Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Reunión dos EDLG da pronvincia de Pontevedra

Desde Escolas Católicas promovemos unha dinamización lingüística que teña en conta a contorna social na que se encontran localizados os colexios, a relación/participación/colaboración co Concello, coas entidades, asociaciacións, organismos que traballan a prol da lingua e, sobre todo, que as actividades que se organizan sexan modelo de relación intercentros.

Partindo destas premisas, onte tivo lugar a reunión dos coordinadores dos equipos de EDLG dos colexios adheridos a Escolas Católicas da provincia de Pontevedra . Segundo Cousido, coordinador de zona, recibiu no colexio María Auxiliadora de Vigo os coordinadores de nove colexios para actualizar e compartir inquedanzas ao redor do tema administrativo e programar as actividades comúns ao redor da dinamización lingüística, para este curso escolar. Entre as actividades propostas destaca a celebración, un ano máis, do Día de Rosalía -o 22 de febreiro- e a segunda edición de Un café con..., tras o éxito da primeira onde contaron coa presenza de Helena Villar.
Tamén se presentou a XIV Xornada de Normalización Lingüística que terá lugar o día 23 de xaneiro no Consello da Cultura Galega onde se lle renderá homenaxe a D. Elixio Rivas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2018 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a un dos autores finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento
Entrevista a Afonso Eiré, finalista da decimo quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento co libro Memorias dunha vaca marela.


- Afonso Airé na Cope


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2018 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0