Ir � paxina principal  
O meu espazo: Usuario Contrasinal
Blogs
Artigos
Imaxes
Ligazóns
listado de Blogs
descrición do sistema
tutorial de uso
novas
consultas
contacto
Últimas novas
29-12-2011
A BLOGOTECA SUPERA AS 42.000 IMAXES
25-02-2010
AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ

Novas

BITÁCORAS: BLOGS E FOTOBLOGS (04-01-2007)
As novas canles de expresión

O sábado 13 de xaneiro, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche en Santiago de Compostela terá lugar a xornada "Bitácoras. Blogs e Fotoblogs: As novas canles de expresión".

Os blogs ou bitácoras, e máis aínda recentemente os fotologs, ou os podcasts están a supoñer unha completa mudanza social e comunicativa. Nesta xornada preténdese dar a coñecer unha pequena mostra das posibilidades que nos dan estes novos formatos expresivos, comunicativos e informativos e como constitúen hoxe en día unha ampla rede social cun importante emprego da lingua galega.

PROGRAMA

? Mañá:
10.30 h. María Yáñez. Que é unha bitácora. Reflexión sobre o fenómeno da extensións dos bitacoras e outras canles de expresión por internet.
11.15 h. Raquel Gamallo e Manuel L. Pan . Ferramentas e recursos en galego para crear blogs. www.blogoteca.com
12.30 h. Alberto Yáñez . Internet como unha comunidade participativa e de troco de
noticias. www.chuza.org
13.15 h. Carlos Neira. Un perfil das bitácoras galegas.

? Tarde:
16. 30 h. Amador Loureiro. Blogs e fotologs como canle de expresión: literaria, musical,
artística e de análise social e político.
17.15 h. Modesto del Río. Os podcasts.
Presentación de Experiencias en blogs e fotoblogs.
18 h. Bitácoras e música:
Noel Feáns. A regueifa. Martín Wu. The Homens.
18.30 h. Língua e Literatura.
Nel Vidal e Suso de Toro.
19.30 h. Bitácoras de Cine.
Martín Pawley.
20.15. Clausura da xornada

Para máis información: O Ensanche Telf: 981543001

# Ligazón permanente a esta nova
 
© by Abertal
o sistema | tutorial de uso | novas | consultas | contacto | aviso legal Subir al inicio de la página