Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Conselleiro de Educación. DIMISIÓN XA!
DIMISIÓN XA DE JESÚS VÁZQUEZ, CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN!

Por hipócrita!

Por mentirán!

Por manipulador!

Por inimigo confeso da lingua e da cultura do país!

Un suxeito desas características non merece o posto que ocupa.

Hoxe hai máis concentracións a favor da lingua de nós, da nosa cultura, da nosa columna vertebral, de nós mesmos, en todas as cidades e vilas grandes de Galicia ás oito da tarde.

Non podemos deixar que saian coa súa.

Non!

QUE DIMITA XA ESE IMPRESENTÁBEL!

E QUE CON EL DIMITA TAMÉN ANXO LORENZO, DIRECTOR XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA, O SEU ARIETE CONTRA O IDIOMA DE NÓS!

QUE O FAGAN XA SE AÍNDA TEÑEN UN MÍNIMO DE VERGOÑA E DE DIGNIDADE!

PERO QUE BEN ESTARIAMOS SEN ELES!


Comentarios (8) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 15-03-2010 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Da morte de Miguel Delibes

Veño de saber da morte de Miguel Delibes.

Fica detrás súa un fermoso ronsel de boa literatura.

Que gozada poder ler Las ratas, Los santos inocentes, Cinco horas con Mario ou El príncipe destronado.

Cantos bos momentos de grata lectura.

Achégovos esta escena da película de Mario Camus Los santos inocentes, onde se pode ver o magnífico retrato que fixo Delibes das inxustizas sociais no campo e na sociedade española.

Vaia un papelón por certo o de Francisco Rabal interpretando a Azarías!

Veña un grolo por Delibes.

Comentarios (8) - Categoría: De literatura - Publicado o 12-03-2010 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Conselleiros disfrazados

Non podo menos que sentir unha fonda vergoña polo xeito que tivo o noso Goberno de conmemorar o Día da Muller Traballadora o pasado luns:

A Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o titular de Economía, Javier Guerra, os dous tipos da fotografía, accederon a se disfrazar en plena Praza do Obradoiro de Santiago.

O Conselleiro púxose unha saia rosa feita de globos e un sombreiro cunha flor na cabeza!

Para "mellor" se identificar cos roles supostamente relacionados coa muller, colleu unha vasoira e unha prancha ?tamén feitas de globos? e púxose a facer que varría e pranchaba!

A Conselleira, pola súa parte, puxo un sombreiro de copa e unha gravata e colleu coas mans un maletín, un martelo y uns alicates feitos con globos!

Para facer o pallaso que non se presentes ás eleccións e vaian traballar nun circo e para topicazos coma os que escenificaron mellor que marchen para a súas casas e nos deixen en paz.

Vaia unha representación retrógrada!

Fixéronme sentir verdadeira vergoña!
Comentarios (7) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 11-03-2010 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Bob Marley: No Woman No Cry
Foi a raíz da entrada que colguei onte no blog, na que falaba de Aung San Suu Kyi e da súa loita pola liberdade do pobo de Myanmar.

Mentres lía os comentarios que deixaron as miñas visitas veume á cabeza esta canción de Bob Marley.

No Woman No cry.

Quédome con esa parte que di:

MY FEET IS MY ONLY CARRIAGE
SO I´VE GOT TO PUSH ON THROUGH


(Os meus pés son o meu único carro
así que teño que botar cara adiante)

O mundo ten que botar cara adiante.

Sempre!

Comentarios (3) - Categoría: Sala de música - Publicado o 10-03-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
De Aung San Suu Kyi
Celebrouse na data de onte o Día da muller traballadora (ou da muller a secas, por que non?) e quero dedicar a miña entrada de hoxe a Aung San Suu Kyi, lider polos dereitos do pobo de Myanmar (a antiga Birmania), que leva xa TRECE LONGOS ANOS en arresto domiciliario segundo denuncia Amnistía Internacional.

Considéroa un magnífico símbolo da loita pola emancipación dos pobos e polo respecto dos dereitos humanos.

Viva Aung San Suu Kyi!

Abaixo a dictadura de Myanmar!



Comentarios (5) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 09-03-2010 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Benvidas valentes magnolias!
Benvidas sexades, miñas valentes magnolias, que enchedes de luz coas vosas cores brillantes ese telón promizo que vos puxo o ceo por riba.

