Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gañadores da XX edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec - Curta
XX EDICIÓN PREMIO LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO
Obras e autores gañadores na XX edición. Parabéns!

INFANTIL
CADERNO DE CORES E CANCIÓNS. Magín Blanco e Sonia García como ilustradora editado por Galaxia.

1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
VIOLETA PARAPLUIE E OUTRAS HISTORIAS DE XENTE POUCO CORRENTE de Ramón D. Veiga publicada por Edicións Embora. Entrega: Juana Otero. Recolle o galardón o autor, Ramón D. Veiga.

2ª CATEGORÍA (3º, 4º)
A PULGA ESPACIAL de Xabier Domínguez e Alba de Evan, publicada por Edicións do Cumio. Entrega: Manoli Maseda. Recollen o galardón os autores Xabier Domínguez e Alba de Evan

3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP)
SÁLICE E SÁNDALO. Antela editorial

4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO)
CITUTA PARA DOUS. Xerais.

5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO) RECOÑÉCESE O LABOR DE TRADUCIÓN
UN FEITICEIRO DE TERRAMAR traducido por Tomás G. Ahola e editado por Boadicea editora

6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos)
A SAGA DAS CURANDEIRAS. Marisa Castro. Hércules de ediciones.

PREMIOS REC – CURTA 2024

1ª CATEGORÍA (6º EP, 1º, 2º, 3º ESO)

ACCÉSIT

Accésit á Mellor animación á curta
Xoán Fontes Unha curta de animación presentada polo colexio María Inmaculada de Vigo. onde se parte da seguinte pregunta: “A vida é curta ou só nos queixamos diso porque é finita? Seguiriamos sentindo o mesmo se vivísemos 10 veces máis?

Accésit á Mellor Introdución
O xurado quere recoñecer a cabeceira da curta Segredos escuros, do colexio Mª Inmaculada de Vigo, pola súa frescura e orixinalidade.

Accésit aos Mellores efectos especiais…
Recoñécese todo traballo de montaxe e de efectos especiais inluclídos en Wisker cat presentada polo colexio Franciscanos de Lugo.

PREMIOS 1ª CATEGORÍA

MELLOR USO DA LINGUA O xurado decidiu destacar o magnífico uso da lingua detectado non nunha curta senón nuna das actrices das curtas presentadas. Ela é VERA RODRÍGUES que lle dá vida a Marisa en SEGREDOS ESCUROS, Inmaculada de Vigo.

MELLOR ACTUACIÓN FEMININA
Un galardón que quere recoñecer o labor das actrices Catalina Otero e de Uxía Fraga en AS ARTES, elaborada por alumnado do colexio La Salle de Santiago. Un traballo que convida o espectador a reflexionar sobre a evolución da presenza das artes e das expresión artísticas a través do tempo grazas a unha pedra máxica que lles permite viaxar ao pasado.

MELLOR ACTUACIÓN MASCULINA PARA…
LAZOS DE SANGUE, realizada por alumnado do colexio María Inmaculada de Vigo. Een concreto, o xurado quere recoñecer o labor de Anxo Méndez que dá vida a Anxo, nunha curta que se cuestiona se se pode esquecer o pasado e querer á persoa que che fixo dano.

MELLOR GUIÓN
O xurado decidiu por unanimidade recoñecer como mellor guión a curta AS ARTES, do colexio La Salle de Santiago.

MELLOR PELÍCULA
COMPAÑA, dos Franciscanos de Lugo, onde se reivindica a importancia de coñecer e preservar o noso patrimonio oral. O alumnado elaborou un guión que conta como nunha pequena vila de Galicia seguen mantendo vivas todas as tradicións, entre elas a da Santa Compaña. A súa presenza axuda a que se manteña a orde e a boa convivencia entre todos os habitantes, ata que tres nenos desaparecen despois de soar as campás que marcan a hora de resgardarse nos fogares.

2ª CATEGORÍA (4º ESO, Bacharelato, FP)
ACCÉSIT


Accésit á Mellor banda sonora inicial da curta
Oh, miña rula, realizada por alumnado de 4º ESO de La Salle unha curta que trata sobre o amor e o casamento de dúas mulleres en tempos difíciles.

Accésit aos Mellores efectos especiais
Autómata, unha curta presentada polo colexio Escolapios de Monforte que reflexiona sobre a crecente deshumanización da sociedade moderna que responde máis a automatismos propios de robots ca de humanos.

Accésit ao Mellor tratamento da memoria histórica
O xurado quixo recoñecer cun accésit a orixinal proposta presentada en Expediente psiquiátrico, do colexio Santa María de Tui. Un grupo de amigos descobre que unha antiga casa abandonada foi un hospital psiquiátrico onde estiveron ingresados varios soldados da guerra civil.


Accésit ás mellores localizacións
Para unha curta que trata o tema da contaminación e a conciencia ecolóxica: Un mar de plásticos, do colexio María Inmaculada de Vigo.

Accésit á Participación
Queremos recoñecer con este accésit as curtas O fío vermello, do colexio San Juan Bosco da Coruña. Unha curta que nos descobre como uns fíos vermellos, invisibles, vencellan as persoas e as súas relacións e A vinganza silenciosa, un thriller que amosa o lado escuro do ser humano elaborada por alumnado do colexio Santa María de Tui.

PREMIOS 2ª CATEGORÍA

MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Autómata, curta presentada polo colexio Escolapios de Monforte que reflexiona sobre a crecente deshumanización da sociedade moderna que responde máis a automatismos propios de robots ca de humanos.

MELLOR ELENCO FEMININ0
As mozas de OH, MIÑA RULA! do colexio La Salle, Uxía López, Uxía Senra, Irene Manzón e Carla Sánchez nunha curta que trata o tema do casamento e amor entre dúas mulleres en momentos difíciles.

MELLOR USO DA LINGUA
Como na primeira categoría, máis ca o bo uso do galego nunha curta, o xurado quere valorar o excelente uso da lingua por parte dun dos actores das curtas. Nesta categoría trátase da curta Roubo sen advertencia do colexio San Juan Bosco de Coruña. O actor recoñecido con esta distinción é… DIEGO MORENTE.

MELLOR ACTUACIÓN FEMININA
Este recoñecemento recae na curta Que máis dá, do colexio Esclavas da Coruña, que pretende concienciar sobre a importancia de ter unha boa autoestima e autopercepción. O xurado quere recoñecer a actuación de PILAR ROJO interpretando a Uxía.

MELLOR ACTUACIÓN MASCULINA
Nesta ocasión, o recoñecemento ao mellor actor recae na curta Todo o que puidemos ser, de salesianos da Coruña. Concretamente, nun estudante de bacharelato científico chamado HUGO BETANCUR polo seu papel interpretando a Lois, un mozo enfermo do corazón.

MELLOR PELÍCULA
O galardón á mellor película deste REC.curta 2024 é para Que é o que pasa cando te achegas, curta realizada por alumnado de FP básica do colexio Divino Maestro de Lugo.

Fotos REC - CURTA

ENLACES CURTAS



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2024 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0