Ir � paxina principal  
O meu espazo: Usuario Contrasinal
Blogs
Artigos
Imaxes
Ligazóns
listado de Blogs
descrición do sistema
tutorial de uso
novas
consultas
contacto
Últimas novas
29-12-2011
A BLOGOTECA SUPERA AS 42.000 IMAXES
25-02-2010
AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ

Novas

A BLOGOTECA SUPERA AS 42.000 IMAXES (29-12-2011)
Feitos por galegos e en galego.

BLOGOTECA.COM, o sistema galego e en galego de creación de blogs segue superando os seus propios record aloxando máis de 42.000 imaxes no seu sistema.

Un sistema de creación de blog que nos seus cinco anos e medio de vida conta xa con 86.550 artigos de todo tipo de contidos, actos sociais, fotos de celebracións ou de viaxes, festas, actividades de asociacións culturais e políticas, pensamentos,? todo tipo de contados que dende calquera recuncho de Galicia chegan a calquera recuncho do ciberespacio contando con máis de 4200 blogs dados de alta e neste momento con 2300 en activo.

Temos que destacar sobre todos estes blogs, cigsaudebarco, bngoleiros e malmequer, que son os máis activos da nosa rede.

# Ligazón permanente a esta nova
 



AS HERBAS MEDICINAIS EN ALLARIZ (25-02-2010)
Gañadora do II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa

Fundetec entregou hoxe en Madrid os premios do seu II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa, que recoñece o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas orixinais para fomentar a inclusión das persoas maiores na Sociedade da Información, así como a predisposición destas a aprender algo novo e perder o medo ás tecnoloxías.

A iniciativa gañadora elixida polo Xurado foi 'As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminino', este blog feito dentro do sistema de Blogoteca e impulsado polo Concello de Allariz (Ourense) contou cá participación de 150 mulleres de medios rurais que recompilaron os usos e tradicións das diferentes herbas medicinais da zona, realizando fotografías das mesmas compartindo estos coñecementos para a transmisión ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías.

Dende eiqui o reconocemento o traballo ben feito, a enoraboa e o agradecemento por elexir a Blogoteca para a realización deste proxecto.

# Ligazón permanente a esta nova
Blog Gañador Herbas Medicinais >>
 



II CONCURSO NACIONAL MAIORES cON Iniciativa (16-02-2010)
Galicia terá tres finalistas, doús feitos dentro da Blogoteca

Entregáronse os premios ás tres mellores iniciativas do I Concurso 'Maiores cON Iniciativa' Galicia 2009, organizado por Fundetec para recoñecer o esforzo dos axentes sociais que desenvolven iniciativas orixinais que fomentan a inclusión das persoas maiores na Sociedade da Información.

Galicia foi moi activa neste certame onde das 88 candidaturas presentadas, 16 son galegas ptomovidas a través da rede de Centros de Dinamización da Sociedade da Información.

As herbas medicinais en Allariz: unha historia de recuperación e empoderamento feminina,
do Concello de Allariz. Recompilación dos usos e tradicións das diferentes herbas medicinais da zona, realizando fotografías das mesmas e colgando toda esta información nun blog. Deste xeito, estes coñecementos transmitiranse ás xeracións futuras a través das novas tecnoloxías.

Bergantiños: pasado e presente,
do Centro de Dinamización de Carballo. Vivencias, recordos e tradicións relacionadas coa súa terra, publicando os seus textos e as súas fotografías para póras a disposición de calquera persoa que queira coñecer mellor a historia da bisbarra de Bergantiños.

Memoria de Muller de Ribadeo, do Centro de Dinamización de Ribadeo. Recuperar a memoria histórica da muller galega e transportar os seus recordos cara ao futuro.

Ademais de recibir como premio un trofeo tecnolóxico, estas tres iniciativas pasarán ao final nacional, canda as mellores iniciativas do resto das comunidades autónomas participantes, e poderán optar ao Premio do II Concurso Nacional Maiores cON Iniciativa 2009, que se resolverá o 25 de febreiro en Madrid.

