Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gañadores da XIX edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec - Curta
XIX EDICIÓN PREMIO LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO

Obras e autores gañadores na XIX edición.

INFANTIL
DIFERENTES, DIFERENZAS. Silvia Penide e Emilio Urberuaga (ilustr.), editado por Bululú.

1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
A PITA XEFA de Marta Lado e María Seoane (ilustr.) Publicada por Baía Edicións.

2ª CATEGORÍA (3º, 4º)
CONTRA O RELOXO. Carlos Labraña, publicado por Galaxia.

3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP)
REI. Mónica Rodríguez. Rodeira-Edebé

4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO)
A CIDADE DO ÁTOMO. Iria Misa. Xerais.

5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO)
GOLPES DE LUZ. Ledicia Costas. Xerais

6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos) Categoría que recoñece o labor dos tradutores/as
O PAXARO BURLÓN. Gerard Durrell. Traducido por Moisés Barcia. Sushi Books.

Fotos Premios Frei Martín Sarmiento 2023



PREMIOS REC.CURTA 2023


1ª CATEGORÍA (6º EP, 1º, 2º e 3º ESO)

ACCÉSIT

Accésit á Música…
Amizade, realizada por alumnado de 2º ESO de Franciscanos de Lugo. Unha curta que trata o tema da Amizade na adolescencia visto desde distintas vertentes. O xurado quere destacar o excelente labor de Anxo Buíde á hora de compoñer e de integrar música orixinal nesta curta.

Accésit ao Mellor guión adaptado
Maruxa Inspirada en Conto de Nadal de Dikens, o alumnado de segundo de ESO do colexio María Inmaculada creou Maruxa onde unha avoa que nos lembra o valor do noso idioma e de como os maiores lle gardan agarimo e buscan transmitirllelo ás xeracións vindeiras.

Accésit ao labor de dirección…

As sombras dunha vida O xurado quere recoñecer e visibilizar o labor das mulleres á fronte da dirección no audiovisual e centrada no exilio de familias ucraínianas e na adaptación escolar dos nenos. Unha curta dirixida por Marta Dorelle.

PREMIOS Rec- curta 2023

Nesta ocasión, sentimos dicir que o xurado decidiu deixar deserto o Premio ao Mellor uso da lingua pois considerou que a calidade e o coidado lingüística non son valorables nesta edición.

MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Redes Sociais, realizada por alumnado do colexio María Inmaculada de Vigo. As RRSS facilitan o contacto coas persoas que están a distancia pero, a miúdo, esquecemos que tratamos con descoñecidos e non somos conscientes do risco que supoñen.

MELLOR ACTRIZ
Maruxa, o xurado quere recoñecer o labor de interpretación realizado por Uxía Barros dándolle vida á entrañable avoa da curta Maruxa e queremos destacar tamén o bo uso da lingua desta actriz pois logra con el, un personaxe redondo.

MELLOR ACTOR
O xurado decidiu por unanimidade recoñecer como mellor actor a… Pablo Pérez, pola súa interpretación de Pablo Antoneko en As sombras dunha vida, do colexio María Inmaculada.

MELLOR PELÍCULA
Amizade, dos Franciscanos de Lugo.



PREMIOS REC-CURTA 2023 2ª CATEGORÍA (4º ESO e Bacharelato)

ACCÉSIT

Accésit aos mellores efectos especiais
O entroido, unha Stop Motion ao redor do Entroido na provincia de Ourense realizada por alumnado de San Xosé de Ourense.

Accésit á música é a dirección,
O relatoIgual que na primeira categoría, cómpre destacar o labor de dirección e música realizado por Ángela , do colexio Santa María de Tui.

Accésit á promoción dos valores
Sempre ao teu carón, do colexio San José de Ourense.

PREMIOS

MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Aparencias, unha curta realizada por alumnado do colexio salesianos da Coruña, que consegue intigrar ao espectador cunha serie de desaparición nunha casa de turismo rural.

MELLOR ACTRIZ
Claudia Pereira e de Ángela González na curta O relato de Santa María de Tui.

MELLOR ACTOR
Víctor Salgado pola curtametraxe Eu son parvo.

MELLOR USO DA LINGUA
Moléculas, do colexio María Assumpta de Noia.

MELLOR CURTA ANIMACIÓN
Narcisos, unha obra que destaca por todo o traballo técnico e de montaxe e, sobre todo, por tratar cunha especial sensibilidade un tema que preocupa enormemente á sociedade actual como é o sucidio de adolescentes.

MELLOR PELÍCULA
Moléculas, curta realizada por alumnado de 4º de ESO do colexio María Assumpta de Noia.

Fotos Rec-Curta 2023

AS NOSAS CURTAS, NO FESTIVAL DE CANS

O 16 de maio, proxectáronse no Festival de Cans Moléculas, Narcisos e Amizade.

Fotos das nosas curtas en Cans







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2023 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0