Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gañadores da XVIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec - Curta





XVIII EDICIÓN DO CERTAME LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO


Obras e autores gañadores na XVIII edición. Parabéns!

A sede do Museo Pedagóxico de Galicia acollía o trece de maio o acto de entrega dos XVIII Premios Literarios Frei Martín Sarmiento, organizados por Escolas Católicas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lgtca. Máis de cen asistentes, entre os que se encontraban os galardoados/as, editores/as e representantes do alumnado asistiron ao evento, que foi dirixido pola presentadora da TVG, Lucía Veiga.
Tras a inauguración, que correo a cargo de Juana Otero, secretaria autonómica de EC, e de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, desveláronse os gañadores desta décimo oitava edición.

Os galardóns que outorga anualmente o alumnado de Escolas Católicas recoñeceron nesta ocasión a obras Luces sobre a ría de Roberto A. Rodrigues, publicado por Urco Editora, na categoría de Bacharelato e adultos.

O alumnado de 3º e 4º da ESO seleccionou Como lágrimas na chuvia, de Jordi Sierra i Fabra na súa edición de Galaxia, como obra predilecta na categoría de tradución, mentres os dous cursos anteriores preferiron O couso, de David Walliams para o galardón. O Plan de rescate de Antía Yáñez impúxose en 5º e 6º de primaria e Patio de luces de Erika Esmorís en 3º e 4º. Entre os dous primeiros cursos do ciclo Mortiña de Bárbara Cantini foi o predilecto, mentres no Ensino Infantil a selección decantouse por Como se di, de Lawrence Schimell e Thiago Lopes.

Por editoras, Xerais acumulou dous galardóns, mentres Sushi Books, Hércules de Ediciones, Galaxia e Urco levaron un. Preto de 3.000 membros do alumnado do país participou no proceso de selección a partir dunha serie de finalistas escolleito polo seu profesorado.

REC.CURTA
Foron 11 curtametraxes as candidatas aos premios REC.curta deste ano. Un certame que busca fomentar o uso da lingua galega no ámbito do audiovisual escolar.
A curtametraxe que obtivo o recoñecemento como Mellor Curta da primeira categoría, dirixida a alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, foi Máscaras, elaborada por alumnado do Colexio Franciscanos de Lugo, onde tratan o tema dos “efectos colaterais” do uso das máscaras durante a pandemia.
Na segunda categoría, foi a curta A luz escura a que se fixo co recoñecemento á mellor curta. Un proxecto elaborado por alumnado do colexio Esclavas da Coruña onde un grupo de amigos vende a súa alma para conseguir o que quere.
Ademais, cómpre destacar tamén o premio á Mellor curta de animación que recaeu en É cousa de todos, do colexio de San Xosé de Ourense.


INFANTIL
Como se di. Lawrence Schimell e Thiago Lopes (ilust.). Alvarellos Editora

1ª CATEGORÍA (1º/2º Primaria)
Mortiña. Bárbara Cantini. Hércules de Ediciones

2ª CATEGORÍA (3º/4º Primaria)
Patio de luces. Erika Esmorís. Xerais

3ª CATEGORÍA (5º, 6º Primaria)
Plan de rescate. Antía Yáñez. Xerais

4ª CATEGORÍA 1º/ 2º ESO
O couso. David Walliams. Sushi Books

5ª CATEGORÍA (3º/4º ESO)
Como lágrimas na chuvia. Jordi Sierra i Fabra. Traducido por Xesús Domínguez Dono. Galaxia

6º CATEGORÍA BACH e adultos
Luces sobre a ría. Roberto A. Rodrigues. Alcaia. Urco



PREMIOS REC.CURTA 2022 1ª categoría

MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Máscaras, realizada por alumnado de 1º ESO, 2º E 3º de ESO do colexio Franciscanos de Lugo

MELLOR USO DA LINGUA
Unha nave, unha ponte, unha aventura do colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa.

MELLOR ACTRIZ
Sabela González Grosi, que interpreta a acosada en Cómplices do colexio carmelitas de Vigo.

MELLOR ACTOR
Martín Rodríguez Díaz que interpreta o pai en Todos xuntos, mellor! Do colexio Nosa Señora do Carme de Betanzos, unha curtametraxe baseada na visón do confinamento dende o futuro.