# Ligazón permanente a esta nova
 



A BLOGOTECA SUPERA OS 2000 BLOGS (20-05-2009)
Feitos por galegos e en galego.

Voltamos unha vez máis cas estatísticas de uso da BLOGOTECA.COM o sistema galego e en galego de creación de blogs que segue día a día medrando e superando os seus propios records en tódolos xeitos.

Xa son 26040 imaxes as que alberga o seu sistema nun total de 2059 blogs que nestes tres anos de funcionamento xuntaron 50539 artigos de todo tipo de contidos, actos sociais, fotos de celebracións ou de viaxes, festas, actividades de asociacións culturais e políticas, pensamentos,? todo tipo de contados que dende calquera recuncho de Galicia chegan a calquera recuncho do ciberespacio.

# Ligazón permanente a esta nova
 



A BLOGOTECA SUPERA AS 15.000 IMAXES (13-05-2008)
Feitos por galegos e en galego.

BLOGOTECA.COM, o sistema galego e en galego de creación de blogs segue superando os seus propios record aloxando máis de 15.000 imaxes no seu sistema.

Un sistema de creación de blog que nos seus dous anos de vida conta xa que confianza de máis de 1450 usuarios que elixiron este soporte para publicar todo tipo de contidos, desde fotos de viaxes, actos sociais, festas, pensamentos, asociacións culturais e políticas? que desde calquera recuncho de Galicia ábrense ao ciberespacio.

Xa son 32.000 artigos escritos en galego e medrando a un ritmo duns 100 blogs mensuais, contando no mes pasado con 2.747.457 páxinas visitadas nun total de 436.124 visitantes, sendo hoxe 15298 visitantes que consultaron 102.003 paxinas.

# Ligazón permanente a esta nova
 



I XUNTANZA DE BLOGUEIR@S (22-04-2008)
31 de maio en Agolada

Organizado pola Asociación Amigos dos Pendellos e ca axuda na programación do acto D?Agolada, As Beiras do Arnego, A Lareira de Santiso, A Chousa da Alcandra, Ao pé do Farelo e Aquam Latam (blogs de Agolada e das veciñas terras de Santiso e Antas de Ulla) convocasé a I Xuntanza de Blogueir@s a celebrarsé na Agolada (Pontevedra) o 31 de maio de 2008.

O programa a levarse a cabo inclúe animación musical, autopresentación dos participantes de forma libre, ponencias sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema, visita guiada ?Os Pendellos? (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural), xantar de confraternidade, ruta de sendeirismo, e finalizar cun concerto.

Cada participante deberá aportar 20 ?, que corresponden ao xantar e parte do autobús. O resto dos gastos corren a conta da Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada.
É conveniente que os que desexen asistir o comuniquen no blog aberto para esta xuntanza: http://blog-xuntanza.blogspot.com/

# Ligazón permanente a esta nova
I Xuntanza de Blogueir@s >>
 



A BLOGOTECA SUPERA OS 1000 BLOGS (21-11-2007)
Feitos por galegos e en galego.

Despois de ano e medio de traballo, o sistema galego e en galego de creación de blogs, BLOGOTECA.COM, xa son máis de 1000 os blogs subscritos, e máis de 10.000 as fotografías subidas a disposición dos visitantes.

Unha media de 65 blogs se crean ao mes dentro deste sistema, e un 95% deles son feitos por galegos e en galego.

A Blogoteca foi o primeiro sistema de xestión de blogs de Galicia, e nestes momentos xa é toda unha referencia grazas a todos e todas as usuarias que están usando e confiando no noso sistema, isto leva a que a día de hoxe xa sexan 10.000 as visitas e 47.000 as páxinas visitadas cada día, o que fixo que no último mes sexan 396.345 as visitas reais á web e 1.162.455 as páxinas vistas.

