Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Hisham Matar: Só no mundo
Recoméndovos a lectura dunha novela moi boa do escritor Hisham Matar, nacido en Nova York pero de orixe libia.

A versión orixinal titúlase In the Country of Men e non sei por que lle cambiaron o nome ao traducila.

A través dos ollos inocentes do pequeno Solimán, nunha narrativa que engaiola dende a primeira páxina, imos descubrindo a cidade de Trípoli, onde vive, as súas amizades e as sombras todas da sociedade que o rodea nos primeiros anos da chegada ao poder de Muammar_al-Gaddafi.

Unha novela moi ben escrita e chea de vida.

Veña un grolo por Hisham Matar!
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 15-08-2010 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Hora de voltar
Xa era hora de voltar con todos vós logo dun mes ateigado de experiencias inesquecíbeis e, por suposto, non podía ser doutro xeito, de tempo de lecer.

Houbo momentos, gratos todos eles, para todo, para tomar o sol na praia, para gozar do mar, este verán moito máis fresco do que é habitual, para facer lecturas que deixaron un pouso marabilloso na mente disipada, para compartir xantares e ceas cos amigos, mesmo para atopar un xabarín a pasear polos montes de Trabadela, no Concello de A Estrada, nunha xornada chea de amizade polos catro cantos, para presenciar a pelexa dos aloitadores cos cabalos salvaxes no Curro de Sabucedo, para botar un agardábel baile nalgunha festa nocturna...

Para iso é o verán.

Pero xa estou de volta neste noso recuncho virtual, neste punto de encontro ao que sempre se retorna.

E traio debaixo do brazo un caderno cheo de anotacións tomadas na illa de Bali, onde descubrín un mundo lonxano do que non é difícil ficar, polo menos, en parte, namorado.

Mañá mesmo, con moitas ganas, comezarei a verquer aquí as miñas anotacións. Achégovos hoxe unha primeira fotografía do templo (Pura en balinés) de Ulun Danun , construído dentro do lago de Beratan, para ir abrindo boca.

Quedades convidados a compartilas e comentalas, amigos.

Veña unha boa aperta de reencontro!

Só agardo que este verán fose fermoso para todos!
Comentarios (6) - Categoría: Diario do verán - Publicado o 15-08-2010 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0