Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

The Cranberries: Zombie
Hoxe veume á cabeza esta canción de The Cranberries que fala de Irlanda do Norte.

Trátase dun tema acerca do Alzamento de Pascua, Éirí Amach na Cásca, de 1916, no que se proclamou a independencia da actual República.

O video clip de Zombie editouse en 1994, e nel Dolores O'Riordan, a solista da banda, está cuberta de ouro e rodeada de nenos; a súa posición está inspirada no martirio de San Sebastián.

Tamén aparecen imaxes de soldados británicos en Irlanda do Norte a patrullaren polas rúas.

With their tanks and their bombs,
And their bombs and their guns.
In your head, in your head, they are crying..
.


Comentarios (4) - Categoría: Sala de música - Publicado o 02-03-2011 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Do peche de Flocos

Esta maldita Xunta de Galicia que nos tocou en gracia vén de ordear o peche de FLOCOS TV, videoclube galego gratuíto e único repositorio de traballos audiovisuais galegos.

Os xornais de galicia non dixeron nada da noticia.

Só falou dela o xornal Público de Madrid.

(Lede a nova aquí)

O punto forte da dereita neste país noso é a desinformación total da poboación!
Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 01-03-2011 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Da honrosa renuncia de Siniestro Total
Siniestro Total anuncia na súa web que renuncia á nominación a mellor canción en galego pola Academia da Música, da que os integrantes do grupo se senten moi orgullosos, porque considera que é inxusto nominar para ese premio a un grupo que habitualmente non canta en galego e só inclúe unha canción na nosa lingua en cada un dos seus discos.

"Non consideramos que sexa xusto que nos outorguen o devandito premio. O feito de que só un tema en galego poida ser nomeado aos Premios da Música, entendemos que implica que aqueles grupos que apostan totalmente pola nosa lingua propia, sexan merecedores de tal premio e nós non o somos."

Podedes ler aquí o comunicado do grupo.

Veña un grolo pola honestidade de Siniestro Total!



Comentarios (3) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 01-03-2011 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0