans Moléculas, Narcisos e Amizade.
Fotos das nosas curtas en Cans
|
|
|
|
Finalistas da XIX edición dos Premios Frei Martín Sarmiento. |
|
Os libros e autores/as finalistas da décimo novena edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento deste curso 2022-2023 son os seguintes:
INFANTIL
Diferentes. Diferenzas. Silvia Penide. Emilio Urberuaga. Bululú
No faiado. Cristina Corral Soilán e Leandro Lamas. Edicións Embora
1ª CATEGORÍA (1º/2º Primaria)
O libro falador. Henrique Neira e Manuel Blanco. Fervenza Edicións
A pita xefa. Marta Lado e María Seoane. Baía Edicións
2ª CATEGORÍA (3º/4º Primaria)
Defectos monstruosos. Alberto Hontoria Maceín. Ilustracións de Nuría Díaz
Hércules de Ediciones
Contra o reloxo. Carlos Labraña e Fonso Barreiro. Galaxia
3ª CATEGORÍA (5º/ 6º Primaria)
Rei. Mónica Rodríguez e Ángel Trigo. Rodeira-edebé
A mestra corremundos. Arancha Nogueira e Ana Varela. Cuarto de inverno
4ª CATEGORÍA (1º/ 2º ESO)
Pegadas na tinta. Clara-Vila Amado. Oqueleo
A cidade do átomo. Iria Misa. Xerais
5ª CATEGORÍA (3º/4º ESO)
Un ewok no xardín. Pedro Ramos. Rodeira-Edebé
Golpes de luz. Ledicia Costas. Xerais
6º CATEGORÍA BACH e adultos
O xardín secreto. Frances Hodgson. Traducido por Carlos Freire. Aira Editorial
O paxaro burlón. Gerald Durrell. Traducido por Moisés Barcia. Sushi Books |
|
|
|
Gañadores da XVIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec - Curta |
|

XVIII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO
Obras e autores gañadores na XVIII edición. Parabéns!
A sede do Museo Pedagóxico de Galicia acollía o trece de maio o acto de entrega dos XVIII Premios Literarios Frei Martín Sarmiento, organizados por Escolas Católicas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lgtca. Máis de cen asistentes, entre os que se encontraban os galardoados/as, editores/as e representantes do alumnado asistiron ao evento, que foi dirixido pola presentadora da TVG, Lucía Veiga.
Tras a inauguración, que correo a cargo de Juana Otero, secretaria autonómica de EC, e de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, desveláronse os gañadores desta décimo oitava edición.
Os galardóns que outorga anualmente o alumnado de Escolas Católicas recoñeceron nesta ocasión a obras Luces sobre a ría de Roberto A. Rodrigues, publicado por Urco Editora, na categoría de Bacharelato e adultos.
O alumnado de 3º e 4º da ESO seleccionou Como lágrimas na chuvia, de Jordi Sierra i Fabra na súa edición de Galaxia, como obra predilecta na categoría de tradución, mentres os dous cursos anteriores preferiron O couso, de David Walliams para o galardón. O Plan de rescate de Antía Yáñez impúxose en 5º e 6º de primaria e Patio de luces de Erika Esmorís en 3º e 4º. Entre os dous primeiros cursos do ciclo Mortiña de Bárbara Cantini foi o predilecto, mentres no Ensino Infantil a selección decantouse por Como se di, de Lawrence Schimell e Thiago Lopes.
Por editoras, Xerais acumulou dous galardóns, mentres Sushi Books, Hércules de Ediciones, Galaxia e Urco levaron un. Preto de 3.000 membros do alumnado do país participou no proceso de selección a partir dunha serie de finalistas escolleito polo seu profesorado.
REC.CURTA
Foron 11 curtametraxes as candidatas aos premios REC.curta deste ano. Un certame que busca fomentar o uso da lingua galega no ámbito do audiovisual escolar.
A curtametraxe que obtivo o recoñecemento como Mellor Curta da primeira categoría, dirixida a alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, foi Máscaras, elaborada por alumnado do Colexio Franciscanos de Lugo, onde tratan o tema dos “efectos colaterais” do uso das máscaras durante a pandemia.
