Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Blake Edwards: The Party

Nunha escena da película de Blake Edwards The Party (en español El guateque) Peter Sellers, o protagonista, dille nun momento determinado a outro personaxe que "a risa é o único que nos diferencia dos animais"

Abofé que si!

Veña un grolo por todos os bos guións de Blake Edwards que tantas risas provocaron!

Comentarios (7) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 17-12-2010 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Horror en Kosovo
Hoxe pretendía falar de Blake Edwards, que acaba de morrer.

Fareino mañá.

Hoxe quero dedicar este espazo a unha noticia horrorosa que descubrín no xornal e que me deixou horrorizado.

Foi cando a guerra dos Balcáns.

E foi en Kosovo.

Os soldados do UKC, Exército de Liberación de Kosovo, tiñan prisioneiros serbios pechados en granxas e fábricas abandonadas.

Tratábanos ben.

Deixábanos durmir.

Dábanlles moi ben de comer.

E pasado un tempo...

Levábanos a Albania e pegábanlles un tiro na cabeza...

E despois quitábanlles os riles pra vendelos no mercado negro!

Isto é parte dun informe elaborado polo parlamentario suizo do Consello de Europa Dick Marty presentado onte en París para ilustrar o horror da maldita guerra dos Balcáns.

Horror.

Esa é a palabra.
Comentarios (4) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 17-12-2010 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Unha foto n'A Estrada
Aínda que a cámara de fotos era Manolo Forcadela, que foi quen se encargou de disparar ao longo de toda a noite primeiro na cea e despois na longuísima sobremesa, esta foto sacouna algunha outra persoa que agora non podo lembrar, síntoo.

Velaquí un grupo de literatos (sempre me fixo graza esta palabra) nunha escaleira na que nin subimos nin baixamos. Só agardo que non sexa un símbolo de nada.

Bromas fóra ese mencer entre amigos n'A Estrada foi unha ledicia.

De esquerda a dereita: Antón Lopo á miña beira e detrás de nós Forcadela. e detrás de Forcadela Adolfo caamaño, e díante del Carlos Lema e Anxos Sumai, a única muller do grupo. E detras de anxos Antón Riveiro Coello e Xosé Monteagudo.

Pode que fose Chus Pato a autora da foto.

Quizais.

A foto estará de hoxe en diante no álbum do Tiñádelo que ver.



Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 17-12-2010 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Edgar Allan Poe: Annabel Lee e O Corvo
Falabamos onte do Poe narrador, do gran construtor de relatos que sempre deixan unha fonda pegada nos lectores.

Poe, por certo, ten tamén grandes detractores.

Pero hoxe decidín volver falar del polos vosos comentarios acerca de Virginia, a súa esposa morta tan nova sen ler nin unha soa palabra dos escritos de seu home, algo que nunca puiden comprender.

A Virginia, de quen só se conserva este retrato que vos achego, unha acuarela pintada tras da súa morte, dedicoulle Poe, aínda que non o dixese, dúas das súas mellores obras: os poemas "Annabel Lee" e "O corvo".

(A tradución que vos achego de "O corvo" é de Fernando Pessoa.)

Pero o noso amor era máis forte có amor
daqueles que eran maiores ca nós?
de moitos máis sabios ca nós?
e nin os anxos do Paraíso de enriba
nin os demos de debaixo do mar
afastarán xamais a miña alma da alma
da fermosa Annabel Lee.
..

Vaia unha muller esta Virginia que tan fonda pegada deixou no escritor.

Veña un grolo por ela, entón!

Comentarios (4) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 16-12-2010 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Do meu tan admirado Edgar Allan Poe
Veño de ler The Gold Bug, O escarabello de ouro de Edgar Allan Poe, ese relato tan ben construído acerca dun home (William Legrand) que descifra o vello manuscrito do Capitán Kidd grazas a un escarabello que atopa nun paseo pola illa de Sullivan, onde vive.

Que ten Poe que é capaz de levar o lector por onde quere coa súa literatura?

Quen nunca teña lido A caída da Casa Usher, ou A máscara da morte vermella, ou O gato negro, ou o magnífico relato Os crimes da Rúa Morgue, ou Manuscrito atopado nunha botella, ou O pozo e o péndulo, ou Ligeia, ou calquera outro, aínda non sabe o que perde.

O bicentenario de Poe celebrouse o ano pasado (naceu en Boston en 1809) e foi o primeiro escritor norteamericano non pertencente á burguesía (seus pais eran actores).

Quedou orfo cando era moi pequeno e foi adoptado pola familia Allan (de aí o seu apelido primeiro, o segundo era de seu pai natural) aínda que non houbo adopción legal.

O seu paso pola universidade durou paenas un semestree, pois foi expulsado pola súa "mala vida" (débedas de xogo, alcohol...).

O seu primeiro intento de abrir un camiño no mundo da literatura foi da man da poesía pero como non tivo éxito ningún entrou no exército (foi enviado precisamente ao Forte Moultrie da illa de Sullivan, onde se desenvolve o argumento de O escarabello de ouro) pero esta época, coma a universitaria, tamén durou pouco e foi de novo expulsado por "mal comportamento".

