Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da lingua (minoritaria?) de nós
Achégovos un video para facerdes interesantes reflexións.

Somos realmente unha lingiua minoritaria?

Comentarios (1) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 12-05-2011 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Artur Barrio: Livro de carne
O artista portugués nacionalizado brasileiro Artur Barrio vén de ser distinguido co Premio Velázquez.

Artur barrio, un home moi comprometido con cuestións de carácter político, utiliza nas súas obras lixo, ouriños, ósos de matadoiros, teas, carne... en referencia, entre outros, ao concepto de ditadura.

Achégovos o Livro de carne, unha das súas obras máis famosas.
Comentarios (1) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 11-05-2011 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Algumas crianças gostariam que seus pais fossem animais
Un anuncio que non necesita comentario ningún!

Comentarios (2) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 11-05-2011 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Lou Reed: Rock'n'Roll Animal
Velaí tedes o Rock'n'Roll Animal de Lou Reed.

Non imaxinades que poder de evocaciñon ten para min e a morea de lembranzas que me trae.

Todas boas.

Comentarios (1) - Categoría: Sala de música - Publicado o 10-05-2011 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Lou Reed: Romeo Had Juliette
Semnpre adorei a Lou Reed.

Sempre.

E nunca sabería que canción súa escoller para dicir que é a miña favorita.

Quizais empezou a gustarme na adolescencia naquelas tardes en que cambiariamos o mundo de cabo a rabo...

Naquelas tardes de fume e música...

Gústame tanto que teño a Intro de Rock'n'Roll Animal como melodía do móbil e soa cada vez que alguén me chama.

Déixovos con este Lou Reed xa entrado en anos pero completamente fiel ás orixes: Romeo Had Juliette.

Comentarios (0) - Categoría: Sala de música - Publicado o 10-05-2011 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
De Xurxo Borrazás: A lingua preferida
Unha vez máis o meu amigo Xurxo Borrazás volveu sorprenderme.

Achégovos o manifesto que leu na Festa da Lingua, que tivo lugar en Carballo o pasado sete de maio.

Non queremos unha lingua excelsa, preferímola vulgar. Tampouco a queremos celebrada, preferímola falada. Non a queremos amábel, preferímola impertinente. Non queremos unha lingua fermosa, preferímola útil.
Non queremos unha lingua de escritores, preferímola de mecánicos, de taberneiros, tendeiros, médicos, xuíces e mariscadoras, de xornalistas, de músicos, de albaneis, de travestís, de futbolistas, taxistas e labradores. Non queremos unha lingua de mestres, querémola de estudantes. Non queremos unha lingua baixo os focos, preferímola transparente. Non queremos unha lingua con historia, preferímola con futuro. Non queremos unha lingua ritual, nin virtual nin ideal, preferímola real. Non queremos unha lingua doce, azucrada, na que todo soe ben, preferímola salgada. Non queremos unha lingua de letras, preferímola de ciencias. Non queremos unha lingua de espíritos, preferímola de corpos. Non queremos unha lingua de erotismo, preferímola de sexo. Non queremos unha lingua de xardín francés, preferímola de bosque. Non queremos unha lingua folk, preferímola punk. Non queremos unha lingua limpa, preferímola sucia, chapuzando en todas as pozas. Non queremos unha lingua doméstica, preferímola fóra. A ver esa lingua! Non queremos unha lingua sentada, preferímola a bailar. Non queremos unha lingua de pau, preferímola eléctrica. Non queremos media lingua, preferímola enteira. Non queremos unha lingua nosa, querémola de todos. Non a queremos de confidencias, preferímola de aturuxos. Non a queremos de domingo, preferímola de diario. Non a queremos recibir, querémola dar. Non a queremos discreta e virtuosa, querémola de troula. Non a queremos nos libros, querémola nos contratos. Non queremos lingua de natureza, querémola de fábrica. Non queremos diplomas, aspiramos ao podio. Non queremos cans, queremos vacas. Queremos unha lingua escaladora, ciclista, surfista, fogueteira, moinante, zulú. Non a queremos santa, querémola voraz. Non a queremos excepción, querémola norma. E tampouco a queremos norma, mellor infracción. Querémola feiranta. Non a queremos conmemoración, querémola festa. Ou rutina. Non a queremos grande, querémola nosa. Non a queremos nai, querémola amiga. E senón inimiga, pero sempre enfronte, a escape libre. Querémola en inglés e querémola en verde. Querémola na boca dos nosos adversarios. Querémola deslinguada, montaña rusa. Querémola en google e en yahoo. Queremos lingua Messi, lingua Pelé. Non queremos unha lingua quieta, querémola en marcha e de man en man, coma se nada. Queremos unha lingua a almorzar de hotel, buffet libre, relax total. Queremos mil primaveras máis, mil vendimas logradas, mil nevaradas brancas e mil veráns na area ao sol. Querémola en marcha e non a queremos nada. Preferímola toda.
Comentarios (0) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 10-05-2011 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
De Robert Frost: Lume e xeo
Como acabrá o mundo?