MELLOR PELÍCULA
MÁSCARAS, realizada por alumnado de 1º ESO, 2º E 3º de ESO do colexio Franciscanos de Lugo.



PREMIOS REC.CURTA 2022 2ª categoría

MELLOR GUIÓN ORIXINAL
Toma os dereitos e corre, do colexio Inmaculada de Lugo que xira ao redor da idea de que a humanidade, pola súa ansia de conseguir cartos, decide vender os seus dereitos humanos.

MELLOR ACTRIZ
Violeta González, pola súa interpretación de Alice en Herdanza de sangue, do colexio Santa María de Tui.

MELLOR ACTOR
Diego Varela, pola súa inmensa interpretación de Laurenciano en Ramas dunha mente demente, unha curta do colexio Don Bosco da Coruña que trata o tema, tan actual, da saúde mental.

MELLOR USO DA LINGUA
O tabú do silencio, do colexio Inmaculada de Lugo. Unha curta que, ademais, destaca polo seu tratamento do tema do acoso e dos valores.

MELLOR PELÍCULA DE ANIMACIÓN
É cousa de todos, do colexio San José de Ourense onde queremos destacar, especialmente, o tratamento dos valores cando dúas vilas se ven obrigadas a enfrontarse para combater un virus que acaba de saír ao mundo.

MELLOR PELÍCULA
A LUZ ESCURA, do colexio Esclavas da Coruña, unha curta divertida realizada por alumnado de 4º de Eso, onde un grupo de alumnos/as vende a súa alma a cambio dunha vela máxica que cumpre todos os seus desexos incluído o de cambiar a data do exame de Historia.


Fotos Frei Martín Sarmiento

Fotos Premios REC - CURTA

Películas Rec - Curta 2022
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2022 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas da XVIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento.
Os libros e autores/as finalistas da décimo octava edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento deste curso 2020-2021 son os seguintes:

INFANTIL
O meu irmono. O Hematocrítico e Alberto Vázquez (ilust.). Xerais
Como se di. Lawrence Schimell e Thiago Lopes (ilust.). Alvarellos Editora

1ª CATEGORÍA (1º/2º Primaria)
Clover. Unha porquiña diferente. Beatriz Cabaleiro. Aira editorial
Mortiña. Bárbara Cantini. Hércules de Ediciones

2ª CATEGORÍA (3º/4º Primaria)
Patio de luces. Erika Esmorís. Xerais
O club dos catro emes. Juan Ramón Santos. Rodeira-edebé

3ª CATEGORÍA (5º, 6º Primaria)
Seres fantásticos do camiño. Xan Eguía. Bululú
Plan de rescate. Antía Yáñez. Xerais

4ª CATEGORÍA 1º/ 2º ESO
O couso. David Walliams. Sushi Books
De como o santo dos croques se fai peregrino. Pepe Carballude. Hércules de Ediciones

5ª CATEGORÍA (3º/4º ESO)
Como lágrimas na chuvia. Jordi Sierra i Fabra. Traducido por Xesús Domínguez Dono. Galaxia
Ben. Care Santos. Traducido por María Xesús Gómez Sanjurjo. rodeira-edebé

6º CATEGORÍA BACH e adultos
Luces sobre a ría. Roberto A. Rodrigues. Alcaia. Urco
Virtudes (e misterios) Xesús Fraga. Galaxia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2021 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos Entroido 2021 EDLG Escolas Católicas
Recursos entroido 2021 EDLG Escolas Católicas.

Ver máis
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2021 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín
Samaín

Ver máis
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-11-2021 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores da XVII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec-Curta
Obras e autores/as galardoados na XVII edición, que presentou como novidade o recoñecemento ao labor de tradución. Parabéns!

