Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

En son de paz

Chegou ao meu correo esta imaxe que vos achego e que fala por si soa acerca das últimas noticias do mundo.

Sigo a dicir que o de Libia dá medo aínda que digan que vai durar pouco tempo.

Non sei se crelo.
Comentarios (7) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 21-03-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Da dor que produce a guerra
Que queredes que vos diga?

Non aturo a dor que produce a guerra.

Tampouco aturo a Gadafi, coido que xa o dixen con anterioridade. Quizais aínda menos me gusta o seu fillo. Non os aturo nin con medicamentos contra a acidez estomacal.

Pero me dá medo esta intervención militar comandada, coma sempre, polo Pentágono.

Non me gusta nada o que está a acontecer en Libia.

Nadiña de nada.



Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 21-03-2011 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Madeleine Peyroux: Instead
Mañá comeza a primavera.

Por que non recibila cun estado de ánimo acorde co bo tempo que sempre a acompaña?

Esta reflexión mínima levoume a lembrar esta canción de Madeleine Peyroux que vos achego, Instead (En troques) porque a letra di:

Instead of feeling bad
Be glad you got somewhere to go
Instead of feeling sad
Be happy you're not all alone
Instead of feeling low
Get high on everything you love
Instead of wastin' time
Feel good 'bout what you are dreaming of...


En troques de te sentir mal
alégrate de teres un lugar a onde ir
En troques de te sentir triste
Alégrate de non estares só
En troques de te sentir baixo
Alégrate por todo canto amas
En troques de perderes o tempo
Síntete ben por todo canto soñas...


Que teñades unha moi feliz primavera!

Comentarios (4) - Categoría: Sala de música - Publicado o 20-03-2011 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición online de fotografías

Non sen un gran orgullo pola miña parte convídovos a visitardes a exposición virtual de fotografías de Madrid feitas polo meu fillo Raúl e recomendada por Viviendo Madrid no seu último boletín.

Gozade delas.
Comentarios (4) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 18-03-2011 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
A cinta de correr da Súa Maxestade
Nunha sociedade de catro millóns e pico de parados, con familias que van comer a comedores de Cáritas, con Expedientes de Regulación de Emprego por todas partes, con despidos e desesperadas situacións económicas, con bancos que quedan con fogares porque hai familias que non poden pagar as hipotecas, con recortes sociais de todo tipo...

Patrimonio Nacional de España vén de comprar para o Rei de España unha cinta de correr (a da fotografía) que custou máis de 14.000?, (exactamente 14.065,26) segundo denunciou o grupo parlamentar de Iniciativa per Catalunya no Congreso dos Deputados.

Seica a Súa Maxestade non podía afrontar o gasto cos cartos que o propio Estado lle dá?

Unha inmoralidade!
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 17-03-2011 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
De Jacques-Louis David: A morte de Sócrates

No ano 1787 Jacques-Louis David (París, 1748-Bruxelas, 1825) reflectiu neste cadro, que está no Metropolitan Museum of Art de Nova York, a súa visión da morte de Sócrates, condenado a morrer bebendo cicuta por terse manifestado en contra da crenza nos deuses ancestrais dos atenienses e por "corromper a mocidade".

Critón é o discípulo que pon a súa man na perna do mestre coma xe quixese facelo desistir.

Á esquerda aparece Platón, sentado e abatido.

Un carceleiro dálle a copa de cicuta cun aceno de tristura ou vergoña.

O propio Sócrates, que se ergue con xesto decidido está disposto a tomar o veleno tras pronunciar un discurso sobre a inmortalidade da alma.
Comentarios (5) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 16-03-2011 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
De Sócrates
Non deixou ningunha obra escrita pero sabemos todo canto pensaba e dicía.

Sócrates (470?399 a.C.)

Morreu envelenado con cicuta logo de ser xulgado por non recoñecer os deuses de Atenas e "corromper a mocidade".

Chegou onda nós a súa pegada da man de todos cantos tiveron o inmenso pracer de compartir conversas con el, gran mestre de mestres.

Polos seus amigos, polos seus discípulos, sabemos da súa fina ironía (o gran heroe da retranca).

Que grande un home que co seu saber atraeu ao seu redor a personaxes como Platón, Euclides, Fedón, Antístenes ou Arístipo!

Que grande Sócrates, que coma moitos outros grandes morreu asasinado polo poder do momento, políticou ou relixioso, que tanto ten.

Que grande!
Comentarios (3) - Categoría: Persoeiros singulares - Publicado o 16-03-2011 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
De Michael Madsen: Into Eternity
Into Eternity é unha película documental de Michael Madsen que fala de Onkalo, un lugar onde se está a construir o cemiterio nuclear que vai acoller os residuos das centrais nucleares finlandesas.

Trátase dunha obra faraónica formada por unha rede de túneis furados na dura rocha até máis de 400 metros de profundidade.

É o primeiro intento para dar unha solución definitiva aos peigosos residuos radioactivos das centrais finlandesas para os vindeiros 100.000 años!

É un monumento funerario ao espellismo nuclear para protexer as futuras xeracións da radioactividade, que non se ve, non se nota ni se cheira, pero que mata tras dunha curta exposición a ela.

O documental está filmado coma se fose unha advertencia para os moradores da zona dentro de cen mil anos.

Como poderemos avisar aos nosos descendentes da presenza deste residuo mortal?

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 15-03-2011 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Nuclear? Non, grazas (2)
Que ninguén nos engane.

As catástrofes están servidas dende o mesmo momento en que se inaugura unha central nuclear.

Cada vez que hai un pequeno problema nunha central saltan todas as alarmas.

Tanto dan os nomes que teñan os lugares, Chernobyl, Fukushima... as solucións nunca parecen dar chegado.

Tanto teñen as orixes das catástrofes, fallo humano, corte eléctrico, tremor de terra, tsunami...

Dende o momento en que se abre unha central nuclear iníciase unha macabra conta atrás.

Convídovos a lerdes o artigo que publica hoxe Rosa Montero no xornal El País, doq ue saliento esta frase: Somos microbios ignorantes a xogarmos con forzas infindamente máis poderosas ca nós.

Unha vez máis temos que dicir NUCLEAR? NON GRAZAS!

Non baixemos a garda!

Comentarios (1) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 15-03-2011 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Do concelleiro bébedo de Santiago
Hoxe a prensa e a radio sorprendéronnnos coa nova de que o concelleiro do PP no Concello de Santiago número tres da lista do mesmo partido para as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio, Ángel Espadas, foi detido pola policía por conducir bébedo.

Estaba tan cheo de alcohol (triplicaba a taxa permitida) que quedou durmido ao volante do seu coche co motor en marcha perante un semáforo vermello até que os axentes o descubriron.

Dáse a circunstancia, segundo o xornal Correo Gallego contou no seu momento, de que este personaxe se infiltrou coa que vai de número dous na devandita lista, Paula Prado, entre os mozos de Santiago que facían "botellón" ao comezo do curso para denunciar "os seus excesos co alcohol"!

Pero como se pode ser tan hipócrita?
Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 14-03-2011 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0