Blog do premio literario Frei Martín Sarmiento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Gañadores da XXI edición dos Premios Frei Martín Sarmiento e Rec - Curta |
|
O 9 de maio tivo lugar o acto de entrega dos Premios literarios Frei Martín Sarmiento no salón de actos da Secretaría Xeral da Lingua, en Santiago de Compostela. Estes recoñecementos caracterízanse por seren os escolares protagonistas imprescindibles pois, cos seus votos, deciden as obras gañadoras. Estes premios, organizados polo departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas, contan co apoio da Secretaría Xeral da Lingua así como co patrocinio do Grupo Anaya.
O alumnado arroupou, emocionado, os escritores e escritoras, ilustradores/as, tradutores/as e editoras/es que asistiron ao evento e foron os primeiros en coñeceren os nomes das persoas gañadoras desta vixésimo primeira edición dos devanditoss premios. Foron ao redor de 3.000 alumnos e alumnas os que, tras leren as obras finalistas de cada categoría, resolveron que as autoras ou autores gañadores da XXI edición dos FREI MARTÍN SARMIENTO 2025 sexan os seguintes:
INFANTIL
Maldiño, a vergoña da familia. Esteban Souto. Antela Editorial.
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)
Avoa, neto e burro. Caxoto. Ilustración: Cinta Arribas. Triqueta editora
2ª CATEGORÍA (3º, 4º)
Clorinda Marween. Unha bruxa inventora. María Vázquez Pupé. Cumio editorial.
3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP) – Recoñécese o labor de Tradución
A máquina de facer contos. Ricardo Gómez e Emilio Urberuaga. Tradución: Víctor Mascato. Triqueta editora
4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO)
Como escorrentar un lobo. Antonio M. Fraga. Cuarto de Inverto
5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO)
Reis da montaña. Daniel Hernández. Rodeira-Edebé
6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos)
A noite das cebolas. Rosa Aneiros. Xerais.
Fotos Premios Frei Martín Sarmiento
PREMIOS REC–CURTA 2025
Por outra parte, o alumnado asistiu impaciente á entrega dos galardóns do certame audiovisual REC.curta ao que se presentaron unha decena de traballos que optaban ás dúas categorías das que consta o certame. Primeira, dirixida a alumnado de 6ª de Primaria, 1º e 2º de ESO e segunda dirixida 3º, 4º ESO, Bacharelato e FP. O traballo recoñecido como Mellor docuficción da primeira categoría foi Carmen, baseado nunha historia real de emigración galega, elaborado por tres alumnas do colexio Inmaculada (carmelitas de Vigo) e na 2ª categoría, o xurado decidiu recoñecer como Mellor curta O eco do silencio, que xira ao redor do acoso escolar, da Inmaculada de Marín e como Mellor docuficción a Estrobo, centrada na importancia de coidar a nosa contorna e o medio ambiente, realizada por alumnado do colexio María Assumpta de Noia. Ambos os traballos, xunto cos demais galardoados, poden verse na páxina web de Escolas Católicas (www.escolascatolicas.es).
Fotos premios Rec-Curta
Ver curtas
|
|
|
|
|
|