Infantil:"Se che pica un mosquito". Jordi Gastó e Christian Inaraja. Kalandraka;
1ª Categoría:"Hércules o xigante. Unha torre de lenda". Enrique López. Hércules de Ediciones;
2ª Categoría:"Animalia. 2 Branco". Xosé Tomás. Xerais;
3ª Categoría:"Conta nove estrelas". Andrea Maceiras;
4ª Categoría (TRADUCIÓN):"Maneiras de Vivir". Luis Leante. Tradución: Belén Rodríguez Suárez;
5ª Categoría:"Ardora". Beatriz Maceda. Urco Editora;
6ª Categoría:"Beleza Vermella". Arantza Portabales. Galaxia.

REC-CURTA


- Accésit á participación para "O misterio do Camiño" do colexio La Salle
- Mención ao guión para "Criptoengano" do colexio Padre Míguez de Vigo
- Mención á integración dos valores para "A miña vida nas túas mans" do colexio María Inmaculada de Vigo
- Mención ao traballo en equipo para "A lenda da Virxe do leite" do colexio María Inmaculada de Vigo


Vídeo inauguración dos premios

Vídeo xeral dos Premios Sarmiento

Ver galería
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2021 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas da XVII edición do premio Frei Martín Sarmiento
Tras convocarse a próxima edición do certame literario que cada vez suma máis lectores e lectoras entre o alumnado da rede de colexios de Escolas Católicas, estas son as obras que resultaron finalistas na súa décimo sétima edición. No mes de abril de 2021 coñeceremos os gañadores e terá lugar o acto de entrega de dito galardón aos recoñecidos:


INFANTIL
A fraga do meu avó. Mamá Cabra. Galaxia.
Se che pica un mosquito. Jordi Gastó. Kalandraka
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
Hércules e o xigante. Unha torre de lenda. Enrique López. Hércules de Ediciones
A banda de Raimunda. Pablo Nogueira. Baía
2ª CATEGORÍA (3º, 4º EP)
Animalia. 2 Branco. Xosé Tomás. Xerais
Astro Rato e Lampadiña en Patacator Cocido. Fermín Solís. El Patito Editorial.
3ª CATEGORÍA (5º, 6º EP)
Conta nove estrelas. Andrea Maceiras. Xerais
Os peloteiros. Patricia Mallo. Galaxia
4ª CATEGORÍA
Unha cidade chamada perfecta. Helena Duggan. Traducida por Moisés Rodríguez. Sushi Books
Maneiras de vivir. Luis Leante. Traducida por Belén Rodríguez Suárez. Rodeira-Edebé
5ª CATEGORÍA
Aqueles momentos que perdemos. Xavier Estévez. Oqueleo
Ardora. Beariz Maceira Abeleira. Urco Editora.
6ª CATEGORÍA
Beleza Vermella. Arantza Portabales. Galaxia
Os nomes do vento. Juan Andrés Fernández. Fervenza
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2020 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores da XVI edición do certame literiario Frei Martín Sarmiento

Os lectores e lectoras dos colexios pertencentes á rede de Escolas Católicas xa resolveron coas súas votacións, tras as lecturas, quen son as obras e os títulos gañadores da décimo sexta edición do Frei Martín Sarmiento.

Os textos e a música de Xoán Curiel en A Casa do terror ?amedrentaron? os máis pequenos; as ilustracións de Lidia Nokonoko e os versos de Concha Blanco en Macedonia de versos puxéronlle as rimas e o ritmo ao alumnado de 1º e 2º de primaria na primeira categoría; María Reimóndez, coa súa obra O xeito das froitas conseguiu engaiolar o alumnado de 3º e 4º de Primaria coa súa achega a outros xeitos de vivir desde a esperanza, o humor e a fantasía ; a historia inclusiva e emotiva contada por David Daniel en Brian, o chinés conquistou o alumnado de 5º e 6º ; Elia Barceló, con O efecto Frankestein, unha homenaxe a Frankestein que ofrece unha lección de historia e de igualdade entre os sexos e traducida por Belén Rodríguez Suárez, conseguiu o recoñecemento da 5ª categoría; Novo Mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina, onde se conta a gran xesta levada a cabo por esta coruñesa exemplar, foi a obra seleccionada na categoría de cómic e banda deseñada e, por último Carlos Vila Sexto é o recoñecido polo alumnado e o público adulto na sexta categoría coa obra O pasaxeiro 19 que obriga os lectores e lectoras a repensar unha intrigante historia de crime e misterio.

