Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A festa da lingua 2009 nos medios de comunicación
Poño as ligazóns ao aparecido noa medios de comunicación que vin sobre a festa da lingua. Dentro duns días penso poñer fotos na fotoblogoteca.

Os medios de comunicación só recollen a nova na edición local:

La voz de Galicia introduce a nova noutra e incluso parece que relaciona a nosa festa coas actividades de fomento da lectura do Concello de Vilagarcía.

O Diario de Arousa recolle tamén a nova pero é imposible poñelo como ligazón aquí.

Tamén aparece n'A Nosa Terra

Faro de Vigo fai un seguimento un pouco máis completo da noticia (con algún erro xa que Marina Mayoral non estivo). Incluso na edición local de papel leva a foto de portada o acto.

Vieiros tamén leva o premio á súa edición dixital.

Pasando a blogs e páxinas de editoriais Francisco Castro no seu blog A Canción do Náufrago alégrase pola nova e por ser premiado.

As editoriais Xerais e Sotelo Blanco tamén comentan o feito de resultaren gañadoras do premio

Por último,a organización deste certame acolle con cariño o artigo de opinión de María Reimóndez. Moitas grazas a ti. Xornal
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2009 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Se unha actividade coma esta se fixera en calquera outra parte do mundo falariase en todos os medios e en todas partes. Eu coido que non saiu nada nin na RAG nin na TVG (é máis, creo que en ningunha delas se falou do Premio).

Ademais disto hai que recoñe#blgtk08#cer que a noticia está moi mal tratada: pasa a un plano totalmente secundario. Só en edicións locais, só en páxinas interiores e só case coma unha anécdota. A nosa literatura merece máis respecto e non deberiamos permitir que un pleno dun concello teña máis relevancia.
Comentario por Argalleiro (01-05-2009 20:24)
2 Por certo, á Voz parece que a#blgtk08# palabra lingua dálle alerxia
Comentario por Argalleiro (01-05-2009 20:25)
3 Parabéns polo certame. A calidade dos títulos finalist#blgtk08#as falan duns lectores e unhas lectoras exquisitos.
Comentario por Lector (02-05-2009 18:49)
4 Dan gañas de mandar todo a paseo. Estiven na Festa da Lingua coa rapazada. Alí destacaron un entusiasmo cultural e un amor á lin#blgtk08#gua que deberían facer sonroxar aos políticos e empresarios xornalísticos. Así nos vai. Construindo "gaiáses" e derrubando país.
Comentario por Castafiore (02-05-2009 19:23)
5 A verdade é que dá mágoa porque eu participei da festa e foi emocionante e divertida. Outros premios saen moito na prensa e non din nada nin fan nada pola lingua, son puro paripé. este, pola contra, fala cunha voz vital e si#blgtk08#ncera ata o extremo. Aproveito para dar os parabéns a todo o equipo que organiza, a quen concibiu un premio tan participativo e vitalista e ánimos dende onde me toca para seguir adiante. Moitas apertas
María Reimóndez
Comentario por reimondez (03-05-2009 20:06)
6 Non poiden estar co corpo,pero si estiven coa alma e o corazón, o mesmo que lle poñed#blgtk08#es todos os que facedes posible esta marabilla. Temos que seguir aí, se non non ven
Comentario por Xosé Manuel Barreiro (04-05-2009 09:53)
7 http://www.xornal.com/opinions/2009/05/05/Opi#blgtk08#nion/festa-da-lingua/2009050518052644067.html
Comentario por maria (06-05-2009 20:34)
8 Estiven na festa como todos os anos.Este foi o mell#blgtk08#or.NORABOA a organización .Esto xa non pode parar.
Comentario por Rosina (14-05-2009 22:56)
9 Temos na boca palabras milenarias
para falarmos de castaños e carballos
de andoriñas e de niños de paxaros
de fontes, de fervenzas
de regueiros, de rías,
mares, cabos e areeiros.

Temos na boca palabras milenarias
para falarmos da carqueixa e da chorima
da barba de raposo e da herba das feridas
de xoubas, de arroases, de baleas
de dornas, de gamelas, de sereas.

Temos na boca palabras milenarias
que afiaron coitelos dos cinco continentes
e buscaron peixes dos mares máis ferventes
que andaron os camiños co peixe na patela
segaron moito trigo nas terras de Castela

Temos na boca palabras milenarias#blgtk08#r /> que teñen a gala ser lingua proletaria
que deu chegado a culta e empresaria.
Cristo concedeulle dignidade de litúrxica
e os poetas puxéronlle a cor e mais a música

Temos na boca palabras milenarias
rescatounas todas a pluma de Sarmiento
e mais os que dormen na paz de Bonaval
palabras de Rañolas, Merlín, de Migueliño,
Adrián Soutelo, de Galván e de Balbino.

Temos na boca palabras milenarias
elas dannos pobo e prometen un futuro
pero como isto non está seguro
todos os amigos firmámolo convenio
de que a nosa lingua viva outro milenio.


Collido dun texto do programa "ben falado" de Xesús Ferro Ruibal
Comentario por Sarmiento (16-05-2009 18:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0