Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.

O meu perfil
premiosarmiento@escolascatolicas.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Día das Letras Galegas 2023
O Día das Letras Galegas é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria no idioma galego ou polo súa defensa de devandita lingua. Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codas, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas súas cantigas.

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do “ Rexurdimento” ou renacemento cultural do Galego.

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2023 a D. Francisco Fernández del Riego, impulsor do Día das Letras Galegas, un dos máis prolíficos e brillante ensaístas do século XX e parte do XXI e un excelente dinamizador da vida literaria, cultural e intelectual de Galicia ademais de embaixador da nosa cultura por todo o planeta.

FRANCISCO F. DEL RIEGO. LETRAS GALEGAS 2023


“DON PACO, UN DOS NOSOS”
Xa podedes ver o documental “Don Paco, un dos nosos”, un traballo excepcional, elaborado polo colexio Miralba, de Vigo. Desfrutaredes de trinta minutos, que se perciben como moi curtos, onde escoitaredes entre outras persoas destacadas e boas coñecedoras da vida e obra de Don Paco, a Ana María Fernández del Riego, irmá de don Paco que, con 101 anos, rememora anécdotas e detalles da personalidade do ilustre persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día da Letras Galegas.

“DON PACO, UN DOS NOSOS”

Fotos Día das Letras Galegas 2023


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2023 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0