Benvidas sexades, sempre fieis á nosa cita de febreiro, ano tras ano sen fallar.

Benvidas sexades, miñas tenras amigas, que acendedes pequenos luceiros brancos e morados ás portas da casa miña.

Benvidas sexades,
fortes baixo a choiva,
imbatíbeis baixo vento...

Benvidas sexades!
Comentarios (7) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 07-03-2010 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
De touros maltratados e touradas de dereitas
Volven estar de actualidade as touradas pola iniciativa do Parlament de Catalunya de pór sobre a mesa a posibilidade da súa prohibición, cousa que me agradaría de verdade, dito sexa de paso. (Estanse a escoitar nese foro magníficas explicacións por parte de famados persoeiros de por que cómpre acabar coa barbarie das touradas)

Na cidade de Pontevedra hai touros tres ou catro sábados cada verán e non hai cousa que máis me desagrade que ver que tal macabro espectáculo está incluído dentro da programación das festas.

E sabedes que é o peor?

Que é unha "festa" rancia de xente rancia de dereitas para xente rancia de dereitas.

E así o está a demostrar o feito de que a Comunidade de Madrid, aGeneralitat Valenciana e o Goberno da Rexión de Murcia, os tres do Partido Popular, veñan de nomear esta barbarie "Ben de interese Cultural"!

Se iso é cultura que o demo me leve!
Comentarios (8) - Categoría: De animais maltratados - Publicado o 05-03-2010 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Que é iso?
Hai cousas que non precisan comentarios, e unha delas é esta peliculiña grega de Constantin Pilavios que vos achego.

Comentarios (5) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 04-03-2010 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
San Núñez Feijóo e os seus santos conselleiros
Defensor a ultranza do laicismo na sociedade non me parece nada ben que o noso Presidentiño viaxe no séquito do arcebispo de Santiago a Roma para ser recibido en audiencia polo Papa.

Peor aínda me parece peor que, xa de regreso na casa, e en calidade de representante de toda a sociedade, se refira a el como "Santo pai".

Tampouco me parece ben que o Sr. Conselleiro de Incultura (ese que dixo o de que somos unha cultura ensimesmada) diga dar saltos de alegría logo de coñecer que o "Santo Pai" (outro máis) vai visitar Santiago no vindeiro mes de novembro.

Non, señores da Xunta.

Non.

O Opus Dei, o seu club privado, é unha cousa e a sociedade para a que traballan élles outra.

Non se confundan.

Meu pai, por certo, o único que teño e recoñezo, chámase Alfredo e vive en Ferrol.

Visitámonos cada vez que temos ganas de facelo.
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 03-03-2010 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Da Terra
A Terra está moi enfadada!

Ou polo menos iso parece...

Hai moi pouco foi Haití e agora tocoulle a Chile.

Que sensación horríbel debe de ser sentir que vives enriba dunha placa tectónica que un día, sen aviso previo, decide espertar e moverse, decide chocar contra outra e facer que todo treme!

Que medo sentir que estás subido a un carrusel macabro que xira sen que nada poida paralo!

E houbo recentemente inundacións en moitos lugares do planeta, e ondas de frío, e secas eternas, e ventos e furacáns...

A terra debe de estar ben enfadada.

Cando penso en Chile venme sempre á cabeza ese magnífico Canto General de Pablo Neruda que arranca con estes versos:

ANTES de la peluca y la casaca
fueron los ríos, ríos arteriales:
fueron las cordilleras, en cuya onda raída
el cóndor o la nieve parecían inmóviles:
fue la humedad y la espesura, el trueno
sin nombre todavía, las pampas planetarias.

El hombre tierra fue, vasija, párpado
del barro trémulo, forma de la arcilla,
fue cántaro caribe, piedra chibcha,
copa imperial o sílice araucana.
Tierno y sangriento fue, pero en la empuñadura
de su arma de cristal humedecido,
las iniciales de la tierra estaban
escritas.
Nadie pudo
recordarlas después: el viento
las olvidó, el idioma del agua
fue enterrado, las claves se perdieron
o se inundaron de silencio o sangre
.

Vaia o meu agarimo inmenso por todo Chile e polos chilenos!

Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 01-03-2010 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0