|
|
Finalistas da décimo sexta edición |
|
Os libros e autores/as finalistas da décimo sexta edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento deste curso 2019-2020 son os seguintes:
INFANTIL
A casa do terror de Xoán Curiel. Galaxia e Nube branca quere ser astronauta de Pablo Nogueira. Baía Edicións.
1ª CATEGORÍA (1º e 2º EP)
Macedonia de versos. Concha Blanco e Lidia Nokonoko, Aira Editorial.
Tikismikis. Laura Garzón. Rodeira-edebé
2ª CATEGORÍA 3º e 4º de EP)
O xeito das froitas de María Reimóndez. Oqueleo.
Puf! Vaia peido. Seres sorprendentes con nomes ocorrentes. Luisa Martínez. Galaxia.
3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP)
Os megatoxos e a batalla de Rande. Anxo Fariña. Xerais.
Brian, o chinés. David Daniel Vázquez. Embora
4ª CATEGORÍA (1º e 2º ESO)
Novo mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina. El primo Ramón. Bululú.
Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia. Alberto Varela. Xerais.
5ª CATEGORÍA (3º e 4º ESO)
O mundo en que vivín. Ilse Losa. Hércules de Ediciones.
O efecto Frankestein. Elia Barceló. Rodeira-Edebé
6ª CATEGORÍA (Bach e adultos)
O último barco. Domingo Villar. Galaxia
O pasaxeiro 19. Carlos Vila Sexto. Rodeira-edebé
|
|
|
|
Os premios Frei Martín Sarmiento e Rec-Curta nos medios de comunicación |
|
O 3 de maio, en horario de 17.00 h a 19.00 h no Salón Carlos V do Hotel Monumento San Francisco entregáronse os premios literarios Frei Martín Sarmiento, que xa van pola súa décimo quinta edición, e os da décima edición do certame de curtametraxes Rec-Curta apoiados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que contan co patrocinio do Festival de Cans. O acto, que foi conducido pola xornalista e locutora da cadea COPE Paula Pájaro, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente da xunta directiva de Escolas Católicas, Juan Manuel Buján.
El Correo Gallego
La Voz de Galicia
Na páxinada Arquidiócese de Santiago
Cope Santiago. Entrevista a Charo Baleirón na Cadea Cope presentando os Premios Sarmiento e REC.Curta. Minuto: 31.50
Ver galería |
|
|
|
Gañadores da XV edición |
|
O día 3 de maio coñecéronse os gañadores da décimo quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O acto, foi conducido pola comunicadora e locutora Paula Pájaro, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente de Escolas Católicas, Juan Manuel Bujan.
Os gañadores desta XV edición do Premio Frei Martín Sarmiento foron:
Educación Infantil
GONZÁLEZ, OLALLA; Un máis; Ed. Kalandraca
1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
LADO, MARÍA; 5 minutos; Ed. Auga editora
2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
TOBARUELA, PERE; Catro pedras vellas; Bahía Edicións
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
COSTAS, LEDICIA; A señorita Bubble; Ed. Xerais
4ª categoría: 1º e 2º de ESO
M. CIMADEVILA, FERNANDO; A incríbel viaxe de Noa; Ed. Contos estraños
5ª categoría: 3º e 4º de ESO
LOZANO GARBALA, DAVID; Descoñecidos; Ed. Rodeira-Edebé
6ª categoría: bacharelato e adultos
VILA BALEATO, LITO; Campus Morte; Ed. Galaxia
|
|
|
|
Festa da Lingua en Ourense |
|
Manifesto lido por Rogelio Fariñas
Ver video do manisfesto |
|
|
|
Festa da Lingua en Lugo |
|
Manifesto lido por Rebeca González
Ver video do manifesto |
|
|
|
Festa da Lingua na Coruña |
|
QUE É UNHA ?PIEIRA??
