Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Das Mirandas de Ares

Onte volvín mergullarme no mar que tanto amei de pequeno e de adolescente, no mar que mesmo inspirou poemas de mocidade:

Dende o alto da rocha
quero chamar por ti
para sentir
outra volta
o amor das túas ondas

e temos que falar
noites enteiras
de luceiros que reflictes
de lúas roubadas ao ceo

pero non sei
se darei articulado
nin unha primeira verba...


Falo das Penas Mirandas á entrada da ría de Ares, onde pasei os veráns todos da miña nenez.

Onte camiñei pola costa de novo cara ás miñas illas Mirandas amadas e admiradas, esas dúas velas de navío petrificadas para sempre para lle dicir adeus ao sol do solpor.

Onte mergulleime no mar coa miña filla no mesmo lugar onde era feliz na nenez e procuramos caranguexos agachados debaixo das pedras.

Simplemente os colliamos para acariñalos e devolverllos ao mar.

Onte sentinme feliz outra vez.

Comentarios (2) - Categoría: Diario do verán - Publicado o 05-07-2009 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
De Uxío Novoneyra e o Día das Letras 2
Tal como apoiei dende este blog no pasado mes de maio a RAG acaba de propor a Uxío Nononeyra para o Día das Letras de 2010.

Veña un grolo por Uxío!
Comentarios (1) - Categoría: De literatura - Publicado o 05-07-2009 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Das augas de Mondariz
A raíz dun comentario publicado onte por actualidade comprometinme a procurar un anuncio de augas de Mondariz e atopei xusto aquilo que buscaba.

Nada mellor cá auga en contra das fatídicas resacas que provoca o alcohol.

Por certo, que me parece un anuncio moi bo.

Comentarios (1) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 05-07-2009 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Un anuncio de Guinness
A publicidade dá ás veces asombrosas sorpresas. Ollade este anuncio de Guinness, considerado un dos mellores da historia da publicidade.

Mellor se o ollades cun vaso de Guinness na man, por certo.

Quen podería describir o que se agacha detrás do sabor dunha boa cervexa?

Comentarios (3) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 04-07-2009 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
A intimidade das árbores

As raíces reproducen a forma da árbore debaixo da terra, din os xaponeses cando comezan a deseñar un bonsai.

As raíces son tamén o seu xeito de se aferrar ao chan para non voar nos días de vendaval.

As raíces son a intimidade da árbore, o lugar que escolle para se reunir polas noites consigo mesma e dese xeito poder pensar, afastada completamente das olladas dos demais.

Por iso están agachadas debaixo da herba, no lugar onde a árbore comparte confidencias coas toupeiras, as formigas e as miñocas.

Nada hai mellor no mundo ca unha pouca de intimidade para poder parolar!
Comentarios (3) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 03-07-2009 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Do club de lectura de Poio
Onte tiven o pracer de participar nunha xuntanza do Club de lectura de Poio, que se reúne cada mes no edificio da antiga escola de preescolar de Combarro.

Acudín á xuntana convidado por Silvia Díaz, a concelleira de cultura, porque ían falar do meu Shakespeare destilado.

E falamos tamén d'As humanas proporcións e de como entendo a literatura e o labor dun escritor.

Unha vez rematada a xuntanza tivemos a oportunidade de continuar a falar na terraza dun bar da vila, onde me convidaron a cear.

Un verdadeiro pracer.

Veña un grolo polos integrantes do club de lectura de Poio!
Comentarios (1) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 02-07-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0