Na segunda categoría, foi a curta A luz escura a que se fixo co recoñecemento á mellor curta. Un proxecto elaborado por alumnado do colexio Esclavas da Coruña onde un grupo de amigos vende a súa alma para conseguir o que quere.
Ademais, cómpre destacar tamén o premio á Mellor curta de animación que recaeu en É cousa de todos, do colexio de San Xosé de Ourense.
INFANTIL
Como se di. Lawrence Schimell e Thiago Lopes (ilust.). Alvarellos Editora
1ª CATEGORÍA (1º/2º Primaria)
Mortiña. Bárbara Cantini. Hércules de Ediciones
2ª CATEGORÍA (3º/4º Primaria)
Patio de luces. Erika Esmorís. Xerais
3ª CATEGORÍA (5º, 6º Primaria)
Plan de rescate. Antía Yáñez. Xerais
4ª CATEGORÍA 1º/ 2º ESO
O couso. David Walliams. Sushi Books
5ª CATEGORÍA (3º/4º ESO)
Como lágrimas na chuvia. Jordi Sierra i Fabra. Traducido por Xesús Domínguez Dono. Galaxia
6º CATEGORÍA BACH e adultos
Luces sobre a ría. Roberto A. Rodrigues. Alcaia. Urco
PREMIOS REC.CURTA 2022 1ª categoría
MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Máscaras, realizada por alumnado de 1º ESO, 2º E 3º de ESO do colexio Franciscanos de Lugo
MELLOR USO DA LINGUA
Unha nave, unha ponte, unha aventura do colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa.
MELLOR ACTRIZ
Sabela González Grosi, que interpreta a acosada en Cómplices do colexio carmelitas de Vigo.
MELLOR ACTOR
Martín Rodríguez Díaz que interpreta o pai en Todos xuntos, mellor! Do colexio Nosa Señora do Carme de Betanzos, unha curtametraxe baseada na visón do confinamento dende o futuro.
MELLOR PELÍCULA
MÁSCARAS, realizada por alumnado de 1º ESO, 2º E 3º de ESO do colexio Franciscanos de Lugo.
PREMIOS REC.CURTA 2022 2ª categoría
MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Toma os dereitos e corre, do colexio Inmaculada de Lugo que xira ao redor da idea de que a humanidade, pola súa ansia de conseguir cartos, decide vender os seus dereitos humanos.
MELLOR ACTRIZ
Violeta González, pola súa interpretación de Alice en Herdanza de sangue, do colexio Santa María de Tui.
MELLOR ACTOR
Diego Varela, pola súa inmensa interpretación de Laurenciano en Ramas dunha mente demente, unha curta do colexio Don Bosco da Coruña que trata o tema, tan actual, da saúde mental.
MELLOR USO DA LINGUA
O tabú do silencio, do colexio Inmaculada de Lugo. Unha curta que, ademais, destaca polo seu tratamento do tema do acoso e dos valores.
MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN
É cousa de todos, do colexio San José de Ourense onde queremos destacar, especialmente, o tratamento dos valores cando dúas vilas se ven obrigadas a enfrontarse para combater un virus que acaba de saír ao mundo.
MELLOR PELÍCULA
A LUZ ESCURA, do colexio Esclavas da Coruña, unha curta divertida realizada por alumnado de 4º de Eso, onde un grupo de alumnos/as vende a súa alma a cambio dunha vela máxica que cumpre todos os seus desexos incluído o de cambiar a data do exame de Historia.