Será por lume?

Será por xeo?

Some say the world will end in fire,
Some say in ice.
From what I've tasted of desire
I hold with those who favor fire.
But if it had to perish twice,
I think I know enough of hate
To say that for destruction ice
Is also great
And would suffice.


(Algúns din que mundo acabará con lume;
outros din que con xeo.
Polo que eu sei do desexo,
dou a razón aos que falan de lume.
Mais se o mundo tivese que sucumbir dúas veces,
penso que sei bastante sobre o odio
para afirmar que para a destrución o xeo
e tamén moi grande,
e bastaría.
)

De Robert Frost (1874-1963)

Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 09-05-2011 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Os animais non son pallasos
Vaia unha indecencia manter un animal na gaiola dun circo para entretemento do público que asiste ás funcións.

Eu cheguei a ver un hipopótamo pequeniño que vivía nun estanque de auga do tamaño de dúas bañeiras dentro dun carromato...

E unha carpa chea de elefantes amarrados ao chan por cadeas présas ás patas...

E leóns e tigres que esmorecían no interior dun remolque no que só podían dar apenas dous pasiños cando querían camiñar...

E un longo pesadelo de animais apreixados simpolemente polo pracer das risas do público.

Non.

Os animais non son os nosos pallasos!

(A fotografía, pertencente á campaña publicitaria Animals Are Not Clowns fíxoma chegar A nena do paraugas. Moitas grazas!)
Comentarios (5) - Categoría: Querida publicidade - Publicado o 07-05-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xerónimo, o xefe dos Apaches
Xerónimo, o nome que os Estados Unidos puxeron á operación para matar a Bin Laden, era un xefe guerreiro apache, o derradeiro gran xefe da tribo dos apaches chiricahuas.

E foi tamén un dos máis decididos opositores ao dominio dos brancos.

No ano 1874 asumiu o mando da tribo deportada á reserva de Fort Sill, Arizona.

A partires de 1880, morto o xefe Victorio, púxose á fronte dun grupo de guerreiros e comezou o ataque ás forzas do xeneral George F. Crook para evitar a cesión do seu territorio.

En 1884 foi apreixado, pero escapou e continuou a súa encarnizada resistencia ao longo de dous anos.

Unha vez que quedou sen recursos, decidiu entregarse voluntariamente ao xeneral Miles, coa condición de ser reintegrado a Arizona.

Pero foi considerado coma un criminal e condenado a varios años de traballos forzados.

Cando conseguiu a liberdade en 1894 instalouse en Oklahoma coa súa familia e dedicouse a traballar no campo e a vender fotografías súas en exposicións.

Converteuse ao cristianismo no ano 1903 e ditou a súa autobiografía pouco antes de morrer.

Por que demo as autoridades americanas cometeron a inxustiza de poñerlle o seu nome á caza e captura de Bin Laden?

Comentarios (2) - Categoría: Persoeiros singulares - Publicado o 05-05-2011 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Mouseland
Tommy Douglas foi o encarfgado de difundir no mundo Mouseland, unha fábula política que moi ben serve para explicar os porqués da actividade política máis recente (e non moi diferente do pasado) neste país noso (e noutros moitos lugares do mundo tamén).

Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 04-05-2011 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0