Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa da lingua 2010
A entrega dos premios da VI Edición dos Premios Frei Martín Sarmiento tiveron lugar na Festa da lingua que este ano se celebrou no Pazo de Congresos das instalacións do Recinto Feiral de Silleda os seguintes días:

* 16 de abril: entrega dos premios da 1ª e 2ª categoría.
Asistiron arredor de 900 nenos e nenas dende 1º ata 5º de EP. e participaron nas seguintes actividades:
- faladoiros cos autores finalistas.
- acto de entrega dos premios destas dúas categorías.
- actuación teatral: “Os mundos contados”
- actuación teatral: “A cadeira voadora”
- inchables.

* 23 de abril: entrega dos premios da 3ª e 4º categoría
Participaron arredor de 850 rapaces e rapazas dende 6º de E.P. ata Bacharelato e asistiron a:
- faladoiros cos autores finalistas.
- acto de entrega dos premios destas categorías e do concurso de Rec-curta.
- proxección das películas gañadoras do concurso de curtametraxes Rec-curta
- faladoiro co actor e director Rubén Riós.
- inchables.

A continuación aparecen algunhas fotos dos actos e das actividades.
actividade lúdica
actividade lúdica
 
faladoiro cos autores 2ª categoría
faladoiro cos autores 2ª categoría
faladoiro cos autores da 2ª categoría
faladoiro cos autores da 2ª categoría
 
faladoiro cos autores da 3ª categoría
faladoiro cos autores da 3ª categoría
faladoiro cos autores da 4ª categoría
faladoiro cos autores da 4ª categoría
   

© by Abertal