INFANTIL
A casa do terror. Xoán Curiel. Galaxia
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
Macedonia de versos. Concha Blanco e Lidia Nokonoko. Aira Editorial
2ª CATEGORÍA (3º, 4º EP)
O xeito das froitas. María Reimóndez. Oqueleo
3ª CATEGORÍA (5º, 6º EP)
Brian, o chinés. David Daniel Vázquez. Embora
4ª CATEGORÍA
Novo mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina. El primo Ramón. Bululú
5ª CATEGORÍA
Efecto Frankestein. Elia Barceló. Rodeira-Edebé
6ª CATEGORÍA
O pasaxeiro 19. Carlos Vila Sexto. Rodeira-Edebé


Os gañadores na prensa: La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2020 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas da décimo sexta edición
Os libros e autores/as finalistas da décimo sexta edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento deste curso 2019-2020 son os seguintes:


INFANTIL
A casa do terror de Xoán Curiel. Galaxia e Nube branca quere ser astronauta de Pablo Nogueira. Baía Edicións.

1ª CATEGORÍA (1º e 2º EP)
Macedonia de versos. Concha Blanco e Lidia Nokonoko, Aira Editorial.
Tikismikis. Laura Garzón. Rodeira-edebé

2ª CATEGORÍA 3º e 4º de EP)
O xeito das froitas de María Reimóndez. Oqueleo.
Puf! Vaia peido. Seres sorprendentes con nomes ocorrentes. Luisa Martínez. Galaxia.

3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP)
Os megatoxos e a batalla de Rande. Anxo Fariña. Xerais.
Brian, o chinés. David Daniel Vázquez. Embora

4ª CATEGORÍA (1º e 2º ESO)
Novo mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina. El primo Ramón. Bululú.
Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia. Alberto Varela. Xerais.

5ª CATEGORÍA (3º e 4º ESO)
O mundo en que vivín. Ilse Losa. Hércules de Ediciones.
O efecto Frankestein. Elia Barceló. Rodeira-Edebé

6ª CATEGORÍA (Bach e adultos)
O último barco. Domingo Villar. Galaxia
O pasaxeiro 19. Carlos Vila Sexto. Rodeira-edebé

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-09-2019 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Os premios Frei Martín Sarmiento e Rec-Curta nos medios de comunicación
O 3 de maio, en horario de 17.00 h a 19.00 h no Salón Carlos V do Hotel Monumento San Francisco entregáronse os premios literarios Frei Martín Sarmiento, que xa van pola súa décimo quinta edición, e os da décima edición do certame de curtametraxes Rec-Curta apoiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que contan co patrocinio do Festival de Cans. O acto, que foi conducido pola xornalista e locutora da cadea COPE Paula Pájaro, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente da xunta directiva de Escolas Católicas, Juan Manuel Buján.


El Correo Gallego

La Voz de Galicia


Na páxinada Arquidiócese de Santiago

Cope Santiago. Entrevista a Charo Baleirón na Cadea Cope presentando os Premios Sarmiento e REC.Curta. Minuto: 31.50


Ver galería
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-05-2019 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores da XV edición
O día 3 de maio coñecéronse os gañadores da décimo quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O acto, foi conducido pola comunicadora e locutora Paula Pájaro, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente de Escolas Católicas, Juan Manuel Bujan.
Os gañadores desta XV edición do Premio Frei Martín Sarmiento foron:


Educación Infantil
GONZÁLEZ, OLALLA; Un máis; Ed. Kalandraca

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
LADO, MARÍA; 5 minutos; Ed. Auga editora

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
TOBARUELA, PERE; Catro pedras vellas; Bahía Edicións

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
COSTAS, LEDICIA; A señorita Bubble; Ed. Xerais

4ª categoría: 1º e 2º de ESO
M. CIMADEVILA, FERNANDO; A incríbel viaxe de Noa; Ed. Contos estraños

5ª categoría: 3º e 4º de ESO
LOZANO GARBALA, DAVID; Descoñecidos; Ed. Rodeira-Edebé

6ª categoría: bacharelato e adultos
VILA BALEATO, LITO; Campus Morte; Ed. Galaxia


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-05-2019 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0