Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento


Páxina web do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado polos equipos de Normalización lingüística da FERE.

O meu perfil
premiosarmiento@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fallo da quinta categoría
Neste quinto ano de Premios Frei Martín Sarmiento houbo unha quinta categoría para adultos. O pasado venres 29 de maio no Colexio Salesiano de Ourense tivemos o acto de fallo do premio e contamos coa participación dos finalistas. A gañadora foi Marina Mayoral coa obra Case Perfecto. Noraboa á gañadora, aos finalistas e a todos os lectores.

O escritor Séchu Sende adícanos unha agarimosa entrada no seu blog Made in Galiza

Grazas Séchu
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2009 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A festa da lingua nos medios
Poño as ligazóns ao aparecido noa medios de comunicación que vin sobre a festa da lingua. Dentro duns días penso poñer fotos na fotoblogoteca.

Os medios de comunicación só recollen a nova na edición local:

La voz de Galicia introduce a nova noutra e incluso parece que relaciona a nosa festa coas actividades de fomento da lectura do Concello de Vilagarcía.

O Diario de Arousa recolle tamén a nova pero é imposible poñelo como ligazón aquí.

Tamén aparece n'A Nosa Terra

Faro de Vigo fai un seguimento un pouco máis completo da noticia (con algún erro xa que Marina Mayoral non estivo). Incluso na edición local de papel leva a foto de portada o acto.

Vieiros tamén leva o premio á súa edición dixital.

Pasando a blogs e páxinas de editoriais Francisco Castro no seu blog A Canción do Náufrago alégrase pola nova e por ser premiado.

As editoriais Xerais e Sotelo Blanco tamén comentan o feito de resultaren gañadoras do premio

Por último,a organización deste certame acolle con cariño o artigo de opinión de María Reimóndez. Moitas grazas a ti. Xornal
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2009 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gañadores da Quinta edición
Na festa da lingua celebrada en Vilagarcía de Arousa o día 30 de abril fixéronse públicos os gañadores do premio Frei Martín Sarmiento. Son os seguintes

PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º de primaria)
RIVADULLA CORCÓN O sorriso de Claudia. Sotelo Blanco
SEGUNDA CATEGORÍA (3º a 5º de primaria)
CASALDERREY, Fina. A lagoa das nenas mudas.Xerais
TERCEIRA CATEGORÍA (6º a 2º de ESO)
CASTRO, Francisco. O ceo dos afogados. Xerais
CUARTA CATEGORÍA (3º de ESO a Bacharelato)
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN.O único que queda é o amor. Xerais

Noraboa a todos.

O gañador da quinta categoría saberase o día 29 de maio nun acto que se celebrará en Ourense.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2009 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Finalistas da quinta edición
Xa temos os finalistas da quinta edición do premio. Este curso a rapazada que participe neste certame coma xurado terá que ler estes libros.

PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º de primaria)
CASALDEREY, Fina. Apertas de vainilla. Galaxia
CASALDERREY, Fina. Un cabalo de lume. Baía Edicións.
RIVADULLA CORCÓN O sorriso de Claudia. Sotelo Blanco
SEGUNDA CATEGORÍA (3º a 5º de primaria)
CASALDERREY, Fina. A lagoa das nenas mudas.Xerais
SÁNCHES CALVEIRO, Marcos. O carteiro de Bagdag. Tambre
MIRANDA, Xosé. A nena pálida. Tambre.
TERCEIRA CATEGORÍA (6º a 2º de ESO)
IMPLICADOS NO DESENVOL.O son das buguinas. Xerais
CASTRO, Francisco. O ceo dos afogados. Xerais
JAUREGUÍZAR. Plastilina nos pulmóns. Tambre
CUARTA CATEGORÍA (3º de ESO a Bacharelato)
NÚÑEZ SINGALA. Comedia Bífida. Galaxia
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN. O único que queda é o amor. Xerais
LEMA, Rafael. U-49. Tambre
QUINTA CATEGORÍA (adultos)
SENDE, Sechu. Made in Galiza.. Galaxia
SUMAI, Anxos. Así nacen as baleas. Galaxia
MAYORAL, Marina. Case perfecto. Xerais


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-09-2008 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Gañadores da 4ª Edición do Premio
Despois das votacións feitas por máis de 5000 alumnas e alumnos de 32 colexios xa sabemos os gañadores desta edición. Cómpre dicir que este ano as votacións estiveron máis igualadas ca nunca.

Primeira Categoría (1º e 2º de primaria)

BLANCO, Concha. Poemas para pintar. Sotelo Blanco

Segunda Categoría (3º a 5º de primaria)

SÁNCHEZ, Gloria. Dez piratas. Obradoiro

Terceira Categoría (6º de primaria a 2º de ESO)

ALFAYA, An. Zoa e Azor. Tambre

Cuarta Categoría (3º de ESO a Bacharelato)

VILLAR, Domingo. Ollos de auga. Galaxia


Noraboa aos premiados.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A festa da lingua nos medios de comunicación
Xa faltan días para que o día 30 de abril sexa a festa da lingua e con ela a entrega de premios desta cuarta edición.

Onte no Concello de Vilagarcía de Arousa houbo unha rolda de prensa para presentar esta actividade e hoxe os medios de comunicación locais fanse eco dela.

Podedes velo nestas ligazóns

La voz de Galicia

Faro de Vigo

Diario de Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2008 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festa da lingua
Xa podemos confirmar importantes cambios deste curso con respecto á festa da lingua (entrega de galardóns do Premio Frei Martín Sarmiento).

Será o día 30 de abril no recinto feiral de FEXDEGA en Vilagarcía de Arousa.

O Concello de Vilagaría e a xerencia de FEXDEGA acolleron gustosamente esta inciativa. Terémosvos informados.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2008 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fotos da festa
Tardaron uns cantos días pero xa están as fotos da nosa festa.

Podedes velas na fotoblogoteca ou ligando aquí.

Grazas ao profesor Juancho das Filipenses e ao profesor Catoira dos Escolapios polo seu traballo nestas fotos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2007 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festa Rachada
Mañán, a partires das 11.30 no Colexio de La Salle de Santiago haberá a festa da lingua para celebrar a entrega de premios da terceira edición do premio Sarmiento. Os gañadores tédelos abaixo. Por certo, na festa haberán un 1000 raparigos e raparigas. Será unha festa das dos sete estalos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2007 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Finalistas da 4ª Edición
Isto bole. Aínda non entregamos os premios da terceira edición e xa está en marcha a cuarta. Xa empeza a haber centros inscritos e xa temos finalistas. Grazas a tódolos colaboradores nesta fase previa.

Categoría 1º e 2º primaria
BLANCO, Concha. Poemas para pintar. Sotelo Blanco
GAYOSO, Xulio. A banda de Vilacendoi. Kalandraka
FREIRE, Isabel. Glub, o incrible peixe- bala. Xerais


Categoría 3 a 5º de primaria
SÁNCHEZ, Gloria. Dez piratas. Obradoiro
CARBALLEIRA, Paula. Smara. Kalandraka
CORTIZAS, Antón. Era unha vez na quimbamba. Tambre


Categoría 6º a 2º de ESO
YAÑEZ CASAL, Antonio. Lóbez. (meiga moira). Baía Edicións
REIMÓNDEZ, María. Usha. Xerais
ALFAYA, An. Zoa e Azor. Tambre

Categoría 3º a 1º Bach.
CAAMAÑO, Adolfo, O paxaro do mel. Xerais
ALONSO, Fran. Cartas de amor. Xerais
VILLAR, Domingo. Ollos de auga. Galaxia
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2007 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
© by Abertal