Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos indios de Brasil
Hoxe é o Día do Indio no Brasil.

A fotografía enviouma Solange, visitante diaria deste Tiñádelo que ver, e está feita por ela.

Vaia unha imaxe fermosa a desas catro persoas a falar tranquilamente á beira do mar na praia de Bertioga, xusto á beira dese mar polo que chegaron os invasores para expoliar as súas terras!

A terra pertencía (pertence) ao indio, do mesmo xeito que lle pertencían (pertencen) as súas palabras, os seus bailes, a súa música, os seus costumes arrebatados pola man sen escrúpulos do colonizador.

Que ficou de todo iso?

En calquera recuncho do mundo a colonización deixou fondas e indestructíbeis pegadas da usura europea que nunca imos ser quen de poder recompensar.

A deforestación da Amazonia avanza a pasos de xigante e en cada avance hai unha vila, hai dúas vilas, hai tres vilas... de indios que perden todo canto posúen a medida que as taladoras de árbores entran na selva coma modernas predadoras.

Que se pode facer para parar esta vergoña?
Comentarios (8) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 19-04-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival contra o Decretazo
A cidade de Pontevedra acolle hoxe pola noite un Festival Musical contra o Decretazo organizado pola Plataforma Queremos Galego, que vai ser, non teño dúbida, un verdadeiro éxito de público.

Actuarán Zurrumalla, Fia Na Roca, Fuxan Os Ventos, Espido, Garcia Mc, RuxeRuxe, Uxia, Berrogüetto, Luar Na Lubre, A Quenlla, Os Carunchos, Os 3 Trebóns e Lamatumbá.

Un cartel de primeira para unha loita de primeira.

Será ás 20:30 no Recinto Feiral de Pontevedra.

Vémonos no Festival!


Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-04-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Do bispo que xustifica os abusos sexuais
As palabras deste bispo mexicano, un tal Monseñor Arizmendi, nas que responsabiliza os medios e o sistema educativo dos abusos contra menores descalifícanse por si soas:



Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 16-04-2010 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Dos novos datos acerca do idioma
Poden estar satisfeitos os detractores da lingua de nós.

Son pesimistas os datos acerca dos usos do idioma que no día de onte fixo públicos o Instituto Galergo de Estatística e que podedes consultar aquí.

A xeito de resumo achégovos algúns dos datos que o estudo contén:

- A porcentaxe de persoas co galego como idioma único baixou do 61 ao 56 por cento nos últimos cinco anos.

- Nese mesmo periodo a porcentaxe de nenos co castelán como idioma habitual pasou do 60 ao 65 por cento.

- En vilas por riba dos cincuenta mil habitantes a porcentaxe de poboación que usa o galego de xeito habitual baixou do 34 ao 32 por cento.

A cousa non pode ir peor!
Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 16-04-2010 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
De Cecília Meireles
O arrecendo de primavera chéganos da man de Cecília Meireles dende o Brasil.

Do seu texto Primavera, quédome con este parágrafo:

"Algum dia, talvez, nada mais vai ser assim. Algum dia, talvez, os homens terão a primavera que desejarem, no momento que quiserem, independentes deste ritmo, desta ordem, deste movimento do céu. E os pássaros serão outros, com outros cantos e outros hábitos, ? e os ouvidos que por acaso os ouvirem não terão nada mais com tudo aquilo que, outrora se entendeu e amou."

Non será marabilloso ese momento?
Comentarios (9) - Categoría: De literatura - Publicado o 14-04-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Manu Chao: La primavera
Falabamos estes días desta primavera recén comezada con tanto esplendor, tantas flores, e esas cousas...

Que non nos poidan engañar con ela!

Non o permitamos!

Canta Manu Chao:

¿Que hora son en Gibraltar?
¿Que hora son allá en Fisterra?
¿Que hora son hey ByebyeBom?
¿Que hora son la vida entera?
...
¿Que hora son mi corazón?


Que hora será nestes corazóns nosos enchoupadsos de primavera?

Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 14-04-2010 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
As humanas proporcións en Marín
Onte tiven o pracer de poder compartir a xuntanza da tertulia que cada mes se reúne en torno a un libro na Librería de Marín.

E puiden facelo porque o libro escollido para esta ocasión foi o meu As humanas proporcións, acerca do cal os integrantes da tertulia puideron formularme todas cantas preguntas desexaron.

Un verdadeiro pracer poder comentar as súas opinións.

Veña un grolo por eles todos e pola Librería de Marín!

E outro grolo por Marta Díaz Marcos, a súa propietaria, pola valentía que supón manter aberta unha librería nos tempos que corren.
Comentarios (7) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 13-04-2010 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Pina Bausch: A consagración da primavera
Chegou por fin con forza a primavera e, tal como canta Silvio Rodríguez "Mi casa ha sido tomada por las flores":

Mi casa ha sido tomada por las flores.
Traigan copas, traigan vasos
al derrame de colores.
Mi casa ha sido tomada por las flores.
Vengan almas y retazos:
voy a repartir canciones
.

Hoxe por fin sentei a escribir debaixo dun gran parasol que estaba agachado nun recuncho do inverno.

Achégovos este video do Tanztheater Wuppertal cunha coreografía, como non, de Pina Bausch para a obra de Stravinsky para que poidamos por fin "consagrar" a primavera e comecemos a gozar de todo canto de novo poida ofrecernos.




Comentarios (5) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 11-04-2010 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Do Premio Blanco Amor 2010
Xunto de Teresa Bermúdez, Mª Xesús Nogueira, Carlos Figueiras e Bieito Iglesias, tiven a honra de ser membro do xurado na XVIII edición do premio de novela longa Blanco Amor convocado este ano polo Concello de Poio.

Na xuntanza que mantivemos hoxe pola mañá acordamos concederlle o premio á novela O imposible de desatar, escrita dende unha óptica vangardista, por supor unha aposta innovadora e arriscada para reflectir as sombras existentes nas relacions humanas.

Unha vez aberta a plica o autor resultou ser Iván García Campos, un coruñés sen obra coñecida polo momento.

Vaia a miña máis grande noraboa para o premiado!

Comentarios (3) - Categoría: De literatura - Publicado o 10-04-2010 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Sex Pistols: God Save the Queen

Nada ficaba xa, supoño, sempre pasa o mesmo, daquel mozo rebelde que foi manager dos Sex Pistols e impulsor do movemnto punk.

Con sesenta e catro anos e bastante forrado de dólares onte morreu Malcolm MacLaren na cidade de Nova York.

Fora súa a idea daquel memorábel concerto no ano 1977 fronte ao parlamento británico que se chamou God Save the Queen e coincidiu co xubileo da raíña de Inglaterra.

Veña un grolo pola rebeldía!

Comentarios (6) - Categoría: Sala de música - Publicado o 09-04-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0