Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos que non estaban en Santiago na manifestación
No día de onte, dezasete de maio, mentrs unha boa cantidade de persoas estabamos a nos manifestar en Santiago a prol da lingua, os dirixentes do PSOE, Manuel Vázquez, e do PP, Alberto Núñez Feijoo, estaban a pór coroas de flores en Santiago e Láncara, Lugo, respectivamente.

Así non se constrúe un país. Así o que se constrúe é un tanatorio!

Por certo, que produce arrepío ver que tampoco estaban a manifestarse o presidente da Real Academia Galega,(que compartía con Feijoo o acto institucional de Láncara), o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que tamén estaba con eles, man a man con Pilar Rojo, presidenta do Parlamento. Hai que controlar as compañas e ter unha pouca de dignidade!

Para colmo, as declaracións de Feijoo: "a cordialidade do galego está por riba de calquera sigla".

Como se pode ser tan hipócrita?

Por certo, que vaia un bo grolo de agarimo para Ramón Piñeiro!
Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 18-05-2009 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Da manifestación de Santiago
Chovía, ás veces a caldeiros. Pero aínda así eramos moitos. A praza da Quintana encheuse dúas veces. Unha ledicia ver que a xente quere moverse e non está disposta a desandar os poucos pasos avanzados.

Hai trinta anos manifestábame cos meus compañeiros de Instituto polas rúas de Ferrol baixo o lema de Idioma Galego Idioma Oficial.

Hoxe, convocado pola Mesa manifesteime polas rúas de Santiago.

Cantos anos e cantas manifestacións faltarán para conseguir polo menos a metade do que reivindicamos?

Pola lingua!
Polo que somos!
Por nós!
Nin un paso atrás!
Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-05-2009 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
A Faes e Galicia Bilingüe
Logo de ler a nova que publica hoxe o Xornal de Galicia queda xa despexada calquera posíbel dúbida sobre a relación entre Galicia Bilingüe e a estrema dereita española.

O peor de todo é que son quen están a gobernarnos!

Que non falte ninguén á manifestación do domingo en Santiago!

Nin un paso atrás!
Comentarios (5) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 15-05-2009 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Aidan Gibbons: The piano
Achégovos un corto marabilloso do ano 2005 do animador británico Aidan Gibbons, que traballa para a axencia The Mill.

Gozade del porque é realmente unha alfaia!

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 14-05-2009 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
O camarote dos irmáns Marx
Falaba onte de bailes.
Hoxe a cousa vai de camarotes.
Todo relacionado co meu relato en construción e as miñas perchas a viaxar nun cruceiro onde hai precisaente bailes e camarotes. Como non?

Achego unha escena de cinema realmente antolóxica!
Nada como o camarote dos irmáns Marx na película Unha noite na ópera.

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 12-05-2009 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
O baile de Pulp Fiction
Falabamos estes días de perchas e de bailes e veume á cabeza este que vos achego, da película Pulp Fiction, que é de antoloxía, tanto pola musica como pola coreografía. Canta xente non imita eses pasos cando baila? Cantos non fan eses movementos coas mans e os dedos diante dos ollos?

Brillante o baile de John Travolta e Uma Thurman.

Un grolo por eles!

Comentarios (1) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 11-05-2009 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chavela Vargas: Las ciudades
Te vi llegar y sentí la presencia de un ser desconocido.
Te vi llegar y sentí lo que nunca jamás había sentido.
Te quise amar y tu amor no era fuego, no era lumbre.
Las distancias apartan las ciudades...
Las ciudades destruyen las costumbres...


Chavela Vargas despedíuse dos escenarios aos noventa anos.

Achégovos a miña canción favorita: Las ciudades.

Estuve a punto de cambiar tu mundo,
de cambiar tu mundo
por el mundo mío.


Veña un grolo por Chavela!



Comentarios (6) - Categoría: Sala de música - Publicado o 10-05-2009 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
O Platanomístico
Acabo de rematar un Obradoiro de Creación Lireraria organizado pola AELG co alumnado de 6º de primaria no CEIP "Alexandre Bóveda" de Chapela, Redondela.

De máis está dicir que o pasei verdadeiramente ben porque os rapaces son esponxas peparadas para enchouparse de novidades e coñecemento.

Foron grandiosas as súas creacións tanto en poesía como en narrativa.

Non sen antes dar as grazas á súa mestra LAURA GOLDAR, quérovos achegar un miniconto escrito por Diego Lago para que vexades o gran poder da imaxinación infantil.

Titúlase O PLATANOMÍSTICO:

Había unha vez un plátano que lle dixo un día a un dragón.
- Mátame. Son pobre. Teño trinta irmáns e morréronme vinte e tres. E todos viviamos nunha mesma palmeira. Todos os días teño que estar de loito. Aínda que teña fillos que alimentar debo morrer.
Entón o dragón dixo:
- Anda, pero se é un plátano que fala.
E comeuno.
E colorín colorado o dragón segue esfameado.


Grandioso. Non si?
Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 09-05-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
The Clash: Spanish Bombs
Outra suxestión aparecida no blog:

Un vídeo con imaxes da Guerra Civil española e banda sonora de The Clash (Spanish Bombs),
outra canción chea de recordos de hai anos, todos eles moi gratos.

Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 03-05-2009 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
The Clash: Washington Bullets
Onde acaban (e acabaron sempre) os disparos das balas norteamericanas?

No pasado Cumio das Américas Hugo Chávez agasallou a Barack Obama co libro "Las venas abietas de América Latina" de Eduardo Galeano e iso suscitou toda unha ondada de críticas na prensa norteamericana: o libro é unha verdadeira subversión! dixeron a gritos.

Cal é o verdadeiro papel dos Estados Unidos na descomposición e na podredume que asolaga América latina?

Escoitade a canción de The Clash que Eva Lozano propuxo nun comentario no blog.

Quen estaba detrás da morte de Allende?
Quen detrás da Contra nicaraguana?
Quen detrás do desembarco en Baía Cochinos?
Quen está a rachar o Iraq polos catro costados?

As balas de Washington!

Son demasiadas as cousas que Obama vai ter que limpar se realmente ten intención de facelo!

As every cell in Chile will tell
The cries of the tortured men
Remember Allende, and the days before,
Before the army came
Please remember Victor Jara,
In the Santiago Stadium,
Es verdad - those Washington Bullets again

And in the Bay of Pigs in 1961,
Havana fought the playboy in the Cuban sun,
For Castro is a colour,
Is a redder than red,
Those Washington bullets want Castro dead
For Castro is the colour...
...That will earn you a spray of lead

Sandinista!



Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 03-05-2009 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0