Descubrímolo na Festa da Lingua da Coruña que tivo lugar o día 12 de abril no salón de actos de salesianos. Tras un cálido recibimento por parte do director de salesianos Mauri Paniagua, Pura Galán -coordinadora dos EDLG da Coruña da Secretaría Xeral de Política Lingüística-, lembroulles aos asistentes a figura de Antonio Fraguas e Marta Domínguez, coordinadora dos EDLG da Coruña de Escolas Católicas fíxoos reflexionar -con datos- sobre a importancia de usar o galego en todos os contextos e todos os días.
Dous nenos de Esclavas emocionáronnos co seu vídeo sobre as avoas e, finalmente Vero Rilo e Sonsoles presentaron o espectáculo ?O pozo das Señora?. Nel incluíron un conto recollido por Fraguas titulado ?A Pieira?. E? que é a pieira?
Podedes descubrilo vendo este vídeo.
|
|
|
|
Tiro de saída das Festas da Lingua de Escolas Católicas |
|
 As Escolas Católicas de Galicia xa iniciaron as súas Festas da Lingua. Este programa anual, que se convoca en distintas cidades galegas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, iniciouse o venres pasado en Santiago coa participación de 600 nenos dos colexios La Salle, San Jorge, Cluny, Compañía de María, Divino Maestro, Casa do Neno e Inmaculada. O alumnado participou con recitais e con escenificacións da vida e obra do autor que se homenaxea este ano nas Letras Galegas, Antonio Fraguas. Finalmente, a Tropa de Trapo representou ante un auditorio entusiasmado, a obra 4 monos.
As próximas citas terán lugar en Lugo, o 9 de abril; en Ourense o 10 de abril e en Coruña o 12 de abril.
Premer La Voz de Galicia
|
|
|
|
Sobre o Premio " Frei Martín Sarmiento " |
|
O Premio Frei Martín Sarmiento non é só para quen escribe un libro en galego, é tamén para quen o le e o recomenda, para quen quere que ese libro sexa o seu compañeiro de xogos e de soños durante un tempo, porque así afastamos a soidade e o aburrimento. O premio, realmente, é que o libro reciba tanto agarimo.
Paula Carballeira |
|
|
|
Sobre " bruxa e familia " |
|
Dicían que a miña avoa era unha bruxa, unha bruxa desas que poden axudar á xente porque saben cousas que outras persoas esqueceron. Cando fun vivir a unha casiña de pedra, a carón dunha carballeira, decateime de que se cadra dirían que eu tamén son unha bruxa, porque vivo cun par de gatas e conto historias de medo que dan arrepíos, sobre todo pola noite, ao imaxinar o que agocha a escuridade. A bruxa do meu libro non son eu, pero podería selo. A familia da bruxa do meu libro parécese moito á miña (aínda que o meu irmán non adoita andar polos tellados, que eu saiba) e eu querería que quen lese o libro se sentise parte da familia desta bruxa á que lle gusta poñer nomes e facer tortas de aniversario.
Paula Carballeira
|
|
|
|
María Lado + 5 minutos |
|
Síntome feliz de que o noso libro 5 minutos estea de finalista no Premio Frei Martín Sarmiento porque é un premio que escollen as persoas que máis saben de libros: as lectoras e os lectores! Que esta historia que eu escribín con tantas ganas lles guste a nenas e nenos é marabilloso. Estou moi emocionada, moitas grazas.
Cando os meus fillos e eu temos que agardar nalgún sitio, inventamos sempre xogos para pasar o tempo, pero sobre todo observamos as cousas que hai ao noso redor. Deses xogos naceu este libro, co que quería contar á xente que se miras con atención o mundo hai moitas cousas en que enredar. E tamén moita poesía. Eu quería que este libro servise para pasar un anaquiño entretido, porque neses momentos o tempo pasa voando. E foi un pracer poder facelo con Nove Noel, que lle deu vida a todos os personaxes cos seus lapis e cores.
María Lado
|
|
|
|
|
|
|