|
|
Festa da Lingua en Ourense |
|
Manifesto lido por Rogelio Fariñas
Ver video do manisfesto |
|
|
|
Festa da Lingua en Lugo |
|
Manifesto lido por Rebeca González
Ver video do manifesto |
|
|
|
Festa da Lingua na Coruña |
|
QUE É UNHA ?PIEIRA??
Descubrímolo na Festa da Lingua da Coruña que tivo lugar o día 12 de abril no salón de actos de salesianos. Tras un cálido recibimento por parte do director de salesianos Mauri Paniagua, Pura Galán -coordinadora dos EDLG da Coruña da Secretaría Xeral de Política Lingüística-, lembroulles aos asistentes a figura de Antonio Fraguas e Marta Domínguez, coordinadora dos EDLG da Coruña de Escolas Católicas fíxoos reflexionar -con datos- sobre a importancia de usar o galego en todos os contextos e todos os días.
Dous nenos de Esclavas emocionáronnos co seu vídeo sobre as avoas e, finalmente Vero Rilo e Sonsoles presentaron o espectáculo ?O pozo das Señora?. Nel incluíron un conto recollido por Fraguas titulado ?A Pieira?. E? que é a pieira?
Podedes descubrilo vendo este vídeo.
|
|
|
|
Tiro de saída das Festas da Lingua de Escolas Católicas |
|
![](../upload/bit/arti/311-153629-a-foto 8.jpg) As Escolas Católicas de Galicia xa iniciaron as súas Festas da Lingua. Este programa anual, que se convoca en distintas cidades galegas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, iniciouse o venres pasado en Santiago coa participación de 600 nenos dos colexios La Salle, San Jorge, Cluny, Compañía de María, Divino Maestro, Casa do Neno e Inmaculada. O alumnado participou con recitais e con escenificacións da vida e obra do autor que se homenaxea este ano nas Letras Galegas, Antonio Fraguas. Finalmente, a Tropa de Trapo representou ante un auditorio entusiasmado, a obra 4 monos.
As próximas citas terán lugar en Lugo, o 9 de abril; en Ourense o 10 de abril e en Coruña o 12 de abril.
Premer La Voz de Galicia
|
|
|
|
Sobre o Premio " Frei Martín Sarmiento " |
|
O Premio Frei Martín Sarmiento non é só para quen escribe un libro en galego, é tamén para quen o le e o recomenda, para quen quere que ese libro sexa o seu compañeiro de xogos e de soños durante un tempo, porque así afastamos a soidade e o aburrimento. O premio, realmente, é que o libro reciba tanto agarimo.
Paula Carballeira |
|
|
|
Sobre " bruxa e familia " |
|
Dicían que a miña avoa era unha bruxa, unha bruxa desas que poden axudar á xente porque saben cousas que outras persoas esqueceron. Cando fun vivir a unha casiña de pedra, a carón dunha carballeira, decateime de que se cadra dirían que eu tamén son unha bruxa, porque vivo cun par de gatas e conto historias de medo que dan arrepíos, sobre todo pola noite, ao imaxinar o que agocha a escuridade. A bruxa do meu libro non son eu, pero podería selo. A familia da bruxa do meu libro parécese moito á miña (aínda que o meu irmán non adoita andar polos tellados, que eu saiba) e eu querería que quen lese o libro se sentise parte da familia desta bruxa á que lle gusta poñer nomes e facer tortas de aniversario.
Paula Carballeira
|
|
|
|
María Lado + 5 minutos |
|
Síntome feliz de que o noso libro 5 minutos estea de finalista no Premio Frei Martín Sarmiento porque é un premio que escollen as persoas que máis saben de libros: as lectoras e os lectores! Que esta historia que eu escribín con tantas ganas lles guste a nenas e nenos é marabilloso. Estou moi emocionada, moitas grazas.
Cando os meus fillos e eu temos que agardar nalgún sitio, inventamos sempre xogos para pasar o tempo, pero sobre todo observamos as cousas que hai ao noso redor. Deses xogos naceu este libro, co que quería contar á xente que se miras con atención o mundo hai moitas cousas en que enredar. E tamén moita poesía. Eu quería que este libro servise para pasar un anaquiño entretido, porque neses momentos o tempo pasa voando. E foi un pracer poder facelo con Nove Noel, que lle deu vida a todos os personaxes cos seus lapis e cores.
María Lado
|
|
|
|