E así foi a súa vida, entre fracasos literarios e profesionais.

Mesmo casou cunha curmá súa, Virxinia, que nunca leu nin unha palabra do que Edgar escribiu!

Sempre ralacionado co alcohol e o láudano, a súa vida foi un incesante vaivén e apareceu morto nun calexón de Baltimore sen que nunca chegasen a coñecerse os motivos da súa morte.

Tiña corenta anos!

E deixou unha inmensa obra literaria!

Veña entón un bo grolo por el!
Comentarios (6) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 15-12-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
María Gadu: Shimbalaiê
Valaquí unha canción tan fermosa que non precisa comentarios, soamente a explicación do título que me fixo chegar Solange.

Shimbalaiê é unha palabra africana que significa unión de paz e forzas positivas, un xeito de estar a ben coa natureza.

Por certo, que Maria Gadu é unha das cantoras da última fornada de grandes músicos do Brasil.

Gozade dela:

Shimbalaiê, quando vejo o sol beijando o mar
Shimbalaiê, toda vez que ele vai repousar
Natureza deusa do viver
A beleza pura do nascer
Uma flor brilhando à luz do sol
Pescador entre o mar e o anzol
Pensamento tão livre quanto o céu
Imagino um barco de papel
Indo embora pra não mais voltar
Tendo como guia lemanjá
Shimbalaiê, quando vejo o sol beijando o mar
Shimbalaiê, toda vez que ele vai repousar
Quanto tempo leva pra aprender
Que uma flor tem vida ao nascer
Essa flor brilhando à luz do sol
Pescador entre o mar e o anzol
Shimbalaiê, quando vejo o sol beijando o mar
Shimbalaiê, toda vez que ele vai repousar
Ser capitã desse mundo
Poder rodar sem fronteiras
Viver um ano em segundos
Não achar sonhos besteira
Me encantar com um livro, que fale sobre vaidade
Quando mentir for preciso, poder falar a verdade
Shimbalaiê, quando vejo o sol beijando o mar
Shimbalaiê, toda vez que ele vai repousar


Outra aclaración: Lemanjá é a raiña do mar do candomblé, unha relixión afro-brasileira.

Comentarios (5) - Categoría: Sala de música - Publicado o 14-12-2010 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Da cea do García Barros
Un ano máis a entrega do premio de novela García Barros, que nesta ocasión para o meu querido Antón Lopo (na foto coa portada da súa novela), reuniu un bo número de críticos e escritores arredor dunha cea na fermosa Casa do Palomar da parroquia estradense de Codeseda.

Antón Lopo, Carlos Lema, Xosé Monteagudo, Anxos Sumai, Adolfo Caamaño, Antón Riveiro Coello, Chus Pato, Xerardo AgraFoxo, Iván García Campos, Xosé M. Eyré, Inma Otero, Manuel Forcadela...

Unha noite magnífica chea de conversa. literatura e risas...

Vaia o meu agradecemento para o Concello da Estrada e vaian os meus parabéns para Antón Lopo e para asúa novela Obediencia, que de seguro nos vai facer pasar momentos moi gratos.

Vaña un grolo por el!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 12-12-2010 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
De Pietro Germi: Divorzio all'italiana

Hoxe tiven a oportunidade de volver gozar desta alfaia de Pietro Germi do ano 1961: Divorzio all'italiana

Unha película na que Marcello Mastroianni, un dos meus actores favoritos fai un papel magnífico: Ferdinando Cefalù, un home casado dende hai doce anos cunha muller (con bigote e unha soa cella) á que xa non ama e ao mesmo tempo namorado da súa fermosa curmá Angela.

Na Italia da época (coma tamén en España) o divorcio non existía, de aí o título , pero o grande éxito do filme, cheo de premios e galardóns fixo que o goberno italiano replantexase a situación. Unha desas escasas ocasións nas que a arte move a política!

Divorzio all'italiana é ademais, un retrato magnífico da sociedade siciliana que paga a pena ver.

Déixovos co trailer:


Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 08-12-2010 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Impresionistas na Fundación Mapfre
A Fundación Mapfre ten colgada na rede unha exposición moi boa acerca do impresionismo. (Trátase da guía dunha exposición real aberta ao público na súa sede de Madrid.)

Se queredes facer unha visita a esa exposición virtual podedes facelo dende aquí.

A verdade é que resulta moi grato "viaxar" por todos eses cadros.

Clicade en "planta baixa", "planta alta", movédevos co cursor... Hai cadros co "i" de información. Podedes amplialos?

Un luxo. A visita é case real.

Boa viaxe!
Comentarios (4) - Categoría: Casa Van Gogh - Publicado o 05-12-2010 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Distraxion
Distraxion é un divertimento do ano 2008 feito polo realizador americano Mike Stern.

Pero un divertimento con mensaxe.

Cantas veces voamos da man da música que estamos a escoitar mentres traballamos!

Comentarios (3) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 04-12-2010 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0