Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

William Butler Yeats: To the Rose Upon the Rood of Time
Sempre me gustou este poema de William Butler Yeats.

Tanto que utlilicei o seu comezo como cita ao comezo do meu Libro das alquimias.

E tamén o puxen en boca do vello protagonista para falar do seu amor por Hypatia de Alexandría.

Red Rose, proud Rose, sad Rose of all my days!
Come near me, while I sing the ancient ways...


Achégovos unha tradución de parte do poema feita por min:

Rosa vermella, Rosa orgullosa, Rosa triste dos meus días,
achégate a min mentres canto á maneira antiga.
Achégate para que, non cegado xa polo destino humano,
atope, baixo a ramallada do amor e do odio,
nos parvos e pobres seres que viven un día,
o deambular da beleza eterna.
Achégate, achégate, achégate -¡ah, déixame si
un pequeno espazo para enchelo co alento da rosa!
No vaia ser que deixe de oir as cousas comúns que senten arelas;
o débil verme a agacharse no seu furadiño,
o rato a correr á miña beira polo campo,
e as pesadas esperanzas mortais que traballan e pasan,
(...)
E aprender a cantar unha lingua que os hombres non coñecen.
Achégate; eu cantarei, antes de que me chegue a hora de partir,
(...)
Rosa vermella, Rosa orgullosa, triste Rosa de todos os meus días.
Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 08-04-2011 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Das conversas agachadas nas pedras
Estas tardes calorosas de comezos de primavera dan pé a descubrir lugares que semellan sacados sunha vella historia desas que chegan a nós de boca en boca...

Esta ponte de pedra sobre o río Almofrei no Concello de Cotabade é coma unha desas historias.

Cantas xeracións non terán pasado por riba dela!

Dende cando sodes ponte, pedras queridas, camiño sobre o río que nunca cesa, hora tras hora, día tras día, ano tras ano, século tras século...

Camiño de traballo e de muíño es calada testemuña de moitas conversas.

Quen puidera oír as palabras todas agachadas na cerna das pedras, cubertas polo tempo e pola hedra!

O único son é o río teimudo en se mover, en avanzar pese canto pese.

O río que lava as palabras...

O río que molla as conversas...

Quen puidera descifralas...

Quen puifdera...
Comentarios (5) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 07-04-2011 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Da visibilidade da literatura de nós
No blog Criticalia do crítico Armando Requeixo veño de colgar dúas reflexións acerca da visibilidade da literatura galega, canso como estou da absoluta falla de promoción.

1º) Somos un sistema literario ben estraño e con moi poucos lectores (a nosa literatura as máis das veces nace e morre aquí sen posibilidades de exportación) e hai unha morea de escritores moi bos que non teñen repercusión ningunha en parte polo ocultamento mediático ao que todos nós estamos sometidos e en parte porque hai moitos condicionamentos extraliterarios para a nosa visibilidade: amizades, por exemplo (e tanto mellor se as tes nun xornal).
Parece que sexa necesario estar no lugar e no momento axeitados para poder conseguir algo independentemente de como sexan a túa escrita e a súa calidade literaria (se a ten).
Hai moitos exemplos moi coñecidos por todos.
Non me parece propio dun sistema literario maduro.
Para nada.

2º)A promoción das obras literarias nesta Terra nosa é algo artesanal que ten que facer o propio autor. Non hai colaboración ningunha por parte de ninguén, nin sequera de certos editores que aínda seguen a pensar que a única promoción é o boca aboca. Así nos loce o pelo!
Farto de dicir que a difusión dunha obra é un asunto de marketing e publiciade que corresponde ao editor, que rexenta unha empresa privada, e non só ao autor e as súas amizades.
Non quero nin pensar o que pode acontecer se un autor non vive aquí!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 06-04-2011 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Un labirinto para me perder
Hoxe pola tarde levei a grata sorpresa de atopar o labirinto no que con moito gusto me perdería.

A luz mesmo tiña serias dificultades para penetrar entre as agullas dos piñeiros.

Nunha tarde de sol pletórico que traía unha boa nova de calor o meu labirinto agachaba no seu interior unha humidade que portaba arrecendos case imposíbeis.

Fiquei abraiado antes de comezar a miña furtiva incursión entre os troncos das árbores que parecían transmitir unha mensaxe de quietude que de ningún xeito quería rachar.

Entón escoitei o ruido dos meus pasos a triscar milleiros de agullas resecas que pintaban o chan con moitas tonalidades de castaño.

Pechei os ollos.

Ao lonxe o chío dunha gaivota...

Entón o ladrido dun can...

Case puiden chegar aescoitar os latexos do corazón das árbores!

O labirinto estaba tan vivo coma eu mesmno alí parado na súa cerna máis segreda.

Non tiven máis remedio que gardalo no lugar onde se atopan as miñas sensacións favoritas.



Comentarios (6) - Categoría: Fotos feitas co móbil - Publicado o 05-04-2011 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
As partes da flor
Quizais pola calor e a luz do día...

Quizais polo intenso arrecendo de xasmín que se respiraba ao mediodía no xardín da miña casa...

hoxe veume á cabeza a imaxe dunha das miñas primeiras mestras cando au debía de ter como cinco anos e estaba aínda no que hoxendía é a educación infantil.

Chamábase Tere (Señorita Tere).

Un día pintou no encerado unha flor enorme con moitas cores para nos explicar cales eran as súas partes.

Xa sabedes, aquilo de pistilo, corola, cáliz, pétalos, sépalos e todo iso tan difícil para a mente dun meniño pequeno como eu era daquela.

Imaxinade a capacidade daquela Señorita Tere para entrar na mente dos nenos que nunca se me borrou da cabeza a imaxe daquela flor.

Explicou tan ben aquilo dos insectos a entrar nas flores atraídos polo seu aroma...

que sempre desexei ser un deses insectos!

Quixera dende aquí facer unha homenaxe a todos e eses mestres e a todas esas mestras que igual que a miña querida Señorita Tere son capaces de entrar con forza e con moitos agarimo nas mentes dos seus alumnos.

Grazas, Señorita Tere.

E grazas, flores polos vosos aromas!
Comentarios (5) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 03-04-2011 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Janis Joplin: Cry Baby
A voz de Janis Joplin a repiquetear hoxe na miña cabeza inevitabelmente.

Cry-y-y ... ha ha ha ha ... baby, cry baby, cry baby,
Welcome back home.

I know she told you,
I know she told you that she loved you
Much more than I do,
But I know she left you,
And you swear that you just don't know why,
Well, you know that I'll always be round
If you ever want me
Come on and cry, cry baby, cry baby, cry baby, yeah,
Oh, like you always seem to do.


(...)

e cando andabas polo mundo, meu,
Dicías que tentabas atopar o remate do camiño,
(...)
Podes ir por todo o mundo
Tentando atopar algo que facer coa túa vida, meu...


Un grolo por Janis!


Comentarios (2) - Categoría: Sala de música - Publicado o 02-04-2011 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0