Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rigoroso estudo sobre os apelidos galegos

Todos os apelidos e nomes de Galicia son posteriores á romanización e non hai ningunha forma nova desde 1870. O apelido máis común en Galicia é Rodríguez (237.00o persoas que portan este apelido). A maioría dos apelidos actuais son galegos e lévaos algo máis do 40% da poboación. O 17% dos apelidos sufriron a castelanización no século XVI. Máis de 21.000 apelidos só teñen un portador. Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle son algúns apelidos en perigo de extinción. Estes son algúns dos datos achegados no volume 'Antroponimia e lexicografía, que recolle unha serie de investigacións galegas e estranxeiras que ten como autora do texto a docente e investigadora Ana Isabel Boullón e que publican o Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Consello da Cultura Galega (CCG).
Tamén se recolle un estudo sobre o valor simbólico dos nomes e apelidos, é dicir, á relación entre o apelido e a identidade. Neste punto tamén se conclúe que existen prexuízos ideolóxicos cara a aquelas persoas que deciden cambiar para o galego os seus nomes e apelidos. Tamén existe repulsa cara ás traducións dos nomes casteláns pero non teñen a mesma consideración se se traducen ao inglés: “Moléstalle máis que lle chamen Xurxo ca George”, comentaba un rapaz.
“Estamos ante unha obra que reúne unha serie de traballos realizados por algúns dos mellores especialistas nos seus ámbitos e que procura avanzar no coñecemento científico dos apelidos en xeral, con especial atención aos apelidos galegos”, afirmou Ana Isabel Boullón.
Máis Info: nas páxinas do Consello da Cultura Galega, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Sermos Galicia, Galicia Confidencial.

Podes ver e descargar o volume premendo neste enlace:

- Antroponimia e lexicografía


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2019 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal