Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rigoroso estudo sobre os apelidos galegos

Todos os apelidos e nomes de Galicia son posteriores á romanización e non hai ningunha forma nova desde 1870. O apelido máis común en Galicia é Rodríguez (237.00o persoas que portan este apelido). A maioría dos apelidos actuais son galegos e lévaos algo máis do 40% da poboación. O 17% dos apelidos sufriron a castelanización no século XVI. Máis de 21.000 apelidos só teñen un portador. Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle son algúns apelidos en perigo de extinción. Estes son algúns dos datos achegados no volume 'Antroponimia e lexicografía, que recolle unha serie de investigacións galegas e estranxeiras que ten como autora do texto a docente e investigadora Ana Isabel Boullón e que publican o Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Consello da Cultura Galega (CCG).
Tamén se recolle un estudo sobre o valor simbólico dos nomes e apelidos, é dicir, á relación entre o apelido e a identidade. Neste punto tamén se conclúe que existen prexuízos ideolóxicos cara a aquelas persoas que deciden cambiar para o galego os seus nomes e apelidos. Tamén existe repulsa cara ás traducións dos nomes casteláns pero non teñen a mesma consideración se se traducen ao inglés: ?Moléstalle máis que lle chamen Xurxo ca George?, comentaba un rapaz.
?Estamos ante unha obra que reúne unha serie de traballos realizados por algúns dos mellores especialistas nos seus ámbitos e que procura avanzar no coñecemento científico dos apelidos en xeral, con especial atención aos apelidos galegos?, afirmou Ana Isabel Boullón.
Máis Info: nas páxinas do Consello da Cultura Galega, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Sermos Galicia, Galicia Confidencial.

Podes ver e descargar o volume premendo neste enlace:

- Antroponimia e lexicografía


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2019 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Reunión do EDLG da provincia de Lugo

O Divino Maestro acolleu a xuntanza dos EDLG da provincia de Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2018 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito rotundo na XIV Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas

O momento máis emotivo da xornada foi a homenaxe a Elixio Rivas Quintas, padre Paúl, mestre durante moitos anos no colexio San Narciso de Marín, escritor, etnógrafo, lingüista. Un lexicógrafo experto, sobre todo, en toponimia, onomástica e no Camiño de Santiago.
O venres 23 de novembro reuníronse case cen persoas, de centros privados, concertados e públicos, no Consello da Cultura Galega para asistir á nosa Xornada de Normalización Lgtca.

Varios medios e páxinas fanse eco da noticia:


- El Correo Gallego (24/11/2018)

-
El Correo Gallego (25/11/2018)

-
Xunta de Galicia (23/11/2018)

-
Noticiade (23/11/2018)

-
Portal de Lingua Galega (23/11/2018)

-
Consello da Cultura Galega (23/11/2018)





-
Ver galería



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2018 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Reunión dos EDLG da pronvincia de Pontevedra

Desde Escolas Católicas promovemos unha dinamización lingüística que teña en conta a contorna social na que se encontran localizados os colexios, a relación/participación/colaboración co Concello, coas entidades, asociaciacións, organismos que traballan a prol da lingua e, sobre todo, que as actividades que se organizan sexan modelo de relación intercentros.

Partindo destas premisas, onte tivo lugar a reunión dos coordinadores dos equipos de EDLG dos colexios adheridos a Escolas Católicas da provincia de Pontevedra . Segundo Cousido, coordinador de zona, recibiu no colexio María Auxiliadora de Vigo os coordinadores de nove colexios para actualizar e compartir inquedanzas ao redor do tema administrativo e programar as actividades comúns ao redor da dinamización lingüística, para este curso escolar. Entre as actividades propostas destaca a celebración, un ano máis, do Día de Rosalía -o 22 de febreiro- e a segunda edición de Un café con..., tras o éxito da primeira onde contaron coa presenza de Helena Villar.
Tamén se presentou a XIV Xornada de Normalización Lingüística que terá lugar o día 23 de xaneiro no Consello da Cultura Galega onde se lle renderá homenaxe a D. Elixio Rivas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2018 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a un dos autores finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento
Entrevista a Afonso Eiré, finalista da decimo quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento co libro Memorias dunha vaca marela.


- Afonso Airé na Cope


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2018 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas da décimo quinta edición
Iniciamos este novo curso 2018-2019 coa posta en marcha da convocatoria do Premio Frei Martín Sarmiento. Velaquí as obras e autores/as finalistas da décimo quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento. En maio, coñeceremos os gañadores.

Educación Infantil
GONZÁLEZ, OLALLA; Un máis; Ed. Kalandraca
LÓPEZ, IAGO; O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas; Ed. Xerais

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
PATINHO, PEPABLO; Lúa; Ed. Embora
LADO, MARÍA; 5 minutos; Ed. Auga editora

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
CARBALLEIRA, PAULA; Bruxa e familia; Ed. Oqueleo
TOBARUELA, PERE; Catro pedras vellas; Bahía Edicións

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
COSTAS, LEDICIA; A señorita Bubble; Ed. Xerais
VILA SEXTO, CARLOS; Hugo e o ladrón pantasma; Ed. Rodeira-Edebé

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
M. CIMADEVILA, FERNANDO; A incríbel viaxe de Noa; Ed. Contos estraños
MEIRAMA, UXÍA; Mael, máis alá da fraga de Cornanda; El Patito Editorial

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
LOZANO GARBALA, DAVID; Descoñecidos; Ed. Rodeira-Edebé
SÁNCHEZ CALVEIRO, MARCOS; Días azuis, sol de infancia; Ed. Tambre-Edelvives

6ª categoría: bacharelato e adultos
EIRÉ, AFONSO; Memorias dunha vaca marela; Hércules de Ediciones
VILA BALEATO, LITO; Campus Morte; Ed. Galaxia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-09-2018 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
As festa da lingua 2018 nos medios de comunicación
A continuación aparecen as novas recollidas nos distintos medios que fan eco das Festas da Lingua, celebradas nos seguintes días e lugares:

Día 10 maio no Colexio María Auxiliadora de Ourense
Día 28 de maio no Colexio La Salle de Santiago
Día 29 de maio no Colexio Esclavas da Coruña
Día 4 de maio no Colexio Compañía de María de Vigo
Día 5 de xuño no colexio Divina Pastora de Lugo


- Video da festa da Lingua de Ourense

-
La Voz de Galicia




-
Ver galería



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-06-2018 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores da XIV edición
O día 4 de maio coñecéronse os gañadores da décimo cuarta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O acto, contou coa presenza do Secretario Autonómico de Escolas Católicas, J. Ignacio Parajó Calvo e co secretario xeral de Política Lingüística, Valetín García así como coa de distintas personalidades do ámbito da cultura, ademais dunha representación do alumnado e dos pais que participaron no premio literario.
Os gañadores desta XIV edición do Premio Frei Martín Sarmiento foron:


Educación Infantil
PREGO, LUIS; Xogos musicais; Edicións do Cumio

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
FERRER, ÁNXELES; O sombreiro do mago; Ed. Xerais

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
VILLAR JANEIRO, HELENA; Contos do sol e da lúa; Ed. Alvarellos

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
BABARRO, XOÁN; Hilario e os tres medos; Ed. Santillana

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
DÍAZ VALADARES, FRANCISCO; Tras a sombra do bruxo; Ed. Rodeira-edebé

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
PRADO, MIGUELANXO; Presas fáciles; El Patito editorial


6ª categoría: bacharelato e adultos
RIVEIRO COELLO, ANTÓN; A ferida do vento; Ed. Galaxia





Ver galería

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2018 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas da décimo cuarta edición
Iniciamos este novo curso coa posta en marcha da convocatoria do Premio Frei Martín Sarmiento. A continuación presentámosvos a listaxe dos libros finalistas deste 2017-2018.

Educación Infantil
PREGO, LUIS; Xogos musicais; Edicións do Cumio
MOURE, ANXO; Caramulo e a carpinteira de soños; Bahía edicións

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
FERRER, ÁNXELES; O sombreiro do mago; Ed. Xerais
SAMPAYO, ALEX E CAAMAÑO , BORJA F.; A nena que quería navegar; Redrum Teatro

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
CORTIZAS, ANTÓN; Zoonetos; Ed. Tambre-Edelvives
VILLAR JANEIRO, HELENA; Contos do sol e da lúa; Ed. Alvarellos

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
BABARRO, XOÁN; Hilario e os tres medos; Ed. Santillana
BAYORTI, ALEX; Tom, Hunck e o misterio da trabe de ouro; Urco editora

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
CAROU FIGUEIRA, NATALIA; A cova da moura; Bahía edicións
DÍAZ VALADARES, FRANCISCO; Tras a sombra do bruxo; Ed. Rodeira-edebé

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
PRADO, MIGUELANXO; Presas fáciles; El Patito editorial
TROUBS; A Alquitara; Ed. Figurandorecuerdos

6ª categoría: bacharelato e adultos
RIVEIRO COELLO, ANTÓN; A ferida do vento; Ed. Galaxia
FRAGA, ANTONIO M. ; A virxe das areas; Edicións Embora

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2017 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores da XIII edición
O día 9 de xuño coñecéronse os gañadores da décimo terceira edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O acto, que estivo presidido por Juan Manuel Buján, presidente de Escolas Católicas de Galicia, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valetín García así como coa de distintas personalidades do ámbito da cultura, ademais dunha representación do alumnado e dos pais que participaron no premio literario.
Os gañadores desta XIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento foron:

Educación Infantil
CÉ ORQUESTRA PANTASMA; Fíos do querer; S. Coop. Galega Miudiño

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
PINTO &CHINTO; A estrambótica Illa do Tesouro; E. Bululú

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
LÓPEZ DOMÍNGUEZ, XAN; Viaxe a Dragonia; Ed. Rodeira-Edebé

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
LÓPEZ LÓPEZ, XABIER; O home que sabía voar; Ed. Tambre

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
RIPALDA, XOSÉ LOIS; O inspector Chumbo; Ed. Ir Indo

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
ALFAYA, AN; A cea das enaguas; Ed. Tambre

6ª categoría: adultos
SOLAR, MARÍA; As horas roubadas; Ed. Xerais




Ver galería

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2017 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0