|
|
Fallo da quinta categoría |
|
Neste quinto ano de Premios Frei Martín Sarmiento houbo unha quinta categoría para adultos. O pasado venres 29 de maio no Colexio Salesiano de Ourense tivemos o acto de fallo do premio e contamos coa participación dos finalistas. A gañadora foi Marina Mayoral coa obra Case Perfecto. Noraboa á gañadora, aos finalistas e a todos os lectores.
Grazas Séchu |
|
|
|
A festa da lingua 2009 nos medios de comunicación |
|
Poño as ligazóns ao aparecido noa medios de comunicación que vin sobre a festa da lingua. Dentro duns días penso poñer fotos na fotoblogoteca.
Os medios de comunicación só recollen a nova na edición local:
La voz de Galicia introduce a nova noutra e incluso parece que relaciona a nosa festa coas actividades de fomento da lectura do Concello de Vilagarcía.
O Diario de Arousa recolle tamén a nova pero é imposible poñelo como ligazón aquí.
Tamén aparece n'A Nosa Terra
Faro de Vigo fai un seguimento un pouco máis completo da noticia (con algún erro xa que Marina Mayoral non estivo). Incluso na edición local de papel leva a foto de portada o acto.
Vieiros tamén leva o premio á súa edición dixital.
Pasando a blogs e páxinas de editoriais Francisco Castro no seu blog A Canción do Náufrago alégrase pola nova e por ser premiado.
As editoriais Xerais e Sotelo Blanco tamén comentan o feito de resultaren gañadoras do premio
Por último,a organización deste certame acolle con cariño o artigo de opinión de María Reimóndez. Moitas grazas a ti. Xornal |
|
|
|