Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Valentín Paz Andrade: Pranto matricial

Velaquí un fermoso poema de Valentín Paz Andrade neste Día das Letras dedicado a el.

Foi escrito no ano 1954 en memoria de Castelao:

Na matricial Galiza, sempre túa,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...

Comentarios (0) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-05-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Alberto Giacometti e o seu camiñante
Quero ser este home de Alberto Giacometti.

Quero ser ese home que debuxa a súa silueta no horizonte.

Quero ser ese home que olla cara adiante,
ese que ten os pés unidos ao chan.

Quero ser este home que se estira cara ao ceo e ocupa un lugar de seu mentres camiña.

Quero ser ese home de grandes e seguras alancadas, de paso certo, de convencido andar.

Quero ser este home que nunca deixa de avanzar.


Comentarios (0) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 15-05-2012 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
15.724: primeira entrevista
A Biblioteca do IEs de Poio vén de publicar no seu blog a primeira entrevista que se me fai acerca da miña novela 15.724.

Podedes vela aquí.

Moitas grazas de todo corazón aos dous alumnos que a fixeron (Mar Moldes e Iván Ferreiro) e a Anxos Rial, a coordinadora da Biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 15-05-2012 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
Do hipnotizante arrecendo do xasmín
Nada tan embriagador coma o hipnotizante arrecendo do xasmín.

Eu non o sabía pero estaba agachado na miña memoria até que saíu un día por sorpresa nunha vila de Tunicia que se chama Sidi Bou Saïd (سيدي بو سعيد‎) preto de Cartago nunha visita hai xa moitos anos (vinte e tantos) pola primavera.

Viaxei sen me decatar á miña escola de infantil, ao meu parvulario...

Era trece de maio, coma hoxe.

As mestras encargábannos que levásemos flores "para a virxe", porque polo visto o trece de maio é o día da virxe por iso de que foi o día que se lles apareceu aos pastorciños de Fátima na Cova da Iria!

E miña nai sempre se enfadaba e dicía que se as mestras querían flores que as comprasen elas.

Pero aínda así eu sempre ía ao colexio cun par de caraveis na man.

E facíannos cantar unha cousa así como "El trece de mayo la virgen María bajó de los cielos a Cova de Iría... Ave, ave, ave María!"

E eu nunca entendera o que quería dicir iso que cantabamos porque non coñecía o concepto "cova de Iría" pero cantaba igual porque todos cantaban e porque a profe nos mandaba (de seguro que ningún neno sabía o que quería dicir a canción)

Os nenos con máis recursos (ou de pais máis relixiosos) levaban uns ramos de flores que as mestras de encargaban de louvar sen recato ningún.

Pero a min tanto me tiña! O único que me gustaba era o arrecendo que había no colexio.

Algún compañeiro debía de levar un ramo con algunhas floriñas de xasmín...

Nada tan embriagador coma o seu arecendo!

Comentarios (4) - Categoría: Do que estou a falar cando falo de min - Publicado o 13-05-2012 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
De Lou Reed e John Cale: Nobody Like You
Unha canción inspirada na amizade entre Andy Warhol e Lou Reed na época de The Velvet Underground, escrita pouco tempo despois de que Valerie Solanas disparase contra Warhol:

Nobody but you
a nobody like you
Since I got shot
there's nobody but you


Comentarios (0) - Categoría: Sala de música - Publicado o 13-05-2012 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Lanzamento da Sidra de Ribela
Onte na miña casa en Poio abrimos (e bebemos) as primeiras botellas da sidra de Ribela, de produción eolóxica por métodos absolutamente artesáns e tradicionais.

Esta sidra está fabricada con mazás autóctonas da Estrada e o día 25 de maio vai presentarse en Pontevedra nun acto no que vou ter o pracer de participar.

Quero de todo corazón desexarlles aos meus amigos Jesús Armenteros e Isaura Arca que a súa deliciosa sidra teña a boa acollida que merece.

Saúde, amigos!
Comentarios (1) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 12-05-2012 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Percy B. Shelley: A flor que hoxe sorrí
Propóñovos a Shelley (1792-1822):
A flor que hoxe sorrí (The Flower That Smiles Today)

A flor que hoxe sorrí
mañá morre;
Todo canto queremos que fique
téntamos e logo fuxe.
Que é o placer neste mundo?
un lóstrego facer mofa da noite,
breve aínda que brillante.


The flower that smiles today
Tomorrow dies;
All that we wish to stay
Tempts and then flies.
What is this world's delight?
Lightning that mocks the night,
Brief even as bright.

Virtue, how frail it is!
Friendship how rare!
Love, how it sells poor bliss
For proud despair!
But we, though soon they fall,
Survive their joy, and all
Which ours we call.

Whilst skies are blue and bright,
Whilst flowers are gay,
Whilst eyes that change ere night
Make glad the day;
Whilst yet the calm hours creep,
Dream thou and from thy sleep
Then wake to weep.


Comentarios (0) - Categoría: De literatura - Publicado o 11-05-2012 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
D'As zocas faladoras
Moitas grazas á bliblioteca do IES de Poio polo anuncio da saída da miña novela 15.724 no seu blog As zocas faladoras.
Comentarios (0) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 10-05-2012 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
15.724
Con moita alegría anúnciovos a saída da miña novela 15.724 da man de Edicións Xerais de Galicia na súa colección de narrativa nunha edición moi coidada que leva na portada unha magnífica foto do meu gran amigo Anxo Cabada.

Achégovos o texto da contraportada:

Cun enorme poder metafórico, 15.724 trasládanos a unha Patria «asentada no lombo dunha ave durmida» que está presidida pola figura do Gran Mariscal e ten como símbolo intocable o armadillo da súa bandeira.

A través dunha narra­tiva distanciada que nos amosa unha xeografía dominada polas Leis do Libro dos Protocolos, o código que «ditaba as pautas, contaba e clasi­ficaba o tempo, sinalaba a veloci­dade, deseñaba metas e marcaba obxectivos», imos coñecendo esa Patria, na que se desencadea a traxedia de toda unha familia.

En Vila Estrelecida, Mamá Monte coida dos seus netos Samuel R., Nube e Gordo.

A partir da morte de Nube, o seu xemelgo, Gordo, cae nun estado de aletargamento que cambiará o des­tino da súa vida e obrigará a Samuel R. a afrontar unhas circunstancias terriblemente difíciles.
E mentres Leo K. vai publi­cando na Gaceta do Val unha serie de artigos de opinión que marcan as pautas da boa ética dos habitantes da Patria, Gordo convértese no centro de atención de todas as olladas.

Que pode facer Samuel R. para deter o reloxo e axudar o seu irmán?


Quero convidarvos a todos/as a lela e a que gocedes coa súa lectura tanto como eu gocei escribíndoa.
Comentarios (1) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 10-05-2012 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0