Os blogs son de todo tipo, desde quen os aproveita para emitir os seus pensamentos máis íntimos ata o que colga as fotos dos seus viaxes, ou dos pinchos que vai tomando polos diferentes bares, ata asociacións culturais e políticas que aproveitan estes blogs para darse a coñecer de xeito gratuíto, ou personaxes como Sechu Sende, Vicente Montoto, Benedicto de Voces Ceives, etc.

Temos que destacar sobre todos estes blogs, www.blogoteca.com/malmequer, que con 746 artigos é o máis activo da nosa rede.

# Ligazón permanente a esta nova
 



Xa está en marcha a FOTOBLOGOTECA (13-01-2007)
Como xa vos avisaramos nunha anterior mensaxe, estes dias estamos a realizar melloras no servicio da Blogoteca.

Ademais de pequenos detalles (como a nova opción de activar ou desactivar os comentarios recibidos) a partires de agora tódolos usuarios tedes habilitada a vosa FotoBlogoteca particular..

Para saber como empregala contades cun tutorial de uso na web da blogoteca. Lembrade que as fotos que subades teran que estar en formato JPG, cun tamaño máximo de 150kb.. e coidando sempre do nome dos arquivos (nomes cortos, sen espazos nin caracteres especiais).

Para calquera dúbida que vos poida xurdir sabedes tamén que contades con este enderezo electrónico. Ao que tamén podedes escribir se detectades algún problema cos vosos blogs, ou se non recibíchedes resposta dalgunha das vosas mensaxes nestes días.

# Ligazón permanente a esta nova
 



Estreamos Foro (22-06-2006)

Seguimos traballando para mellora-lo sistema de blogs, para o que é de gran axuda a vosa colaboración.
Por iso, e tamén para que teñades un punto de encontro entre os distintos usuarios, onde falar e compartir opinións, dubidas, experiencias,.. ou o que queirades; vimos de incorporar un Foro, ao que poderedes acceder dende o panel de administración, e no que teredes o mesmo nome de usuario e clave que no voso blog.

--------------------------------------------------
Aproveitamos para informarvos de que imos eliminar a publicidade do google que aparece nas bitácoras..

# Ligazón permanente a esta nova
 



Máis actualizacións na Blogoteca (01-06-2006)
Vimos de incorporar dúas opcións novas no panel de administración

Dentro da opción de "Conectividade" atoparedes agora, ademáis das
ligazóns, dous enlaces máis:
- un servicio de estadísticas no que poderedes ver dende qué páxinas
entran na vosa bitácora
- e un segundo enlace "Favoritos" no que poderedes recomendar
sempre que queirades, 5 bitácoras da Blogoteca que vos
parezan especialmente interesantes (e, asi mesmo, comprobar cales
son os blogs mais recomendados polos usuarios en cada momento).

# Ligazón permanente a esta nova
 



Muda o teu Blog á Blogoteca ! (18-05-2006)

¿Xa tes un blog noutro sitio?

Agora xa podes mudarte á Blogoteca dun xeito moi sinxelo.

Temos desenrolado un sistema de mudanzas para que o contido do teu anterior blog, apareza tamén no teu novo enderezo: Contacta con nós i estudiaremos o teu caso (non esquezas indicar a dirección web onde 'reside' o teu actual blog).

Polo de agora este sistema non é automático, xa que estamos e fase de testear todas as súas partes. Por eso durante este tempo contarás coa ASISTENCIA PERSOALIZADA de Abertal para que toda a mudanza se realice de xeito correcto.

ÁNIMO E A CAMBIAR DE CASA, O TRANSPORTE CORRE POLA NOSA CONTA

# Ligazón permanente a esta nova
 



Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© by Abertal
o sistema | tutorial de uso | novas | consultas | contacto | aviso legal Subir al inicio de la página