Fotos Frei Martín Sarmiento
Fotos Premios REC - CURTA
Películas Rec - Curta 2022 |
|
|
|
Finalistas da XVIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento. |
|
Os libros e autores/as finalistas da décimo octava edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento deste curso 2020-2021 son os seguintes:
INFANTIL
O meu irmono. O Hematocrítico e Alberto Vázquez (ilust.). Xerais
Como se di. Lawrence Schimell e Thiago Lopes (ilust.). Alvarellos Editora
1ª CATEGORÍA (1º/2º Primaria)
Clover. Unha porquiña diferente. Beatriz Cabaleiro. Aira editorial
Mortiña. Bárbara Cantini. Hércules de Ediciones
2ª CATEGORÍA (3º/4º Primaria)
Patio de luces. Erika Esmorís. Xerais
O club dos catro emes. Juan Ramón Santos. Rodeira-edebé
3ª CATEGORÍA (5º, 6º Primaria)
Seres fantásticos do camiño. Xan Eguía. Bululú
Plan de rescate. Antía Yáñez. Xerais
4ª CATEGORÍA 1º/ 2º ESO
O couso. David Walliams. Sushi Books
De como o santo dos croques se fai peregrino. Pepe Carballude. Hércules de Ediciones
5ª CATEGORÍA (3º/4º ESO)
Como lágrimas na chuvia. Jordi Sierra i Fabra. Traducido por Xesús Domínguez Dono. Galaxia
Ben. Care Santos. Traducido por María Xesús Gómez Sanjurjo. rodeira-edebé
6º CATEGORÍA BACH e adultos
Luces sobre a ría. Roberto A. Rodrigues. Alcaia. Urco
Virtudes (e misterios) Xesús Fraga. Galaxia
|
|
|
|
Recursos Entroido 2021 EDLG Escolas Católicas |
|
Recursos entroido 2021 EDLG Escolas Católicas.
Ver máis |
|
|
|
Samaín |
|
Samaín
Ver máis |
|
|
|
Gañadores da XVII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec-Curta |
|
Obras e autores/as galardoados na XVII edición, que presentou como novidade o recoñecemento ao labor de tradución. Parabéns!
Infantil:"Se che pica un mosquito". Jordi Gastó e Christian Inaraja. Kalandraka;
1ª Categoría:"Hércules o xigante. Unha torre de lenda". Enrique López. Hércules de Ediciones;
2ª Categoría:"Animalia. 2 Branco". Xosé Tomás. Xerais;
3ª Categoría:"Conta nove estrelas". Andrea Maceiras;
4ª Categoría (TRADUCIÓN):"Maneiras de Vivir". Luis Leante. Tradución: Belén Rodríguez Suárez;
5ª Categoría:"Ardora". Beatriz Maceda. Urco Editora;
6ª Categoría:"Beleza Vermella". Arantza Portabales. Galaxia.
REC-CURTA
- Accésit á participación para "O misterio do Camiño" do colexio La Salle
- Mención ao guión para "Criptoengano" do colexio Padre Míguez de Vigo
- Mención á integración dos valores para "A miña vida nas túas mans" do colexio María Inmaculada de Vigo
- Mención ao traballo en equipo para "A lenda da Virxe do leite" do colexio María Inmaculada de Vigo
Vídeo inauguración dos premios
Vídeo xeral dos Premios Sarmiento
Ver galería |
|
|
|
Finalistas da XVII edición do premio Frei Martín Sarmiento |
|
Tras convocarse a próxima edición do certame literario que cada vez suma máis lectores e lectoras entre o alumnado da rede de colexios de Escolas Católicas, estas son as obras que resultaron finalistas na súa décimo sétima edición. No mes de abril de 2021 coñeceremos os gañadores e terá lugar o acto de entrega de dito galardón aos recoñecidos:
INFANTIL
A fraga do meu avó. Mamá Cabra. Galaxia.
Se che pica un mosquito. Jordi Gastó. Kalandraka
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
Hércules e o xigante. Unha torre de lenda. Enrique López. Hércules de Ediciones
A banda de Raimunda. Pablo Nogueira. Baía
2ª CATEGORÍA (3º, 4º EP)
Animalia. 2 Branco. Xosé Tomás. Xerais
Astro Rato e Lampadiña en Patacator Cocido. Fermín Solís. El Patito Editorial.
3ª CATEGORÍA (5º, 6º EP)
Conta nove estrelas. Andrea Maceiras. Xerais
Os peloteiros. Patricia Mallo. Galaxia
4ª CATEGORÍA
Unha cidade chamada perfecta. Helena Duggan. Traducida por Moisés Rodríguez. Sushi Books
Maneiras de vivir. Luis Leante. Traducida por Belén Rodríguez Suárez. Rodeira-Edebé
5ª CATEGORÍA
Aqueles momentos que perdemos. Xavier Estévez. Oqueleo
Ardora. Beariz Maceira Abeleira. Urco Editora.
6ª CATEGORÍA
Beleza Vermella. Arantza Portabales. Galaxia
Os nomes do vento. Juan Andrés Fernández. Fervenza
|
|
|
|
|
|
|
|
|