Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Uxía.- Verdes sao os campos

Había tempo que non achegaba nada a esta miña sala de música, así que hoxe vos propoño unha canción que me transporta a momentos marabillosos cantada por unha muller cunha voz que admiro de verdade, Uxía.

Tiven a sorte de estar presente na gravación deste concerto de homenaxe a Zeca Afonso en Pontevedra un vinte e cinco de avril de hai xa dous anos, cando o goberno deste país era outro e a Televisión de Galicia añinda non se convertera de novo na TelePP.

Janita Salomé, Sergio Godinho, Manecas Costa, Uxía, Treixadura, Dule Pontes... todos a cantar cancións do Zeca...

Hoxe sería inimaxinábel un concerto así.

Gozade do Verdes sao os campos, que paga a pena.

Comentarios (0) - Categoría: Sala de música - Publicado o 03-09-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
A praza de Jemaa el Fna 2

Velaquí tedes un dos carros onde se cociñan eses pratos exóticios dos que vos falaba.
Comentarios (0) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 02-09-2009 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Praza de Jemaa el Fna (Marrakech)
A praza de Jemaa el Fna é o centro da vida da cidade de Marrakech.´

Trátase dunha praza realmente viva ateigada día e noite de xente do máis variopinta, dende encantadores de serpes até contacontos rodeados de persoas a escoitar e que paga a pena ver aínda que non se entenda a linguaxe na que dramatizan as súas historias.

Un home encanta serpes coa súa frauta debaixo dun parasol á beira doutro que vende dentaduras postizas de segunda man!

Unhas mulleres fan tatuaxes de henna aos turistas mentrs outro vende caracois cocidos, ou zume de laranxa, ou carne á brasa, ou calquera cousa susceptíbel de ser vedida neste recuncho do mundo único e imposíbel de comparar con ningún outro lugar que nunca teña visitado.

É ramadán este mes no mundo musulmán e a praza pola noite logo do último rezo da xornada é un fervedoiro de actividade que ninguén na cidade parece querer perderse.

Jemaa el Fna, declarada patrimonio da humanidade, é o pórtico de entrada aos zocos, dos que falaremos un destes días, ese laberinto de rúas que se entrecruzan para conformar o corazón da Medina, onde os latexos da vida presiden o día a día da cidade.

Jemaa el Fna é moito maís ca unha simple esplanada, é a praza maís famosa do Magreb, coñecida tamén entre os marroquinos co nome de "Praza da Nada" ou "Asemblea dos Mortos", porque no pasdo era o lugar onde se exhibían as cabezas e os corpos dos executados.

O mellor é contemplala mentrtes se saborea un té de menta na terraza dun dos varios cafés que a rodean para facerse unha idea das súas enormes dimensións.

Cada solpor a loucura invade o centro da praza, que se converte en escenario dunha longa variedade de actividades. Son bailaríns e músicos que enchen o ambiente de sons, son adivinos que din poder ver o futuro e prometen todo canto poden, son sacamoas, son amestradores de monos, son escribáns públicos que redactan escritos para a xente...

Dende o amencer até ben entarda a noite instálanse no centro da praza unha infinidade de vendedores que cociñan nos seus carros toda caste de mercadorías que sirven aos comensais en bancos de madeira que farían lembrar ás nosas pulpeiras se non fose polo exotisnmo dos pratos que cociñan.

A praza é, de verdade, un balbordo, unha catarata de xente a entrecruzarse, un espectáculo digno de contemplar.

A fotografía que vos achego está sacada dende a terraza do Café de la Place. Se a examinades con atención quizais sintades o balbordo que reinaba no lugar nese momento.

Estou seguro.

Comentarios (2) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 02-09-2009 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Custodia dunha nena a un pai maltratador
Hoxe apareceu na prensa unha desas novas que aterrrizan e poñen os cabelos de punta:

Retiran a custodia dunha nena á súa nai para lla entregar ao pai condenado por maltrato.

Pero que clase de merda de xustiza hai en España?
Comentarios (1) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 02-09-2009 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Artigo de Rosa Montero sobre os touros
O xornal El País publica hoxe un artigo de Rosa Montero acerca da mal chamada "fiesta taurina" co que concordo ao cen por cen.

Podedes lelo aquí.

Que desaparezan as touradas das festas dos pobos!
Basta xa de maltrato aos touros!
Comentarios (3) - Categoría: De animais maltratados - Publicado o 01-09-2009 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0