Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gañadores da XVI edición do certame literiario Frei Martín Sarmiento

Os lectores e lectoras dos colexios pertencentes á rede de Escolas Católicas xa resolveron coas súas votacións, tras as lecturas, quen son as obras e os títulos gañadores da décimo sexta edición do Frei Martín Sarmiento.

Os textos e a música de Xoán Curiel en A Casa do terror ?amedrentaron? os máis pequenos; as ilustracións de Lidia Nokonoko e os versos de Concha Blanco en Macedonia de versos puxéronlle as rimas e o ritmo ao alumnado de 1º e 2º de primaria na primeira categoría; María Reimóndez, coa súa obra O xeito das froitas conseguiu engaiolar o alumnado de 3º e 4º de Primaria coa súa achega a outros xeitos de vivir desde a esperanza, o humor e a fantasía ; a historia inclusiva e emotiva contada por David Daniel en Brian, o chinés conquistou o alumnado de 5º e 6º ; Elia Barceló, con O efecto Frankestein, unha homenaxe a Frankestein que ofrece unha lección de historia e de igualdade entre os sexos e traducida por Belén Rodríguez Suárez, conseguiu o recoñecemento da 5ª categoría; Novo Mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina, onde se conta a gran xesta levada a cabo por esta coruñesa exemplar, foi a obra seleccionada na categoría de cómic e banda deseñada e, por último Carlos Vila Sexto é o recoñecido polo alumnado e o público adulto na sexta categoría coa obra O pasaxeiro 19 que obriga os lectores e lectoras a repensar unha intrigante historia de crime e misterio.

INFANTIL
A casa do terror. Xoán Curiel. Galaxia
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
Macedonia de versos. Concha Blanco e Lidia Nokonoko. Aira Editorial
2ª CATEGORÍA (3º, 4º EP)
O xeito das froitas. María Reimóndez. Oqueleo
3ª CATEGORÍA (5º, 6º EP)
Brian, o chinés. David Daniel Vázquez. Embora
4ª CATEGORÍA
Novo mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina. El primo Ramón. Bululú
5ª CATEGORÍA
Efecto Frankestein. Elia Barceló. Rodeira-Edebé
6ª CATEGORÍA
O pasaxeiro 19. Carlos Vila Sexto. Rodeira-Edebé


Os gañadores na prensa: La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2020 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0